Skip to Content

Recomendámosche

Biblioteca creativa

O Día 7 de febreiro de 2023 celébrase o Día da Internet Segura. Co fin de instruir aos menores, e ás súas familias, nas boas prácticas no uso da Internet, publicamos e entregamos este tríptico á comunidade educativa. Esperamos que vos serva de guía.

TRIPTICO INTERNET SEGURO FOR KIDS.

 

A biblioteca comeza a amosarse coma un espazo multidiscplinar para a innovación e a creatividade. Neste curso, ims darlle un pulo importante, ampliando a bilioteca cara o futuro espazo de Polos Creativos.

A biblioteca sae do seu espazo físico e todo o centro comeza a "ser biblioteca".

Pretendemos incorporar á biblioteca escolar espazos e servizos baseados na idea de “aprender facendo”.

Para elo, trasformamos a biblioteca nun "Espazo Maker", no que os usuarios sexan os protagonistas, os responsables de crear, inventar e/ou aprender.

Durante este curso escolar fomos medrando e incorporando novas funcionalidades á nosa bibliioteca. Actualmente contamos cun "espazo maker" no que temos:

  • Xogos de construción LEGO e GEOMAX
  • Rincón de robótica
  • Microscopio electrónico
  • Rincón das TICs con tres equipos a dispor do alumnado.
  • Zona de impresión 3D

No curso 2022-2023, seguimos traballando coa impresora 3D, deseñando de forma libre figuras de diferentes estilos, rematando e redeseñando os carteis das aulas de toda a primaria e outros agasallos do centro. Quedan pendentes os carteis das aulas das especialidades e outras dependencias.

Tamén fixemos uns chaveiros co nome do colexio para agasallar ás visitas, e outras figuras.

Ademais destas actividades coa impresora 3D, se están a realizar moitas actividades STEM no colexio, a través da Biblioteca Creativa.

Premendo aqui podedes ver unha presentación de todo o traballo desenvolvido neste curso 2022-2023.

 

No marco das actividades realizadas no proxecto de Club de Ciencia que se está a desenvolver no colexio, presentamos aquí algunhas das actividades que se levaron a cabo neste ano. Premer AQUI para ver unha reportaxe fotográfica.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut