Skip to Content

Blogue de admin

BIBLIOTECA DO COLEXIO

Curso 2023-2024:

Inauguramos unha nova zona para a biblioteca. desde este curso o corredor entre a zona maker e a biblioteca do centro, tamén se transforma en BIBLIOTECA. Unha zona máis donde charlar, ler, crear, experimentar...

 

Cando chegue o bo tempo, a biblioteca sairá cara ó exterior. BIBLIOPATIO estará con nós todos os recreos para facilitar a lectura dos libros que mais nos gustan. E pronto haberá unha nova sorpresa.

 

Decoramos as portas do colexio cara á PAZ, a SOLIDARIDADE e á IGUALDADE.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

C

 

A meirando parte da información sobre as actividades da biblioteca escolar están no blogue da mesma:

http://bibliolourido.blogspot.com.es/

 

Aquí tedes unha serie de libros que a Editorial ANAYA permite ler de forma gratuíta durante estes días.

Non esquezades a lectura!

Durante o recreo o alumnado que o desexe pode ir á biblioteca a ler, consultar en internet ou ben a recoller un libro para poder levalo á súa casa e lelo con tranquilidade (incluídos os libros dixitais para o alumnado de 5º e 6º).

Polas tarde a biblioteca está aberta de 16,00 h a 17,00 horas, agás os martes, que permanece pechada.

O colexio forma parte do Plan de Melloras de Bibliotecas da Consellería de Educación. A través del, realizaremos unha serie de actuacións na mesma de cara a conseguir máis e mellores lectores no centro.

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Continuamos este curso co proxecto "Biblioteca creativa", a través do cal convertiremos a nosa biblioteca nun centro de experimentación e investigación sobre os robots e sobre a linguaxe de programación.

A biblioteca pasa a converterse nun lugar para pensar, deseñar, facer, construir e aprender xuntos (un makerspace).

Os Escornabots e outros dispositivos simlares, nos axudarán a facer esto realidade.

 

 

Noticias de Secretaría

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024.

Aceso á aplicación Fondo Libros no caso de tramitar a solicitude por vía electrónica.

Enlace para descargar o impreso de solicitude.

Extracto da Orde de axudas:
Primeiro.Beneficiarias
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Segundo.Obxecto
As distintas modalidades de axudas teñen como obxecto apoiar as familias con menos
ingresos para dispoñer dos libros de texto e material escolar

Terceiro.Bases reguladoras
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Cuarto.Importe
Fondo solidario de libros de texto: financiado cunha dotación total de 9.139.557,00 euros para o ano 2023 e de 400.000,00 euros para o ano 2024.
Axudas de libros de texto: financiadas cunha dotación total de 6.261.400,00 euros para o ano 2023 e de 400.000,00 euros para o ano 2024. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Material escolar: financiado cunha dotación total de 9.225.000,00 euros para o ano 2023
e de 400.000,00 euros para o ano 2024.

Quinto.Prazo de presentación de solicitudes
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde noDiario Oficial de Galiciae rematará o día 21 de xuño de 2023. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.

 

 Información sobre a inscripción no comedor escolar no apartado ANPA desta web.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut