Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Secundaria

17 de maio, día das Letras Galegas

Letras Galegas 2019

16/05/2019

Mañá celébrase o Día das Letras Galegas. Na biblioteca de Secundaria organizamos unha selección representativa da boa literatura que existe na nosa lingua.  Por suposto non poden faltar os libros que recollen o traballo etnográfico do homenaxeado este ano, Antonio Fraguas, así como unha biografía deste autor  publicada polo escritor Héctor Cajaraville, quen  hai pouco visitou o noso centro para falar da súa novela A caixiña dos rancores.

Grazas ao alumnado da ESO  que sempre está disposto a colaborar no que lle demandamos. Agora a disfrutar da lectura nestes días de descanso!!

Día do Libro

Día do libro 2019

16/05/2019

Con motivo do Día do Libro, que celebramos o 23 de abril, o grupo de voluntarios da biblioteca estivo a facer unhas enquisas a diferentes membros da comunidade educativa para ver cales eran os seus libros favoritos.

No taboleiro da biblioteca están publicadas as diferentes recomendacións.

Novidades da biblioteca

Abril de 2019

30/04/2019

Na biblioteca escolar tratamos de atender as demandas de usuari@s e a miúdo incorporamos novos fondos, tanto bibliográficos como de material audiovisual.

Podedes ollar os nosos expositores para coñecer as novidades. Esta semana destacamos dúas das películas máis aclamadas da temporada, así como novelas xuvenís solicitadas polo alumnado.

Nova maleta viaxeira

Maleta viaxeiraFai clic para ampliar a foto

24/04/2019

Dentro do programa de Bibliotecas Escolares, a Xunta ofrece a posibilidade de acoller no centro diversas maletas viaxeiras. Recibimos a segunda maleta do curso. Neste caso contén 38 libros agrupados baixo o lema  "por unha biblioteca inclusiva". Este material pode ser útil nas aulas, ou para lectura particular. Estará a disposición da comunidade educativa na biblioteca de Secundaria ata o 13 de maio (para consulta directa ou levar en préstamo).

Falamos dos románticos

22/02/2019

Rematamos o mes de febreiro coa lembranza de Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer, poetas representativos do chamado Post-Romanticismo. Curiosamente, ambos naceron neste mes tan amoroso.

Do luns 25 e ata o xoves 28, o alumnado que o desexe pode pasar pola biblioteca e participar no concurso proposto sobre estas dúas figuras que deixaron versos cheos de amor e desamor.

Títulos con Amor

Sara e Noa

14/02/2019

Noa Romero e Sara Vázquez, alumnas de 2º de ESO que forman parte do grupo de voluntariado da biblioteca, organizaron esta mañá unha pequena exposición de libros en distintos idiomas que conteñen a palabra amor no seu título. Estes exemplares quedan a disposición do público máis romántico.

O mes do Amor

       Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Corazóns

11/02/2019

Febreiro é, por excelencia, o mes do Amor. Dende a biblioteca propoñemos un concurso de Mensaxes Amorosas, dirixido a todo o alumnado. Podes consultar aquí as bases, ou nos carteis que están na entrada do centro. 

Premiados no concurso "Frases da Ciencia"

Frases da Ciencia 2019

11/02/2019

Xa temos gañadores do concurso “Frases da Ciencia”!

  • 1º de ESO: Iara Leal Cendán
  • 3º de ESO: Iván Ferreira Galego
  • 4º de ESO: Noa Filgueira Piñeiro

PARABÉNS!

Voluntariado na biblioteca escolar

Voluntariado 2019Fai clic para ampliar a foto

04/02/2019

Un ano máis, o noso centro está adherido ao proxecto de Voluntariado na biblioteca escolar, que forma parte do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, incluído no plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe).

Nesta convocatoria son 18 os alumn@s que participarán nas tarefas de organización e dinamización da biblioteca.

Hoxe tivemos unha reunión de presentación do grupo e, tras un xantar de convivencia, realizamos unha actividade de formación para que coñezan as tarefas que deben asumir no que resta de curso. O seu labor será recoñecido cun diploma oficial de colaborador de biblioteca.

Mitoloxía

Biblioteca mitolóxica

18/01/2019

Neste mes de xaneiro, a Biblioteca de Secundaria quere destacar a súa sección de Mitoloxía. Ofreceremos diversas actividades relacionadas con este tema. A primeira delas terá lugar nos recreos: o alumnado de 1º ESO elaborou, nas clases de Lingua Castelá,  un xogo de naipes de criaturas mitolóxicas: estades invitados a botar unha partida.

A próxima semana engadiremos outra opción de xogo, esta vez on line: no ordenador da biblioteca terás aberta unha páxina de xogos sobre mitoloxía.

Lembramos tamén que continúa aberto o prazo para participar no concurso da Ciencia proposto a finais de novembro. Quen dixo que Ciencia e Mitoloxía eran incompatibles?

Dragón submarino

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido