Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Secundaria

Escritores e lectores

Club de Lectura

Fai clic para ampliar a foto

24/04/2017

O alumnado do Club de Lectura de 3º e 4º ESO reuniuse nesta ocasión para falar da obra Sin noticias de Gurb, do escritor Eduardo Mendoza, que vén de recibir o Premio Cervantes 2016.

Non podía faltar nesta xuntanza un recordo do autor do Quixote, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 abril).

Para rematar esta xornada literaria, recibimos a comunicación de que Noa Filgueira Piñeiro (2º de ESO - A) foi seleccionada entre as finalistas provinciais no Concurso de Relato Curto promovido por Coca Cola e apoiado pola R.A.E. Parabéns!!

Celebrando o 8 de marzo

Día da Muller 2017

Fai clic para ampliar a foto

08/03/2017

No marco da celebración do Día da Muller Traballadora, os estudantes de 4º B da ESO realizaron un mural onde expresan as súas opinións acerca da necesaria igualdade. Parabéns a tod@s os que propuxeron e participaron nesta iniciativa, aínda que non saian na foto. 

E recordar a todo o alumnado que ata o venres poden participar no concurso de "Mulleres de ciencia" intentando conseguir o maior número de cartas de científicas, e así lograr un premio e coñecer moito mellor o traballo de tantas mulleres que ás veces queda oculto.

Premios no Concurso de Declaracións de Amor

Amor 2017

07/03/2017

Este é o alumnado premiado no Concurso de Declaracións de Amor deste ano, e que recibiu os seus premios nun acto celebrado na Biblioteca de Secundaria:

  • Noa Filgueira Piñeiro: primeiro premio na categoría de poesía en castelán.
  • Hely José Puche Fuenmayor: segundo premio na categoría de poesía en castelán.
  • Jennifer Fernández Cuéllar: terceiro premio na categoría de poesía en castelán.
  • Andrea Silva Beceiro: premiada na categoría de carta.
  • Jennifer Corral Calvo, Andrea Silva Beceiro e Zheng Xiang Liu premiados na categoría de mural.

Moitas grazas a todo o alumnado que participou nas actividades, e parabéns ao que resultou premiado!

Club de lectura

Club de lectura

06/03/2017

A biblioteca de Secundaria ten en marcha dous clubs de lectura. Hoxe reuniuse o alumnado de 1º e 2º ESO para intercambiar impresións sobre a novela elixida este mes: Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr. Destacamos o entusiasmo e o xuízo crítico que amosan estes rapaces ante a actividade lectora.

Mensaxes de amor

Cupido 2017

14/02/2017

Un Cupido moi especial e a súa axudante percorreron esta mañá as aulas do Feal, repartindo mensaxes de amor.

En Memoria das Vítimas do Holocausto

Mauthausen

18/01/2017

Desde hoxe, pódese visitar a exposición “Galegos en Mauthausen”, situada no corredor da Biblioteca de Secundaria do noso centro. A mostra está composta por un total de corenta imaxes nas que se fai referencia aos represaliados no campo de Mauthausen. Permanecerán expostas ata finais deste mes: fotografías desa localidade, do campo de concentración, dos represaliados, da escaleira da morte, das fábricas soterradas, e dos represaliados da comarca de Ferrolterra, entre outras.

Esta exposición foi organizada pola nosa profesora de Xeografía e Historia Eva Loureiro, en colaboración co Concello de Narón, con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.

A biblioteca volve ao recreo

A biblioteca sae ao recreo - 2016Fai clic para ampliar a foto

28/10/2016

Vale, xa levamos varios anos facendo unha foto moi parecida da biblioteca saíndo ao recreo, pero a nosa creatividade está en decadencia. A ver se a próxima vez polo menos cambian as mesas de sitio Guiño

Concurso de declaracións de amor 2016

Declaracións de amor 2016

15/03/2016

No recreo do pasado venres, déronse os premios do concurso de declaracións de amor. Os traballos do alumnado premiado levan xa dúas semanas expostos na cortiza da biblioteca de Secundaria. Por categorías, @s premiad@s foron: Sara Díaz e Alba Fachal en prosa en castelán, Gabriel Pardo e Lara Beceiro en debuxo, Alicia Santos e Estefanía López en poesía en galego e Alba Guerrero en poesía en castelán. Moitas grazas a tod@s @s que participastes nesta actividade!

Declaracións de amor 2016

O Gran Reto da Biblioteca de Secundaria

 

Tux - Sherlock Holmes

16/11/2015

Presentamos o terceiro reto deste curso na Biblioteca de Secundaria. Os que estades participando na serie, tedes ata o 25 de novembro para entregar as vosas respostas.

The Hunger Games

Investiga no novo reto

Necesitamos voluntari@s para a Biblioteca de Secundaria

USA

13/10/2015

Colabora na Biblioteca de Secundaria. Só tes que anotarte na lista da mesa do profesor na Biblioteca. E lembra que todas as boas obras teñen a súa recompensa… Guiño

URSS

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido