Saltar navegación.
Inicio

Tecnoloxía

Pirámide marciana

Pirámide marciana

20/09/2012

Os primeiros días deste curso, estivemos falando do robot Curiosity nas clases de Tecnoloxía de 3º e 4º de ESO. Moi poucos alumnos/as coñecían a súa aventura polo planeta Marte. Agora, Curiosity sorpréndenos con esta inquietante imaxe dunha roca de 25 cm de altura e forma piramidal. Será obra do vento?, dunha rotura casual?, dunha cristalización?...

Matijevic

Visita a Galicia Dixital

Galicia Dixital
Fai clic para ver máis fotos

29/04/2010

Hoxe comezaron as visitas do Feal á exposición interactiva "Galicia Dixital" que está acollendo o Pazo da Cultura de Narón. Hai videoxogos, 3D... e tamén un apartado sobre o 25 aniversario da Televisión de Galicia. Ademais das fotos da Galería, subimos un pequeno vídeo feito con móbil dos aspirantes a presentadores de televisión que temos no Feal.

 

Máis información sobre o proxecto Abalar

26/04/2010

O CPI do Feal é un dos centros galegos seleccionados para a 1ª fase do Proxecto Abalar (no vindeiro curso 2010/11). Resumindo, trátase de que en 5º de Primaria e 1º de ESO (de momento) haxa ordenadores portátiles para todo o alumnado nas aulas, ademais doutros medios complementarios e unha ferramenta web para o desenvolvemento do proxecto. Pregamos ao profesorado interesado en participar activamente no proxecto o vindeiro curso que se poña en contacto co equipo directivo. Achegamos dous documentos da Consellería de Educación sobre o tema:

 

Orellas de ferro

Orellas de ferro

Ángel Carrera, 12/04/2010

Este trimestre, na Tecnoloxía de 4º de ESO temos que falar de Telecomunicación ou tal vez de algo máis amplo que habería que chamar "Teletecnoloxía" ("tele" significa "distancia", por exemplo o radar non é comunicación). A prehistoria deste campo está cheo de curiosidades. Probablemente non saibades que antes do radar, algún exército experimentou con dispositivos acústicos que simplemente axudaban a escoitar mellor a aproximación dos avións inimigos. As pintorescas fotos deste artigo son do exército holandés e atópanse no museo Waalsdorp.

Orellas de ferro

O alumnado de 4º de ESO estrea o novo aparcadoiro

 

Ángel Carrera, 09/02/2010

Recoñecemos que foi unha pequena trasnada: os alumnos de 4º A con Tecnoloxía deixaron as primeiras marcas de roda sobre o novo aparcadoiro cunha conducción bastante agresiva. Pero que non se enfade a directora: só foi co pequeno coche teledirixido do departamento de Tecnoloxía e coa intención de preparar o obradoiro de automodelismo que os mesmos alumnos organizarán o venres de Entroido. O vídeo foi gravado improvisadamente por Adrián España co seu móbil, pero supoñemos que o venres xa gravaremos cunha verdadeira cámara de vídeo. O coche aparece sen carcasa porque era unha proba. Tamén hai que dicir que a pesar dos numerosos accidentes e problemas técnicos que leva o coche, está resistindo coma un campeón.

Por outra parte, aproveito para agradecer unha vez máis a colaboración do xa ex-alumno Adrián Teijeiro. Este ano volve a montar un espectacular circuito de Scalextric co seu propio material e deseño no noso taller, para xogar o venres de Entroido. Na foto de adianto, o circuito aínda non está totalmente rematado, pero xa da gusto velo. Grazas Adrián!!

Scalextric 2010

II Xornadas de Novas Tecnoloxías en Narón

NARONLINE

30/10/2009

A próxima fin de semana (entre o 5 e o 7 de novembro), o Concello de Narón organiza a segunda edición da súa "party" informática particular na praza de Galicia. Haberá actividades para todas as idades. Por poñer algún exemplo, o alumnado terá simuladores de voo e as súas nais e pais terán unha charla sobre a seguridade dos menores en Internet. Na web do Concello, tes toda a información necesaria sobre o programa e as inscripcións.

Búscase profesorado para a Aula Virtual do Feal

Bolsa de Moodle

Ángel Carrera, 17/06/2009

Dentro dos servizos que se foron engadindo pouco a pouco á web do Feal, hai que destacar a Aula Virtual (co sistema Moodle), que leva funcionando dende a primavera de 2008 e durante o curso que está rematando xa deixou de ser experimental. Na materia de Informática de 4º de ESO, xa se utilizou en serio: alí están todos os apuntes, alí se recollen os traballos do alumnado coas súas cualificacións e tamén hai espazo para outros complementos como noticias, vídeos, enquisas, wikis ou chats.

O próximo curso 2009/10, o departamento de Tecnoloxía non ten dúbidas en seguir utilizando Moodle, pero hai posibilidades de que se unan: Plástica, Lingua Castelá e Francés. Esperamos que os comentarios que o alumnado fai máis abaixo tamén axuden un pouco ao profesorado indeciso.

Portátiles para tod@s

 

Ángel Carrera, 20/05/2009

A pesar da crise, os políticos anuncian que en breve todos os rapaces e rapazas do Estado de entre 5º de Primaria e 4º de ESO terán un portátil para levar a casa. Ante esta noticia, sentímonos obrigados a recuperar o vídeo brasileiro que publicamos hai uns meses neste espazo. Por certo, ¿xa teñen previsto quen vai facer o mantemento deste despiporre tecnolóxico en mans de rapaces?

Esta vez recibiremos queixas da Moncloa por publicar este artigo?

Virán directamente da Zarzuela?

 

P.D.

O domingo 24 de maio publicouse un interesante artigo sobre este tema en La Voz de Galicia: "Ordenadores en medio del desorden".

Botaduras laterais

Coñecías esta forma de botar os barcos?

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido