Saltar navegación.
Inicio

Artigos

Estrelas do baile urbano en 4º de ESO

24/05/2023

En 4º de ESO A, temos dúas persoas que destacan no mundo da danza urbana: Zeltia Dopico García e Iker Rufrancos Rodríguez.

Recentemente, o seu grupo (do club Fashion Dance de Fene) tivo un primeiro posto no concurso Hip Hop International celebrado en Barcelona (na categoría junior megacrew).

Grazas a isto, teñen a posibilidade de viaxar este verán a Phoenix (Arizona), para participar no seu Mundial de Danzas Urbanas.

O problema é os grandes gastos que isto suporía. Polo que puxeron en marcha un crowdfunding para recibir axuda económica, e tamén organizan festas, venden camisetas e buscan pratocinios (podes escribir a fusiondanceclubdebaile@gmail.com).

A ver se atopades a Zeltia e Iker no vídeo de YouTube!

E por suposto, desexámoslles moita sorte.

Enya Magallón e Nuria Cornide en CantaFerrol 2023

20/04/2023

Unha vez rematada a edición 2023 de CantaFerrol, deixamos aquí a participación de Enya Magallón Calvo (2º de ESO B) e Nuria Cornide Cisneros (1º de ESO A). Parabéns ás dúas polas súas actuacións!!

Aberto o prazo para entrar no equipo "A Fervenza" de fútbol sala feminino

A Fervenza FSF 2021Preme para ampliar a imaxe

09/07/2021

Achegamos o cartel enviado polo club de fútbol sala feminino "A Fervenza", por se temos interesadas entre as nosas alumnas.

Pequena homenaxe á primeira liña sanitaria

Julio Zanfaño OngilPreme para ampliar a imaxe

08/04/2020

Para que a nosa páxina principal non estea chea de información administrativa durante este tempo, achegamos unha pequena banda deseñada por un profe de Educación Física (Julio Zanfaño), que fai unha pequena homenaxe ao persoal sanitario.

Conversa cunha muller morta

24/11/2019

Engadimos máis material relacionado co Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Neste caso, trátase dunha curta escrita e dirixida xa hai varios anos por Sonia Méndez (irmá de Silvia, a nosa profe de Bioloxía e Xeoloxía).

Recollida de alimentos para a Asociación Cometa

Alimentos para a Asociación Cometa

29/05/2019

Hoxe pola tarde realizouse unha recollida de alimentos e outros produtos no noso centro, co fin de doalos á Asociación Cometa (protectora de animais). Foi a actividade final, con impacto social, dun proxecto no que participou alumnado dalgunhas aulas de Educación Infantil e Primaria. A Asociación Cometa, así como CASAGA e AFAL, colaboraron de forma altruísta no proxecto, ao igual que as familias dos máis pequenos, que participaron na publicidade do evento.

Grazas aos alumnos e aos colaboradores... a recollida foi un éxito!

Asociación Cometa

A túa vella bici vale un sorriso

Amsterdam

28/11/2018

O CPI do Feal participa nunha campaña organizada polo Concello de Narón para recoller bicicletas que xa non se estean usando, pero que aínda poidan ser aproveitadas por nenos ou nenas (tamén se recollen estáticas ou patinetes).

Este ano, as bicis recollidas serán repartidas por todos os colexios de Narón, para que poidan ser utilizadas en diversas actividades infantís: marchas, obradoiros...

Podes entregar a túa vella bici no noso centro ou no Concello de Narón (en horario de mañá) ata o 21 de decembro.

Ida Vitale, Premio Cervantes 2018

15/11/2018

A poetisa Ida Vitale (Montevideo, 1923) acaba de ser elixida Premio Cervantes 2018. Este galardón considérase o Nobel de Literatura das Letras Hispánicas. Neste caso recoñece non só a súa traxectoria poética, senón tamén o seu labor intelectual, como crítica e tradutora. Nos versos de Ida Vitale atopamos o contraste entre o universal e o persoal, entre o culto e o popular. A esencia da súa obra é o reflexo social, sen perder unha actitude vitalista.

Álex Cagiao en La Voz de Galicia

Álex Cagiao Teijeiro

22/01/2018

Moit@s xa saberedes que temos un campeón galego de karting en 6º A de Primaria: Álex Cagiao Teijeiro. Aquí tedes unha entrevista que se publicou en La Voz de Galicia do 22/01/2018. Parabéns, Álex!

Nota: É posible que algúns de vós lembredes o coprotagonismo de Álex nun vídeo que fixemos pouco antes do Nadal de 2014.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com