Deporte
Aberto o prazo para entrar no equipo "A Fervenza" de fútbol sala feminino
09/07/2021
Achegamos o cartel enviado polo club de fútbol sala feminino "A Fervenza", por se temos interesadas entre as nosas alumnas.
A túa vella bici vale un sorriso
28/11/2018
O CPI do Feal participa nunha campaña organizada polo Concello de Narón para recoller bicicletas que xa non se estean usando, pero que aínda poidan ser aproveitadas por nenos ou nenas (tamén se recollen estáticas ou patinetes).
Este ano, as bicis recollidas serán repartidas por todos os colexios de Narón, para que poidan ser utilizadas en diversas actividades infantís: marchas, obradoiros...
Podes entregar a túa vella bici no noso centro ou no Concello de Narón (en horario de mañá) ata o 21 de decembro.
Álex Cagiao en La Voz de Galicia
22/01/2018
Moit@s xa saberedes que temos un campeón galego de karting en 6º A de Primaria: Álex Cagiao Teijeiro. Aquí tedes unha entrevista que se publicou en La Voz de Galicia do 22/01/2018. Parabéns, Álex!
Nota: É posible que algúns de vós lembredes o coprotagonismo de Álex nun vídeo que fixemos pouco antes do Nadal de 2014.
Premiad@s do Feal na Gala do Deporte de Narón 2014
02/12/2014
Aínda que cun pouco de retraso, temos que felicitar aos nosos alumn@s Cristian Dopico (2º de ESO), Ainhoa Lechuga (4º de ESO) e Samanta Teijeiro (2º de ESO) polos seus premios na Gala do Deporte de Narón celebrada o pasado 21 de novembro no Pazo da Cultura. Cristian obtivo dipoloma en Xadrez, Ainhoa diploma en Natación Sincronizada e Samanta (xunto co seu irmán e ex-alumno do Feal Adrián Teijeiro) trofeo en Scalextric.
BMX street do Feal
01/12/2014
Non perdades as acrobacias coa bici do noso alumno de 4º de PDC Moisés Maroño. As imaxes están gravadas en diversas localizacións de Narón e Ferrol, e nelas tamén aparecen os seus amigos Jesús Miguel Alonso e Carlos Filgueira Fernández.
Un vídeo de temática similar, pero menos urbano (do escocés Danny Macaskill):
Campión galego de karate no Feal
28/10/2014
No Feal temos o actual campión galego de karate na categoría de cadetes! Parabéns ao noso alumno de 3º de ESO B Kevin Pazos Romero, que acadou este título o pasado 18 de outubro, no pavillón da Malata. E sorte no campionato español de novembro!
Novo éxito das piragüistas do Feal
24/09/2014
O pasado 20 setembro dúas das nosas alumnas de 4º de ESO, Aldara Castro e Andrea Ramos, resultaron gañadoras na regata do descenso do río Sor no Barqueiro. Chegaron na primeira posición de K2 cadete feminino neste percorrido de 7 km, cun tempo de 30 minutos e 55 segundos, dous minutos por diante que as que acadaron a segunda praza. Noraboa ás dúas e moito ánimo na vosa vida deportiva!
Parabéns para as remeiras do Feal
08/04/2014
Felicitamos ás nosas alumnas Antía Rodríguez Pita (6º A de EP) e Sara Díaz Castro (1º de ESO B) polas súas recentes medallas de ouro e bronce na regata internacional Ponte da Amizade (en Portugal). Alí representaron ao club de remo San Felipe na categoría alevín e infantil respectivamente.
XXII Gala do deporte ferrolán
14/02/2014
Unha vez máis temos que felicitar á nosa profesora de Educación Física Silvia Arroyo Cunha, neste caso por ser premiada na XXII Gala do deporte ferrolán (na especialidade de pádel), que tivo lugar onte no teatro Jofre.
Parabéns!!
28/11/2013
Hoxe temos que felicitar a catro fealeir@s que foron premiados na XXV Gala do Deporte do Concello de Narón, que se celebrou o pasado 22 de novembro no Pazo de Cultura:
- Aldara Castro de 3º de ESO A (piragüismo)
- Cristina Bacelo de 3º de ESO A (remo)
- Borja Díaz de 1º de ESO B (remo)
- E a nosa profe de Educación Física Silvia Arroyo (pádel)
Parabéns aos catro, e esperamos seguir felicitando aos deportistas do Feal moitos anos máis.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
