Abril 2020

Tarefa 4º primaria semana do 13 ao 17- abril

Ola familias:

Primero apuntar as reunións coas titoras a través da aplicación de jitsi meet o xoves 16 de abril as 18:00 horas con 4º B e as 19: 00 horas con 4º A

MATEMÁTICAS

Déixovos unhas actividades para que repasedes matemáticas, a primeira é un kahoot (facede click enriba da palabra subliñada) para que practiquedes a descomposición e a segunda dúas fichas interactivas de multiplicacións e divisións por cero e operacións combinadas. No kahoot como usuario tedes que por o nome e o curso, non poñades motes. Ao finalizar a ficha seguide estes pasos:
1. Enter your full nam1e name. Escribe o teu nome.

2. Grade. Curso.

3. Subject. Materia. (matemáticas)
4. Teacher's email. Correo da profesora
4º A: Sequelo@ gmail.com
4º B: menchiporto@gmail.com
5. Send. Enviar
 
Enlaces fichas:
 
GALEGO

Como tódolos anos chega o maio, e aínda que este ano non o celebramos no colexio, o traballo que propoñemos é de investigación para coñecer mellor esta festa tradicional e ademáis cada neno ten que escribir unha estrofa de catro versos.

No arquivo táboa maios tedes unha táboa na que se especifica o traballo que lle corresponde a cada alumno. Cada neno ten que traballar un apartado de investigación, escribir unha estrofa de catro versos dos distintos tipos de coplas (os deixo unha guía das coplas para que entendades mellor a que me refiro).

Tedes ata o luns para entregar o traballo, mediante mail ás seguintes direccións, os de 4ºA - 4ASequelo@gmail.com e os de 4ºB - menchiporto@gmail.com 

Moito ánimo!

Traballo recopilatorio das tarefas realizada ao longo da semana polos nenos de 4º ( tedes  un adxunto se queredes ampliar a letra do maio)

   
 
 
 

O Matavelutinas

Estuda e logo xoga a eliminar velutinas. Para que a variña máxica dispare preme a tecla espazo

Relixión Católica 1º-2º

Terceira Semana de Pascua

Acaba de comezar a PASCUA.

Hai moitos que non saben que a Pascua dura 50 días.

Quizáis algún de vós xa recibiu

unha rosca, un biscoito ou un ovo de Pascua.

 Os ovos de Pascua recordan a Vida Nova.

Na primavera todo brota de novo no campo, e é tempo de cría.

Os cristiáns nesta época celebran a RESURRECCIÓN de XESÚS,

e os padriños o saben moi ben.

Ovos de Pascua

Déixovos un adxunto dun ovo de Pascua

que podedes imprimir ou COPIAR algún outro. 

Se queredes que todos vexamos os vosos ovos

podedes mandarme unha foto ao meu correo: sequeloreligion@gmail.com 

POÑEDE o NOME e o CURSO

Tamén os podedes pegar na neveira da cociña

ou nalgunha ventá.

Neste enlace tedes unha idea divertida

para facer con papel un ovo con VIDA

MOITAS GRAZAS MATEO

ERES UN ARTISTA

MOITOS BIQUIÑOS.

 

 

FALAMOS COS NENOS PARA RECOÑECER

OS SÍMBOLOS CRISTIÁNS

 

Actividade de símbolos para facer xuntos:

 

A cruz, a igrexa, María nai de Xesús...

Arrastra os símbolos e sóltaos na súa caixa

Practica e mellora o teu xadrez en LiChess

A plataforma de xadrez Lichess é ideal para mellorar o teu xogo de xadrez, poderás:

- adestrar resolvendo problemas adaptados ao teu nivel

- xogar con calquera xogador do mundo que estea dispoñible

- participar en torneos, etc.

Para poder xogar terás que rexistrarte previamente na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail.

Por outra parte, a Federación Galega de Xadrez, tamén nos ofrece gratuitamente os libros de iniciación e de perfeccionamento, na súa web.

Música dende a casa (17): "O cuco", canta Aitor Moreira de 4ºB

Aitor Moreira de 4ºB foi o primeiro en animarse a cantar unhas copliñas da cantiga "O cuco", que como xa sabedes nos dedicou Xosé Iglesias Buxán.

Moi ben Aitor, fixéchelo moi ben!!!

E os demais... a que estades agardando? Animádevos!!!

Día Internacional do Ciclista (Ed Física)

Hoxe 15 de abril, é o Día Internacional do Ciclista, co gallo desta celebración imos realizar unha actividade para aprender un pouco máis sobre como debemos empregar e circular en bicicleta, non podemos saír a practicar na rúa, pero podemos aprender moito moito que pronto o poñeremos en práctica.

 

Adxunto unha Guía para usuarios de Bicicleta da DGT, para que leades que despois temos un test para demostrar todo o aprendido na guía.

 

 

 

 Demostra todo o que aprendiches e sabes neste enlace. 

 

 

Recordade que tedes grandes ciclistas en Marín.

 

E para que non todo sexa practicar co ordenador, sabedes cantos xogos podemos facer con un cadrado debuxado no chan? Pensade un pouco todo o que podemos facer con un cadrado, este vídeo mostra uns exercicios de coordinación, espero que vos guste. 

 

 

E unha actividade de lateralidade tamén toca hoxe "O gato negro", está en pdf para pasalo a papel, pero xa sabedes que non é preciso imprimir, collede unha folla e a traballar!!!

 

#euficonacasa

 

#euquedonacasa

 

Retos en familia (15/04/20) (3º)

Ola familias!

Retomamos o traballo do trimestre pasado mentres non nos cheguen as instrucción para este final do curso!!

Comezamos cos "Retos en familia". Aí vos van os retos de onte e o de hoxe!

A cabeza non para!!

Vamos!

Música dende a casa (16): Canción orixinal "O cuco", versión karaoke

Para que vos sexa máis fácil aprender a canción "O cuco" deixámosvos a versión orixinal estreada por Suso Vaamonde, co karaoke feito polos compañeiros do CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra do Caramiñal. 
Así que agora xa non tendes desculpa, aprendede un anaquiño, gravádevos e enviádeo aos correos que xa sabedes sequelonacasa@gmail.com ou mglealgonzalez@gmail.com.
 

Música dende a casa (15): XOSÉ IGLESIAS BUXÁN

Houbo un tempo en que esta canción inspirada no poema de Manuel María "O Cuco", e con melodía de Suso Vaamonde era ben coñecida polas xentes do pobo. Foi moi popular e a súa gravación en vivo nun concerto en Moaña tivo grande repercusión na nosa zona. 

Eses tempos por desgraza xa pasaron, mais Xosé que estivo presente daquela cantando e tocando no concerto, reinterpreta para nós dun xeito maxistral a canción. Non é unha estrea en todo o sentido da palabra, pero case, porque a súa axente artística que é aguda coma un allo, ao pouco de gravala mandouna á TVG con saúdo ao noso colexio e todo.

ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS UN VÍDEO CANTANDO UN ANAQUIÑO DESTA CANCIÓN PARA MANDARLLO AO ARTISTA.

Manualidades dende casa...(24): Muñeco con calcetín. Juan 6ºB

Nesta ocasión, Juan Epifanio Casado mándanos unha manualidade moi chula, un boneco feito cun calcetín. Moi ben.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.