Música dende a casa

Recompilación "Xogos populares con música"

A quí vos deixamos a recompilación da actividade conxunta que vos propuxemos de Educación Física e Música "Xogos populares con música".
Moitas grazas por todas as aportacións. Continuaremos o curso que ven.
 

Educación Física e Música: Xogos populares con cancións

Ola rapaces? Como ides levando a coarentena agora que xa podedes saír? Por se queredes traballar un pouquiño máis  deixámosvos unha nova proposta?
Á profe de Educación Física, Tamara;  e máis a min ocorréusenos que podiamos recoller xogos populares que implican movemento ou acción ao mesmo tempo que se acompañan de cancións, recitativos rítmicos, adiviñas, ladaíñas (serie longa e ininterrompida de cousas, nomes, palabras etc., que se suceden ou se mencionan ordenadamente.)...
Para que o entendades propoñémosvos comezar cun xogo que deberiades coñecer. 
Escoitade a pista musical: Recoñecedes a canción? Como xogamos con esta canción? Recordades o título?... contestade e mandade as respostas escribindo o voso nome e curso. 
A ver cantos o acertades! Sorte!!!

Música dende a casa (37): Aixa Vilas de 5º A interpreta "Habanera de Carmen"

Aixa de 5ºA, está aprendendo a tocar o piano, e como podedes comprobar xa toca así de ben. Mandounos esta peza da ópera Carmen do Bizet coñecida como "Habanera". Moitas grazas Aixa por compartir a túa arte con todos nós. 
Noraboa Aixa!!! E sigue así de ben!!! 
 
 
E agora un pouco de cultura musical
A peza que nos interpreta Aixa coñecida popularmente como "Habanera de Carmen" é un aria  que pertence á ópera Carmen, que compuxo Georges Bizet, no ano 1875. 
Pero "Habanera de Carmen" non é o seu auténtico título. Saberiades dicir cal é en realiade o título desta "Habanera".
Seguro que clicando nos enlaces o atopades, e tamén aprendedes un pouco máis do compositor Bizet e a súa obra.
Espero as vosas respostas no correo mglealgonzalez@gmail.com

"O MEU AMOR É MARIÑEIRO" pola FAMILIA ARRIBAS LÓPEZ

Grazas á Alonso(1º) e Laura(5º) e aos seus pais Soraya e Alberto por este agasallo musical que nos ofrecen para celebrar a festa das LETRAS GALEGAS 2020.

Música dende a casa (36): 2020 Ano dedicado a Beethoven

Con isto da pandemia provocada polo COVID-19 e o posterior confinamento para poder contela, tivemos tanta cousas na cabeza que casi se nos esquece que este ano 2020 está dedicado a Beethoven, xa que se celebra o 250 aniversario do seu nacemento en 1770 en Bonn (Alemania).
Déixovos este mural interactivo por se queredes saber algo máis da súa música e a súa vida. Un pouco de cultura musical para pasar un rato relaxados, que podedes compartir toda a familia.
Visitade o blog da clase de música "Descubrindo a Música" para máis explicacións do que podedes facer.
 

Os maios 2020: Recompilación de actividades relacionadas cos maios.

Este ano a "Festa dos Maios" foi ben distinta de outros anos, non houbo maios físicos pero si moitos "maios virtuais" e moitas coplas que facían referencia á situación que estamos a vivir. 
Desde o colexio lanzamos a proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo" e tivo unha gran aceptación como podedes comprobar neste recompilación de todos os traballos que mandastes.
Noraboa a todos fixéstelo moi ben!
 

Música dende a casa (33): Coplas de Pedro de 4ºB

Pedro de 4ºB e a súa familia tiveron a súa particular celebración do 1 de maio, fixeron este maio e cantaron todos xuntos estas coplas. Moi boa idea! Xa que non podemos saír, nin ter unha celebración dos maios nas rúas, nada nos impide celebralo na casa. Parabéns e moitas grazas por compartir con nós a vosa pequena festa!

Música dende a casa (32): Versión do poema "O maio" promovida polo Consello da Cultura Galega.

“O maio” é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez e no que o poeta evoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) promoveu un proxecto celebrativo que xunta este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que fusiona rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!
“O maio” é un poema moi coñecido de Curros Enríquez que se insire do seu poemario “Aires da miña terra”, que cumpre no mes de xuño 140 anos da súa primeira edición. Estas peza xa forma parte do imaxinario popular grazas á versión musical que fixo Luís Emilio Batallán en 1975, á que agora sumamos estoutra proposta actualizada.
Deíxámosvos as dúas versións podedes opinar sobre elas (Qué vos parece cada unha? Cal vos gusta máis? Coñeciades a máis antiga? Coñecíana os vosos pais? etc...). Facede os comentarios na sección "comentarios", tamén nos correos sequelonacasa@gmail.com   e mglealgonzalez@gmail.com recordade poñer o nome e o curso.
 

Versión de Luis Emilio Batallán

Música dende a casa (31): Coplas de Aixa de 5ºA

Casi no primeiro de maio chégannos as coplas de Aixa de 5ºA, como din as túas coplas este ano o maio é desde internet. Moi ben Aixa! Noraboa! E moitísimas grazas pola túa participación!
 

Copla do Barco "O Chuvias": Os Maios (23)

Ten moito mérito o destes dous rapaces, con moi poucos ensaios bótanse a cantar unha copla de barcos que antes escribiran Breixo Vidal e Xoel Sequeiros. Se xa de por si escribila foi un reto, cantala inda o foi maior. (Se non entendedes ben a letra, activade os subtítulos do vídeo).

Música dende a casa (30): Coplas de Ariadna (6ºB) e Diego (4ºB)

Ariadna e Diego Vaquero de 6ºB e 4ºB, mándanos as súas coplas para o maio 2020, como podedes comprobar as súas coplas súmanse ao tema que, tristemente, predomina este ano, ao tempo que nos mandan unha mensaxe de ánimo. 
Moitas grazas por alegrarnos con estas coplas e coa vosa interpretación! Noraboa! Moi ben feito!

Música dende a casa (29): Coplas de Darío (6ºA) e Breixo (5ºB)

Darío e Breixo Vidal de 6ºA e 5ºB envíannos as súas coplas para este "maio virtual 2020". Mirade que ben o fan. Noraboa aos dous! Fixestes moitas coplas e vese que ensaiastes moito! Que boa coordinación tendes! Moitas grazas!!!
 

Música dende a casa (28): Coplas de Xoel de 5ºB

Seguen chegando máis coplas, estas son as Xoel Sequeiros de 5ºB, unhas coplas nas que nos da a entender que está un pouco canso do coronavirus e de estar na casa. Moi ben Xoel! Moitas grazas polas túas coplas! 
 

Música dende a casa (27): Coplas de Candela de 5ºB

Estas son as coplas do maio 2020 que nos canta Candela Bermúdez de 5ºB, acompañadas do ritmo cos paus. Estás moi ben preparada Candela, ata tes os paus "regulamentarios". Noraboa! Fixéchelo moi ben!
 

Música dende a casa (26): Coplas de Pablo de 5ºA

Pablo Torres de 5ºA mándanos as súas coplas para o maio 2020, ata inventou un novo instrumento para levar o ritmo. Moitas grazas Pablo polas túas coplas e polo teu inxenio!
 
Xa vedes que non é difícil!
Ánimo! Intentádeo!
 

Música dende a casa (25): Coplas de Hugo (4ºA) e Joel (1º)

Hugo e Joel de 4ºA e 1º fixeron un pequeno coro e mandáronos as súas coplas para o maio 2020; moi ben acompasadas ao ritmo cos paus. Moitísimas grazas!
 

Música dende a casa (24): Coplas de Clara de 5ºA

Seguen chegando coplas para este maio 2020, estas son as de Clara Lamas de 5ºA, que o fixo así de ben! Moitas grazas Clara pola túa participación.
 

Música dende a casa (23): Coplas de Ángel de 6ºB

Estas son as coplas para este maio, tan diferente este ano, que nos manda Ángel de 6ºB. Moitas grazas pola túa participación, fixéchelo moi ben e as túas coplas son moi reivindicativas.
 
 

Música dende a casa (22): Coplas de Miguel de 4ºB

Estas son as coplas que nos canta Miguel Cadilla de 4ºB, facendo o ritmo cos paus e todo! Moi ben Miguel, moitas grazas por enviarnos a as túas coplas.
 

Música dende a casa (21): Coplas de Tiago de 4ºB

Tiago de 4ºB foi o primeiro en enviarnos as súas coplas do maio, e ata contaba cun coro. Moitas grazas a ti e aos teus axudantes.
 
Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.