Outubro 2018

Visita ao museo de Pontevedra

Visita ao Museo de Pontevedra

O pasado xoves, 25 de outubro os rapaces e rapazas de 6º fomos visitar o museo de Pontevedra. 

Como chegamos cedo, realizamos un pequeno percorrido por algunhas das súas prazas: A Pedreira, a da Leña, a da Verdura e a da Ferrería; tamén contemplamos por fóra algunhas das igrexas: San Bartolomeu, A Peregrina e San Francisco.

Logo fomos para o museo onde varios monitores nos estaban a esperar. A nós, os de 6º A correspondéronnos Rubén e Agustín. Visitamos catro seccións: sala de pintores galegos do século XIX e XX, como Ovidio Murguía e Fernando Álvarez de Sotomayor,; sala de Manuel Quiroga, famoso violinista pontevedrés; sala de Castelao, sala de cerámica de Sargadelos e sala da prehistoria. 

Foi unha visita moi interesante!!!

Samaín na Biblioteca. Que medo!!!

Xa chega o Samaín e este ano propoñémosvos inventar contos terroríficos. Como mostra aquí tendes esta exposición de libros relacionados co tema, cos que ademais de disfrutar lendo tamén vos poden dar ideas para as vosas creacións. Animádevos a pasar a lelos. 
Os nenos e nenas de Primeiro curso foron os primeiros en visitala, pasárono de MEDO!!!.

As abellas e os seus inimigos

O pasado martes, 23 de outubro, o noso orientador, Xosé, que tamén é apicultor, deunos unha charla, aos rapaces e rapazas de 6º, sobre as abellas e os seus inimigos. Falounos das súas características, a súa organización, os seus beneficios coma a polinización e todos os productos que nos proporcionan: mel, pole, propoleo, xalea real, cera...

  Mostrounos colmeas antigas feitas de cortiza e todos os trebellos que empregan os apicultores, asi coma o traxe.

Por último, informounos sobre os seus depredadores: ácaros e... a máis perigosa a avespa velutina! En Galicia é unha auténtica praga. Ensinounos distintos métodos de loitar contra elas: raqueta de badminton, arpas, dardos con insecticidas e a máis coñecida, a botella rechea dun líquido atractivo para elas.

Orientounos en como fabricalas e indicounos a fómula máis económica para o líquido: 1 litro de auga, un vaso de azucre e un pouco de levadura de panadeiro. Pediu 5 voluntarios que tivesen finca para colocar as trampas, aos que lles repartiu o necesario para elaborar o "zume". O próximo luns comprobaremos os resultados. A ver quen atrapou máis velutinas!!! 

Cambia o Mundo cun xesto...

CAMBIA O MUNDO

DOMUND 2018  

 

 

 

                                           RESUMO DA XORNADA DO

                                          DOMUND 2018                                             

 1ºA

6,20

2ºA

13,00

3ºA-B

13,71

4ºA

13,60

5ºA

3,00

5ºB

22,91

6ºA

16,50

6ºB

16,15

TOTAL……………

  125,00….EUROS 

 
MUCHAS GRACIAS  
   

   

AS PALMEIRAS

Antes de estudar os problemas que están tendo as nosas palmeiras, buscamos na rede toda a información que puidemos topar sobre elas:  reprodución, tipos, función que realizan, froitos, flores....

S.O.S. PALMEIRAS EN PERIGO

Desde hai uns anos as palmeiras están sufrindo a peste dun insecto que podería terminar nun curto espazo de tempo con elas.
 
Neste caso, o diaño é un escaravello que na súa fase adulta pode medir entre dous e cinco centímetros;  vermello, con ás raiadas en negro, que vive e se alimenta dentro da base das follas das palmeiras.
 
Podedes observar o insecto en diferentes fases do seu crecemento:  ovo, larva, pupa, capullo e adulto e xa como un escaravello pode voar ata un radio de tres quilómetros para que a peste se estenda con moita facilidade.  O problema agravouse aínda máis porque teñen moitas crías e pode ter ata tres xeracións ao ano.
Hai palmeiras femias e machos.  As últimas teñen a copa máis compacta e esmagada e aparecen comprimidas cara ao eixe vertical;  as femias, son máis abertas e redondeadas ademais de dar flores e froitos. O besouro ataca principalmente aos machos por ser máis tenros e máis doados de perforar.
 
Pódese notar que a palmeira se atopa infectada se se nota un colapso xeral da coroa de follas e se as follas do penacho central van perdendo verdor e pasando ao amarelo.
 
A palmeira sufre danos principalmente polas larvas do picudo vermello porque se cría dentro da palmeira e parcialmente se alimenta das partes mais tenras da palmeira.  Entón fai que a palmeira morra.
 
 
 
O maior problema é que os síntomas se detectan demasiado tarde e cando aparecen adoitan ser tan severos que a palmeira acaba morrendo. É triste ver que o principal factor no desenvolvemento da peste foi a acción do home que, ao transportar plantas infectadas, abriu a posibilidade ao pequeno insecto de conquistar novos territorios.
 
A palma canaria e a palmeira son plantas cun crecemento relativamente lento, tardan case 50 anos en crecer seis ou sete metros e o picudo vermello pode matalos todos en poucos anos, polo que debemos poñer todos os medios necesarios nesta guerra contra o malvado insecto.
 
 
Traballo feito por Lucas Gomis Domínguez e Nayara Ubeira González 6º B

COMEZAMOS O CURSO CON HUMOR

Unha forma diferente de empezar o curso, botándolle humor á cousa.

Xadrez no Sequelo

Hoxe xogamos ao xadrez. Foi na hora do recreo. Viñeron Miguel e Víctor, dous monitores do Club de Xadrez de Marín xogar unhas partidas simultáneas, e axudounos o profe Xosé.

 

Puxemos 15 mesas e taboleiros no patio. Fomos xogar dous nenos/as de cada aula e algúns xogadores de axudantes. Escollemos aos seguintes, que xa saben xogar algo:

1º curso: Raúl e Roi, e axudante Gabriel

2º curso: Antón e Abel, e de axudantes Marcos e Aylen.

3º A: Manuel e Dani /  Marcos, Pablo e José Antonio.

3º B: Iván e Pablo / Yesika e Xián.

4º A: Breixo e Gonzalo / Marcela e Rodrigo.

4º B: Breixo e Dani / Roi, Xoel, Sara, Roberto, Rubén e Breixo.

5º A: Darío e Diego / Bryan, Pablo, Noel e Xan.

5º B: Álex e Óscar / Yago e Ángel.

6º A: Nicole e Anás / Fabio, Brais, Gael e Martín.

6º B: Adrián e Marta / Miriam e Pedro.

As partidas estiveron moi disputadas, nalgunhas ganaron os profes e noutras ganamos nós. E como o tempo do recreo non nos chegou aínda botamos media hora máis. Pasámolo moi ben!

 

XA ESTAMOS EN CUARTO!

(Equipo de redacción: Breixo S., Breixo V., Roi e Roberto)

Estamos en cuarto de primaria, isto xa é máis difícil. Fixemos xa tres exames. Temos unha compañeira nova, Maroua, e marchou un neno chamado Alejandro.

Temos tres profesores novos; o de educación física, Agustín, o de inglés, Ramón, e o de plástica, Jorge. Todos son moi bos.

Agustín díxonos que os que queiramos, podemos ir a Xogade, que é un concurso entre colexios que ten estas probas ás que te podes apuntar:

-Fútbol sala.

-Campo través, que é correr por un monte.

-Atletismo, que é salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de pesas...

Roi vai ir a campo través e a fútbol sala, Breixo Sanjorge vai ir ao mesmo, Roberto só a fútbol sala e Breixo Vidal a campo través e a fútbol sala.

En clase fixemos moitos textos, e algúns foron anécdotas. Aquí temos a de Roberto:

"Estaba na aldea cando escoitei barullo. Saín da cociña onde estaba comendo para ver.  Cando saín un can meu, chamado Tití entrou pola ventá e comeu o meu filete. Cando entrei dinme conta de que Tití comera o filete."

A Billarda

Hoxe visitounos o Club Garaboto para ensinarnos xogos tradicionais. Os alumnos de 5º fixemos actividades de billarda e chave.

A chave consiste en lanzar un disco metalico e un pouco pesado, contra unha chave que esta levantada no chan.

A billarda consiste en intentar elevar un pao con outro mais grande e lanzalo o mais lonxe posible.

A min gustoume moito a billarda; a chave non tanto, en xeral pareceume moi divertido.

Redacción: Uxía Santiago Gonzalez

 

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.