Benvida

Estimadas familias:

Tal e como nos propón a Consellería de Educación no Plan de Ensino Virtual ante a COVID-19, poñemos en funcionamento a Aula Virtual do CEIP Sequelo, en previsión de futuras corentenas ou confinamentos.

Nela figura un espazo dedicado a cada un dos cursos, desde 1º a 6º de primaria, coas súas correspondentes materias (Matemáticas, Linguas, etc.). Cada alumno dispón dun nome de usuario e un contrasinal para acceder. Os grupos de 5º e 6º de primaria teñen ademais a súa propia aula virtual, no Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA).

sequelo