Información para usar a aula virtual e outros servizos dixitais da Consellería de Educación


A seguir enlazamos unha serie de videotitoriais para coñecer algúns dos servizos dixitais que nos ofrece a Consellería de Educación:

Acceso a Webex (servizo de videoconferencia)

Instrucións para unirse a unha videoconferencia

Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex (alumnado)

abalarMóbil para as familias (servizo mensaxería)

Aula Virtual

Como acceder

A cada alumno/a foille atribuído un nome de usuario e contrasinal. O nome de usuario ten a seguinte forma: nome1nome2.apelido1apelido2 (todo en minúsculas, sen tiles ortográficas e as ñ substitúense por n). Por exemplo, o alumno Juan Miguel Pérez Piñeiro terá como usuario: juanmiguel.perezpineiro

Para ter acceso á aula virtual deben pulsar sobre a etiqueta ACCEDER situada na esquina superior dereita da páxina, e a continuación escribir o nome de usuario e o contrasinal do alumno, que lle será facilitado polo seu profesor.

  


Como usar o bloque de navegación da aula virtual

Xusto na esquina superior esquerda da aula virtual vemos un botón con tres pequenas liñas, que serve para amosar ou ocultar o bloque de navegación. O bloque de navegacion, xusto debaixo dese botón ofrécenos varias opcións para desprazarnos pola páxina:

. Panel de control: dende aí podemos ver os cursos (materias, como matemáticas, lingua, etc.) nos que estamos matriculados..

. Inicio do sitio: conduce á páxina de inicio da aula virtual, a que vemos sen necesidade de acceder.

. Calendario: funciona como unha axenda para o alumno/a, onde pode ver as tarefas que ten pendentes para entregar. É moi útil consultalo cada vez que accedamos á aula virtual.

. Os meus cursos: temos a lista de cursos nos que estamos matriculados e podemos acceder a calquera deles.



Como enviar unha mensaxe ao profesor/a

Na esquina superior dereita da páxina, ao lado do nome de usuario, atopamos un símbolo con forma de bocadillo. Pulsando nese símbolo temos posibilidade de enviar mensaxes a outros usuarios; primeiro debemos buscar o usuario polo seu nome na caixa correspondente, e logo pulsar sobre a opción que se ofrece. Unha vez redactada a mensaxe pulsaremos sobre o botón de enviar.

Cando teñamos algunha mensaxe pendente de ver na nosa aula virtual visualizaremos un número (1, 2, etc), xusto enriba do bocadillo das mensaxes.

 

Como ver se o alumno/a ten tarefas pendentes de entrega

O camiño máis curto é acceder á aula virtual co usuario e contrasinal do alumno/a e pinchar na opción Calendario, situada no bloque de navegación da parte esquerda da páxina. Ao pinchar sobre o Calendario podemos visualizar en cor destacada os días e as tarefas que ten pendentes o alumno/a. Ao pinchar sobre a tarefa podemos ver en que consiste.

 

Como acceder a un curso (materia) e opcións que ofrece

Podemos ver os nosos cursos  (materias) unha vez que nos rexistramos na aula virtual. En cada materia podemos visualizar os temas, e dentro de cada tema, os recursos e actividades deseñados polo profesor/a.  Os recursos son información para o alumno (textos, vídeos, imaxes, etc.). As actividades esixen que o alumno responda ao profesor/a con algún traballo. As máis utilizadas son as Tarefas e as Probas (cuestionarios).

 


Como enviar unha tarefa completada ao profesor/a

A tarefa, dependendo do seu tipo, pode responderse por dúas vías: 1) mediante texto en liña, e 2) enviando un ficheiro. O profesor/a elixe previamente o tipo de entrega que solicita, ou mesmo poderían ser as dúas.

1. Mediante texto en liña: Unha vez que pinchamos no enlace da tarefa, vemos a descrición do que temos que facer e pinchamos no botón ENGADIR ENTREGA. Escribimos directamente a resposta nunha caixa con editor de texto que se abre para tal efecto. Ao rematar de escribir pulsamos no botón GARDAR CAMBIOS e enviamos no botón ENTREGAR TAREFA e a seguir no botón CONTINUAR.

 

 


2. Mediante envío dun ficheiro que contén a tarefa resolta.

Seguimos as seguintes instrucións: 

  1. Descarga a ficha ou tarefa (ficheiro de texto) no teu ordenador.
  2. Ábreo co procesador de textos (LibreOffice, Word...). Pulsa no botón EDITAR DOCUMENTO.
  3. Le as cuestións e responde
  4. Contesta as cuestións no mesmo documento.
  5. Cando remates debes GARDAR e exportar o ficheiro a PDF, utilizando a mesma aplicación de texto na que traballas.
  6. Entra na  Aula Virtual e pulsa no botón "Engadir entrega". Abrirase un recadro e pulsa o símbolo do folio, busca no teu ordenador o arquivo coas preguntas contestadas e súbeo aquí.
  7. Pulsa no botón "Gardar os cambios".
  8. Pulsa no botón "Entregar tarefa".
  9. Pulsa no botón "Continuar"
 
 

App Móbil para Moodle

Podemos instalar no noso móbil a aplicación Moodle (corresponde á Aula Virtual), e logo de introducir a dirección web https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/aulavirtual/ e o nome de usuario e contrasinal do alumno/a podemos realizar xestións básicas como ver mensaxes ou ver as tarefas pendentes, e incluso enviar ficheiros.

Se utilizamos esta opción lembramos que os ficheiros non poden ocupar máis de 1 Mega. Se son fotografías debe usarse o formato jpg e recomendamos que non sobrepasen os 100K. Se utilizamos un teléfono móbil  pódese reducir o seu peso se buscamos a imaxe, abrimos as opcións e pinchamos en EDITAR IMAXE, pinchamos na aplicación EDITOR DE FOTOS, buscamos o menú de opcións e pinchamos en EXPORTAR, reducimos o tamaño a 800x450 e a calidade a media 50%)

Presentación explicativa sobre Webex, Aula Virtual e Abalar

Elaborada por Sérgio Nunes, con motivo da videoconferencia "A educación a distancia", impartida de xeito telemático o día 4/12/20, en colaboración co CFR de Pontevedra.


Última modificación: Xoves, 10 de Decembro de 2020, 19:59