Educación física

Blog de Educación física

Xornada Pho3nix

 

Hábitos de vida saudables

Atletismo en pista

O pasado martes 9 de maio fomos ao campo de San Pedro, para practicar as diversas modalidades do atletismo en pista cos demais centros do concello de Marín. Pasámolo xenial!

Primeiros auxilios con Ana

O mes pasado adicámolo á saúde, o día 7 é o día mundial da saúde. Na área de Educación Física fixemos actividades relacionadas cos Primeiros Auxilios (RCP, queimaduras, feridas, golpes...) e cos elementos que debe ter un botiquín. Axudounos Ana, a mestra de prácticas e un amigo seu, experto neste tema. 

 

Campo a través- Portas

O xoves pasado os nenos/as de 3º curso foron a Portas.

Correron con outros nenos/as da súa idade no Campionato Provincial de Campo a través.

Noraboa!

Día das Persoas con Discapacidade

Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.

Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.

Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas ás explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.

Xogos de sensibilización sobre discapacidade

Esta semana e parte da pasada, practicamos goalball, voleibol sentados, xogos sin visión e outros de toma de conciencia do sentido do oído. A finalidade destes xogos foi concienciar ao alumnado da realidade que vive unha persoa con discapacidade sensorial (visual e auditiva) ou física, experimentar e vivenciar os diferentes tipos de limitacións. Recordamos que o 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade. 

Carreira de Campo a través- Xogade

Onte o tempo permitiu celebrar a carreira de Campo a través, medirnos con compañeiros/as da mesma idade, reencontrarnos con antigos compañeiros/as, coñecer novos/as... Pasámolo xenial e o mellor de todo foi que no noso centro, tivemos varias nenas que quedaron de primeiras. Noraboa!!!

Deixo algunhas fotos da carreira.

Crosstraining Blackbull Pontevedra

O VENRES OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º E 6º CURSO POIDERON PRACTICAR CROSSTRAINING COS MONITORES DO XIMNASIO BLACKBULL DE PONTEVEDRA.

ESTA ACTIVIDADE OFRÉCESE NESE XIMNASIO PARA MAIORES DE 10 ANOS.

O SÁBADO TIVEMOS CASE TODOS MANIOTAS!

Balonmán Cangas

OS LUNS DE 16:00 A 17:00 HORAS NO PAVILLÓN DO SEQUELO, PRIMEIRO PRACTICARON OS NENOS/AS DO COLEXIO PARA ANOTARSE A ESTA ACTIVIDADE.

GRAZAS AOS XOGADORES DO BALÓNMÁN DE CANGAS POR ENSINARNOS XOGOS TAN DIVERTIDOS.

Horta do Sequelo

O VENRES ENCHEMOS OS BANCAIS DE TERRA PARA COMEZAR ESTA SEMANA A PLANTAR AS HORTALIZAS PARA O INVERNO.

GRAZAS AO CONCELLO POR TRAERNOS A TERRA E AOS NENOS/AS DE 6º CURSO POR COLOCALA. TAMÉN NOS AXUDOU MOITO O CONSERXE DO COLEXIO.

 

Xogos populares e tradicionais

A semana pasada practicamos a chave, a petanca e a chave con Luis gran practicante destes xogos, na súa asociación O Gharaboto. 

Deixo un pequeno vídeo onde podedes ver como tódolos nenos/as do Sequelo experimentaron estes xogos e sorprendéronse da súa puntería!

Grazas, Luis!

O Camiño de Santiago

A continuación mostro algúns traballos realizados polos nenos/as de 1º e 3º curso na lectura de Educación Física, en relación co Camiño de Santiago.

Orientación deportiva en Briz

Onte e hoxe poidemos ir a Briz a gozar dunha xornada de orientación deportiva, inicialmente para 5º e 6º curso pero tamén poideron ir os de 3º e 4º.

Esta actividade levouse a cabo grazas a Xesta Natureza, aprenderon moito, pasámolo moi ben e coñecemos moito mellor o parque!

Deixo unhas fotos e os resultados, que non estiveron nada mal!

Estamos desexando volver para o próximo curso, con mais experiencia e un ano mais maiores!

 

O saúdo ao sol

Primeiro día sin tapabocas no pavillón!

Mostro esta fotografía dos nenos e nenas de 2ºA, onde se pode observar o sonriso e alegría que tanto taparon dende que este virus chegou a nós. Desexo que esta alegría sexa para sempre, gozaron mais ca nunca, sobre todo, non se cansaron tanto e poideron respirar sin pedirme permiso (que me rompían o corazón cada vez que mo pedían). Desexo que este paso sexa para sempre e non volver xamais atrás!

Atletismo en pista

ESTA MAÑÁ OS NENOS/AS DE 5º CURSO, POIDERON PRACTICAR ATLETISMO EN PISTA NO CAMPO DE SAN PEDRO: LANZAMENTO DE VÓRTEX, LANZAMENTO DE PESO, SALTO DE LONXITUDE, RELEVOS, CARREIRA DE 500 M E DE 60 M. 

ESTA SAÍDA FOI POSIBLE GRAZAS Ó PROGRAMA XOGADE DO PLAN PROXECTA.

 

Paratriatlón!

Este ano quixemos imitar á paralímpica galega Susana Rodríguez, xa que veu de convidada á carreira Pinga Pinga o pasado mes de outubro.

As condicións climatolóxicas non nos deixaron moito tempo pero pasamos unha experiencia única e moi divertida, a pesares das limitacións visuais.

Parabéns a todos/as e moitas grazas por facer posible esta xornada.

Dende o CEP SEQUELO, desexámoslle moita sorte a Susana Rodríguez que deixa Galicia para ir a outra comunidade autónoma onde o paratriatlon e as categorías menores teñan o sitio que merecen!

Distribuir contido

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PLAMBE

Radio na Biblio

Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.