PDI Protexo o meu planeta... protéxome eu

PDI curso 2022-2023

Papiroflexia con Luis Freire: A pinga

Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."

Certame de relato Curto "Falarei"

Entre os alumnos de 6º gustou moito a campaña "Falarei" coa icónica vaca das lentes escuras, e decidiron participar no certame de relatos curtos que se promovía, onde había que imaxinar a Galiza do futuro, onde a imaxinaron con 4 equipos de fútbol galegos en primera, nun mundo robotizado, ou nunha Galicia case apocaliptica baleira. E dende Feiraco tiveron a ben agasallalos con estes estoxos.

 

San Xoán. Infantil 2023

SAN XOÁN

 Na clase de Relixión do último día de curso, os alumnos de Infantil colorean un mural cun foleón da festa de San Xoán Bautista.

24 de Xuño

 

"VIAXE EN TREN". Teatro de 2º EP

Por fin chegou o día da representación. Hoxe, os de 2º, despois de moitos días de ensaio e preparación de escenografía (máscaras, disfraces, tren,...) puidemos por en escea a peza teatral "Viaxe en tren", de Euloxio R. Ruibal, para todo o colexio. Esperamos que vos gustase; nós pasámolo moi ben. QUE NUNCA SE PERDA A MAXIA DO TEATRO!  

Papiroflexia by Luis Freire: Pingas

Desta vez Luis Freire non elaborou ningún dos seus habituais titoriais de Origami.  En vivo e en directo, dirixiu aos seus compañeiros para, e dentro do proxecto, no que participa todo o centro elaborar pingas de auga, das que estas 3 son bo exemplo.

O titorial non tardara en chegar en video.

Que é que, no muíño do Señor José? (II)

Ao redor dos muíños naceu unha rica tradición oral en forma de cantigas, adiviñas e ata trabalinguas como este que te invitan a repetir Antón e Abel. Unha rica tradición oral que era quen de manter viva e en funcionamento a transmisión interxeracional da lingua.

A canle do muíño de Xosé é unha obra de enxeñería moi interesante que se abastece do río 200 metros para arriba do muíño en paralelo ao río e aproveita o desnivel propio do río para desviar a auga.

1. Punto de desvío

Tramos de Canle

Durante algún tramo vai encanado baixo da estrada

Ao final incluso se aproveita como lavadoiro

 

A PREGUNTA É QUE OUTRO NOME SE LLE DÁ Á CANLE DO MUÍÑO, POR ESA UTILIDADE SÚA DE "LEVAR" O AUGA AO MUÍÑO? 

Que é que, no muíño do Señor José

Está semana e dentro do Proxecto no que o centro está traballando, os de 6º non podían menos que coñecer e ben a fondo, o muíño do noso veciño José, que está a rentes do colexio. Os muíños de auga son calqueira cousa menos máquinas simples, máquinas que moitos deles hoxe están en desuso, pero o noso veciño tivo a amabilidade de abrírnolo para amosarnos como moía e abrirnos o INFERNO onde puidemos ver.

QUE COUSA DANDO VOLTAS?

Contestade nos comentarios

Axiña unha exposición máis detallada da nosa interesante visita

Que podemos facer nós polo noso planeta.

Os alumnos de 2º xuntámonos por equipos. Preguntámonos que podiamos facer para protexer o noso planeta. Tivemos que chegar a acordos para plasmar as ideas máis importantes nun mural,sen repetirnos. Démonos conta de que non é doado poñernos a todos de acordo... pero é necesario aprender a facelo!

Como podemos protexer o noso planeta. de Ramon Pastoriza

M-Bot: sensor de temperatura

Partindo da saída do proxecto Ríos, por medio do sensor de Temperatura, co adaptador RJ 25 e co Display de 7 segmentos, logo de programar sinxelamente o Mbot, conseguimos medir a temperatura da auga do río.

Proxecto Ríos

O pasado 31 de Maio, visitounos o persoal do Proxecto Ríos, que nos abriu os ollos sobre a realidade natural, que a rentes do noso centro o configurou dende os seus inicios, o río Lameira, un medio como puidemos comprobar cheo de vida.

Proxecto ríos de Ceip Sequelo

A de auga

Baseado nos microclips de Mans Unidas, os alumnos de 6º realizaron este vídeo para concienciarnos no colexio da importancia do aforro dun ben escaso como é o auga.

Tecnicamente é moi mellorable, especialmente no que toca ao racord, pero dos erros tamén se aprende e máis que dos acertos, que tamén os hai, como o plano detalle que utilizan.

Os Palleiros

OS PALLEIROS E O CEIP SEQUELO

A Anpa Aidón organiza dúas visitas e paseos cos animais da protectora para os días 21 e 28 de maio.

O alumnado do centro organizará unha colecta en beneficio da protectora, esta colecta rematará o 26 de maio e será entregada pola Anpa na derradeira visita á protectora. 

 

Obradoiro de Ecopercusión 2023

Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz. 

Como podedes comprobar pasárono xenial,  ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"; tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo. 

Caixas- niño e comedeiros, incendios, coidado dos montes...

Onte tivemos a sorte de que unha mamá técnico-forestal, viñese ao noso colexio para colocar dúas caixas-niño nas árbores que rodean o centro. Ademais tamén nos concienciou do coidado dos montes e dos pasos que debemos seguir se provocamos ou vemos un incendio. Recordounos que hai cámaras nos montes, lixo...

Previamente, os nenos/as de Infantil. fixeron uns comedeiros con laranxas. Esperemos que aniñen os paxariños!

Moitas grazas pola visita, aprendemos moito, seguiremos facendo mais comedeiros e coidaremos o monte.

 

Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023

Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".

Rematamos con festa no colexio e degustación de lambetadas típicas de Entroido, aportadas polas familias.


Obradoiro de filloas. Entroido 2023

Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos  protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!". 

A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.

 
 
E como seguro que moitos de vos non lembrades como e cando chegou a ser a filloa "Raiña do noso Entroido" no CEIP Sequelo; foi ocorrencia dalgúns mestres no Entroido do 2004. 
Como presentación tivo esta modesta pegatina.
 

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.