blogue deBelen
INSCRICIÓN PLAN MADRUGA, COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Enviado por Belen o Xov, 05/09/2024 - 10:55SEMENTAR SEMENTAREMOS!
Enviado por Belen o Dom, 26/11/2017 - 20:01O noso de proxecto intenta levar adiante a idea de que nun anaco de terra podemos ensinar e experimentar os ciclos biolóxicos máis importantes como poden ser os das plantas, materia, enerxía... coas técnicas de cultivo tradicionais. Este recurso pedagóxico mesmo pode ir máis alá dunhas experiencias prácticas para afondar en contidos teóricos de diversas materias, para realizar unha verdadeira educación ambiental.
Xa están as hortas esperando por nós, consideramos que son un recurso moi valioso para a educación ambiental, así como un contexto axeitado para a adquisición de condutas respectuosas co medio.
Ao longo desta semana comezaremos a traballar nel. Por qué a agricultura tradicional?, porque é o modelo que imos empregar para o desenvolvemento do noso proxecto, non só por cuestións de saúde ou respecto ao medio, senón porque, por riba de todo, trátase de cultura orientada cara a un progreso sostible que respecta a natureza.
Imos comezar cunha enquisa para ver canto sabedes . Pincha no enlace e adiante!
ÁNIMO, RAPACIÑOS/AS!!
CALENDARIO DA FROITA
Enviado por Belen o Ven, 17/11/2017 - 11:281ª SEMANA (DO 6 AO 10 DE NOVEMBRO):
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
MANDARINA | MAZÁ | LARANXA | PLÁTANO | CASTAÑAS |
2ª SEMANA (DO 20 AO 26 DE NOVEMBRO):
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
MANDARINA | MAZÁ | PLÁTANO | PERA |
MANDARINA |
3ª e 4ª semanas serán no mes de marzo.
Mentras esperamos que os nenos/as traian froita ao recreo, xa que é a merenda mais saudable e necesaria que temos para manternos sans e fortes e así poder rendir no colexio e nas actividades extraescolares.
ENCONTROS DEPORTIVOS INTERCENTROS
Enviado por Belen o Ven, 17/11/2017 - 11:241º- NO CEIP CARBALLAL: DO 15 AO 20 DE XANEIRO DE 2018. PARTICIPAN OS DE 5º CURSO.
2º- NO CEP SEQUELO: DO 26 DE FEBREIRO AO 2 DE MARZO DE 2018. PARTICIPAN OS DE 6º CURSO.
3º- NO CEIP SEIXO: DO 7 AO 11 DE MAIO DE 2018. PARTICIPAN OS DE 4º CURSO.
Menú comedor setembro
Enviado por Belen o Lun, 09/09/2024 - 22:09
A ANPA AIDÓN DÉIXANOS O MENÚ DO MES DE SETEMBRO:
https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:67ae5874-d989-43bc-b520-5462f7eea29b
REUNIÓN FAMILIAS INICIO CURSO 2024-2025
Enviado por Belen o Mér, 04/09/2024 - 11:20
E. Infantil |
HORA |
CURSO |
Luns 9 de setembro |
12:30 |
4º curso (3 anos) |
|
13:00 |
5º curso (4 anos) |
|
13:30 |
6º curso (5 anos) |
E. Primaria |
HORA |
CURSO |
Martes 17 de setembro |
16:00 |
2º |
17:00 |
1º |
|
18:00 |
3º |
|
Martes 24 de setembro |
16:00 |
5º 4º |
17:00 |
6º |
Comedor escolar
Enviado por Belen o Mér, 10/07/2024 - 15:10Familias:
Deixamos a enquisa para anotarse ao comedor escolar e mais información no arquivo adxunto.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc4upFsbV0MxS8lbvYdRdiCzjHGJVapfhkdsWejXtZreW6BmQ/viewform
(ANPA AIDÓN)
Actividades Extraescolares curso 2024-2025
Enviado por Belen o Mér, 10/07/2024 - 15:08Familias:
Deixamos a enquisa para apuntarse ás actividades extraescolares e no arquivo adxunto mais información.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScJNVqhmQrty7eyIiPhiuhsWPLUoEvY8CEnZRWHylKJEaBIuA/viewform
(ANPA AIDÓN)
Baile fin de curso
Enviado por Belen o Mar, 02/07/2024 - 15:41Moi boas e merecidas vacacións a todos e todas!
Deixo o enlace para que poidades bailar e cantar a canción que practicamos durante o curso, o vídeo elaborado polo mestre José Antonio, grabado por algúns alumnos de 5º curso e pola Teacher.
https://www.youtube.com/watch?v=EVOWZXh-z-k
Moitas grazas a todos e todas pola colaboración.
HORARIO SECRETARÍA XULLO
Enviado por Belen o Mar, 02/07/2024 - 13:14HORARIO SECRETARÍA XULLO (DO 1/07 AO 15/07)
DE 10:00 A 13:00 HORAS
Prazos Fondo Libros e material escolar- Entrega de vales
Enviado por Belen o Sáb, 22/06/2024 - 09:18Prazos estimados para o procedemento de participación no fondo solidario
de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material
escolar
VENRES 21/06: ÚLTIMO DÍA PARA ENTREGAR
SOLICITUDES
MARTES 25/06: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS
DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
26/06 E 27/06: RECLAMACIÓNS
28/06: LISTAXE DEFINITIVA
1/07 AO 12/07: ENTREGA DE VALES (DE 10:00 a 12:00
HORAS)
2/09 AO 6/09: ENTREGA DE VALES (DE 9:00 a 10:00
HORAS)
-
OS LIBROS DE TEXTO ENTREGARAOS O TITOR/A A
-
PRIMEIRA SEMANA LECTIVA
MATRÍCULA CURSO 2024-2025
Enviado por Belen o Ven, 21/06/2024 - 08:30DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
1- FORMULARIO QUE SE ENTREGA NA SECRETARÍA.
2- FOTOCOPIA DNI ALUMNO/A, PAI, NAI OU TITORES LEGAIS.
3- FOTOCOPIA TARXETA SANITARIA.
4- 4 FOTOGRAFÍAS TIPO DNI.
DATA DE PRESENTACIÓN: DENDE O DÍA 20 ATA O 30 DE XUÑO.
CUMPRIR HORARIO DE SECRETARÍA.
Xornada de iniciación ao remo
Enviado por Belen o Mar, 04/06/2024 - 22:55A semana pasada, tivemos a oportunidade de coñecer a dúas grandes deportistas do club de remo da ría de Marín.
Explicáronnos brevemente a teoría e despois fixemos unha práctica no remoergómetro aplicando a técnica correcta.
Fondo Solidario Libros de Texto e Axudas para adquirir Libros de Texto e Material Escolar
Enviado por Belen o Mar, 21/05/2024 - 10:08Dende hoxe ata o 20 de xuño poden solicitar as axudas de libro de texto e material escolar.
No arquivo adxunto poden descargar a solicitude e presentala presencialmente no centro ou na web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
O horario de secretaría para entregar a solicitude é de luns a venres 9:00 a 9:45 de luns a venres e de 13:05 a 14:00 de martes a venres.
Se algunha familia precisa outro horario que contacten co correo do centro.
Listaxe provisional admitidos curso 2024-2025
Enviado por Belen o Ven, 26/04/2024 - 12:29As solicitudes de admisión presentadas no noso centro para Educación Primaria están todas admitidas.
As solicitudes de admisión presentadas para Educación Infantil hai que consultalas no taboleiro.
Poden ver as listaxes no taboleiro da secretaría do centro cumprindo o seu horario (de luns a venres de 9:00 a 9:55 horas e de martes a venres de 13:10 a 14:00 horas).
7 de ABRIL- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Enviado por Belen o Ven, 12/04/2024 - 15:28ESTE ANO O LEMA DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE É: "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO", coa finalidade de defender o dereito da poboación a ter acceso a servizos de saúde, educación e información, así como a auga potable, aire limpo, boa nutrición, vivenda, condicións ambientais e de traballo decentes.
No noso colexio, grazas á Anpa, tivemos a oportunidade de que Antonio Casal (Aula de Saúde do Club Baloncesto Peixefresco Marín) viñese a dar dous talleres (un para nenos/as e outro para mestres/as e familias) relacionados cos Primeiros Auxilios, centrándonos mais no RCP.
Aprendemos moitísimo e sobre todo, quedamos coa frase de "a peor RCP é a que non se fai".
Moitas grazas, Toño e Anpa Aidón por esta formación tan necesaria.
Orientación deportiva- Illa das Esculturas
Enviado por Belen o Mér, 03/04/2024 - 16:40A continuación, deixo unha breve presentación da xornada de orientación deportiva do pasado martes 19 de marzo, cos alumnos e alumnas de 6º curso.
PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025
Enviado por Belen o Ven, 22/03/2024 - 10:45ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN LISTAXE DE SOLICITUDES A BAREMAR - CURSO 2024/2025
Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión, de 4º de E. Infantil, presentadas para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles (do 2 ao 15 de abril) para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes presentadas no noso centro.