Letras Galegas
CADERNO DE BITÁCORA
Enviado por josean o Ven, 04/06/2021 - 18:21Froito do Taller de Escritura que tódolos anos levamos a cabo en Sexto, este ano coa colaboración moi especial de poetas como Helena Villar Janeiro ou Antonio García Teijeiro xurde este Caderno de Bitácora que recolle moitos dos traballos dos nenos, todo aderezado con cadanseu Haiku (5-7-5)
L. GALEGAS 2021. TRUQUE MATRUQUE. "UNHA TERRA CHEA DE..."
Enviado por Anónimo o Ven, 21/05/2021 - 19:25TRUQUE MATRUQUE (Marcos Acuña) púxolle música aos contos. Ofreceunos hoxe o seu espectáculo "Unha Terra chea de..." en tres sesións, no exterior. Deste xeito rematan as actividades da Semana das Letras Galegas 2021.
Namentras un pobo cante na súa lingua esta permanecerá viva.
PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2021
Enviado por Anónimo o Ven, 14/05/2021 - 23:52Este ano o CEP Sequelo celebra o Día das Letras Galegas organizando unha serie de actividades culturais para ensalzar a figura da poeta homenaxeada, XELA ARIAS.
Dada a situación de pandemia e o protocolo existente, as principais actividades vanse levar a cabo no exterior respectando os grupos burbulla e, por suposto, uso da máscara, distancia persoal e hixiene de mans.
A bandeira e o escudo de Galicia
Enviado por Anónimo o Ven, 22/05/2020 - 09:02Ola alumnas e alumnos!
Aquí vos deixamos o resultado final de tódolos traballos sobre a bandeira e o escudo de Galicia, unha das propostas que nos deixou a profesora Inés co gallo de conmemorar o "Día das Letras Galegas".
Queremos agradecer a vosa participación! Unha forte aperta!
Caricaturas de Ricardo Carvalho Calero (III)
Enviado por Anónimo o Lun, 18/05/2020 - 22:39Caricaturas Ricardo Carvalho Calero (II)
Enviado por josean o Lun, 18/05/2020 - 22:19Os alumnos de 5º A traen moitas máis visións da personaxe, Ricardo Carvalho Calero retratado coa maestría da que só son quen os nenos e nenas do Sequelo.
Biografía de Ricardo Carvalho Calero polos nenos de 4º
Enviado por Menchi o Dom, 17/05/2020 - 21:46Os nenos de 4º estivemos coñecendo un pouco a vida e obra do autor das letras galegas do 2020 Ricardo Carvalho Calero e fixemos a biografía, caricaturas e un rap como homenaxe. Pincha nos enlaces se queres ler a biografía, ver as caricaturas, ler a letra do rap ou ver os nenos rapeando.
UNS ARTISTAS!!!
Caricaturas Ricardo Carvalho Calero (I)
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 21:20Tanto de xeito "artesanal" como ao xeito 2.0 os alumnos de 5º animáronse a deixarnos algunhas das súas recreacións da figura de Carvalho Calero, de máis mozo e de vello.
Poemas dende a casa (30): A dorna vai e ven
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 19:14Clara Lamas Seijo de 5º A, caracterizada para a ocasión, deixanos este marabilloso poema que Álvaro Cunqueiro trobou ao estilo das nosas cantigas medievais
Poemas dende a casa (29): Dramatizando a Carballo Calero
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 19:04Esperemos que non sexa verdade o título do poema de Carvalho Calero, inda que o seu significado fose moi outro. Breixo, Carlota, Laura e Alexandra logo de traballar este soneto do autor, recítanno para todos.
Poemas dende a casa (28): Dramatizando a Carballo Calero por Ángel Sorbet de 6ºB
Enviado por Anónimo o Dom, 17/05/2020 - 13:27Ángel Sorbet de 6ºB, tamén se suma á celebración do Día das Letras Galegas 2020, recitando este poema de Carballo Calero que nos enviuo hoxe mesmo. Moitas grazas Ángel.
Poemas dende a casa (27): Ferrol 1916
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 10:57Os rapaces e rapazas
de quinto A
un poema do homenaxeado
foron recitar.
Lembrando a súa infancia no Ferrol
antes da morte da súa nai...
(preme no botón de subtítulos do vídeo se non o entendes ben)
Poemas dende a casa (26): Vivir non é preciso, navegar si
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 08:39Marín inda garda recunchos de Marín, recunchos que descubren os alumnos de 5º a través da poesía de Celso Emilio Ferreiro, porque....
"Vivir non é preciso, navegar si"
Moi agradecidos ás familias, que en canto puideron saír cos rapaces, se botaron a navegar Marín.
QUEREMOS GALEGO
Enviado por Anónimo o Sáb, 16/05/2020 - 13:34A plataforma QUEREMOS GALEGO proponnos celebrar o Día das Letras Galegas amosando cartaces do debuxante Luis Davila dende os balcóns ou as fiestras. Nas ligazóns que aparecen embaixo podes descargar os cartaces para imprimilos ou pintalos.
Cartaz Luís Davila, a cor, mosaico (imprimir en 4 folios)
Cartaz Luís Davila, para pintar, mosaico (imprimir en 4 folios)
Poemas dende a casa (25): A roda do lume
Enviado por josean o Sáb, 16/05/2020 - 12:12Hai uns aniños Ángel Estévez Pazos viñera polo colexio para falarnos do Entroido Tradicional no seu San Tomé natal. Un aniño máis tarde sacara este fermoso libro do que Elva Pintos Omil, tamén con orixes familiares en San Tomé, nos deixa esta "Roda do Lume". A palabra poética sopla con máis forza no lugar onde se imaxinou.
ELENA GALLEGO. DRAGAL I: A HERDANZA DO DRAGÓN
Enviado por Anónimo o Ven, 15/05/2020 - 18:02Como ela mesma di como cabeceira de presentación, Elena Gallego é periodista en tempos de crises e domadora de dragóns en mundos literarios. A saga DRAGAL, editada en galego por Edicións Xerais de Galicia, está sendo traducida a distintas linguas e saltará moi logo ás pantallas de cine e distintos soportes multimedia. "Dragal. A herdanza do dragón", que nos presenta neste vídeo, foi o primeiro libro da serie. Foi finalista no IV Premio Fundación Caixagalicia en 2009. No 2019 vén de publicar a última entrega da serie, Dragal V. O segredo do dragón". GRACIAS, ELENA, POR CELEBRAR CON NÓS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Un agasallo para Ricardo Carballo Calero
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 09:43Dende o CEP Sequelo seguimos festexando ó polivalente Ricardo Carballo Calero ó que este ano se lle adica o "Dia das Letras Galegas".
Esta vez a nosa homenaxe aparece en forma de agasallo. A profesora Inés elaborou os recursos educativos que vos presentamos a continuación co obxectivo de que a vida e obra do autor poida chegar ó noso alumnado dun xeito doado, ameno e de calidade. Prestade moita atención ás ilustracións e mesmo podedes tentar reproducilas!
O primeiro dos agasallos é unha pequena biografía do autor que remata coa poesía "Anxo de Terra" que agocha un interesante segredo...quen será Benito Soto.
O segundo agasallo "As pitas baixo a choiva" que xa está a traballar o alumnado mais cativo do CEP Sequelo é un relato breve que narra unha anécdota do autor. Foi publicado na revista Lar en 1952.
O último dos agasallos é un repaso pola nosa simboloxía a través dun interesante titorial sobre a elaboración da bandeira e escudo de Galicia. A quen lle sairá mellor?
Pensades que a Ricardo Carballo Calero lle houbesen gustado os nosos agasallos?
Unha aperta!
"O MEU AMOR É MARIÑEIRO" pola FAMILIA ARRIBAS LÓPEZ
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 22:53Grazas á Alonso(1º) e Laura(5º) e aos seus pais Soraya e Alberto por este agasallo musical que nos ofrecen para celebrar a festa das LETRAS GALEGAS 2020.
Poemas dende a casa (23): Dramatizando a Carballo Calero por Alexandre Villanueva de 6ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 19:55Alexandre de 6ºB mándanos un pouco de información sobre Carballo Calero, rematando co recitado do poema "O trevo das catro follas".