Os maios
Os último Maio do ano: Os Maios (45)
Enviado por josean o Lun, 04/05/2020 - 22:49Aló no remoto Ponteareas, onde nunca viron nin se oíu cousa coma ela, un par de rapaces o 3 de Maio, porque disque que en Ourense é o día que saen, fixeron este bonito maio vestido con fentos, pampullos e o que puideron atopar. Maio A Fenteira.
Os maios 2020: Recompilación de actividades relacionadas cos maios.
Enviado por Anónimo o Lun, 04/05/2020 - 12:22Levántate Maio 2020 (8)
Enviado por inesduran o Lun, 04/05/2020 - 01:19MAIOS DO SEQUELO
2020
Breve resumo dos maios do Sequelo.
Grazas a todos por participar
nesta festa do 1 de maio.
Xuntos mantemos as tradicións
Coplas de Maio: Os Maios (38)
Enviado por josean o Sáb, 02/05/2020 - 21:40Un ano moi productivo, onde os nenos aprenderon a como facer coplas de maio. En pequeno grupo ou de maneira individual moitos deles fixeron coplas de moi boa calidade como estas que vedes aquí.
Coplas de Maio 2020 by Josean Pazos on Scribd
Os maios de 5º: Os Maios (37)
Enviado por josean o Sáb, 02/05/2020 - 21:24Estes son algúns dos maios que o alumnado de 5º debuxou para o Concurso tan especial que este ano sacou o Ateneo Santa Cecilia. Non puido ser presencial coma outros anos, pero os nenos esmeráronse nos seus deseños
O maio de Tino e Sara: Os maios (36)
Enviado por josean o Sáb, 02/05/2020 - 00:31Tino, o noso expresidente da ANPA e a súa filla Sariña cántannos este maio tan singular con iluminación de seu.
A embarcación Xoubiña: Os maios (35)
Enviado por josean o Sáb, 02/05/2020 - 00:22Unha das cousas máis difíciles de facer son as coplas das embarcacións, e non só facelas senón que logo se poidan cantar. E que se poden cantar inda que con poucos ensaios amósanvolo Candela Bermúdez Santiago e Irene Pazos Estévez.
O Maio Tristeiro: Os maios (34)
Enviado por josean o Sáb, 02/05/2020 - 00:10Elva Pintos Omil e Carlota Díaz Blanco fixeron este maio no que contaron coa axuda nos coros de Luz Omil, a nai de Elva, que como de pequeniña andivera nos maios sabía de que ía a cousa. E saíu así de ben.
O maio protestón: Os maios (33)
Enviado por josean o Ven, 01/05/2020 - 23:59Con todo o relax do mundo, dende a súa casa, Rubén Argibay Pidre fai un maio no que manifesta o seu cansanzo logo de tanto encerro e o seu desexo de volver ao colexio.
O Maio dos Borrombóns: Os maios (32)
Enviado por josean o Ven, 01/05/2020 - 23:54Na familia do pai de Breixo Sanjorge, xa dende un tío avó que antes da guerra andaba nos maios da Banda do Río, case se pode dicir que non hai ninguén que non fose a eles de pequeno. Na Banda do Río, no Forte ou como seu pai na rúa Caracol.
E para celebrar o día cántannos dúas coplas, unha ben antiga que fai referencia á bisavoa do neno e outra que cantaba o pai cando participara a finais dos setenta nos maios da rúa Caracol.
Música dende a casa (33): Coplas de Pedro de 4ºB
Enviado por Anónimo o Ven, 01/05/2020 - 17:30Maio dos Cativos: Os Maios (30)
Enviado por josean o Ven, 01/05/2020 - 17:14Roi Rodiño Fraguas e Breixo Sanjorge Boullosa escribiron a medias esta copla que un cantou cos toletes e o outro petando no chan ao estilo máis tradicional. Dous estilos diferentes de acompañar o maio.
Maio do Río Lameira: Os Maios (29)
Enviado por josean o Ven, 01/05/2020 - 15:04Irene Pazos Estévez é veterana no mundo dos maios e nótaselle. Ela de pequeniña xa fora aos maios de Marín cos seus compañeiros da Virxe do Carme e o que comparte segundo ela é noviño do trinque pois inda é de onte.
Levántate Maio...2020 (7)
Enviado por inesduran o Ven, 01/05/2020 - 14:25Coplas doutro maio do Sequelo
Ariadna e Diego mándannos estas coplas do seu maio caseiro 2020.
As estrofas animan a celebrar a festa aínda que sexa dende casa.
¡Está xenial! flores e cores para empezar o mes de maio.
Maio Coitado: Os Maios (28)
Enviado por josean o Ven, 01/05/2020 - 13:13Xuntáronse Laura Arribas López e Carla Vilela Fernández, e convencéndoas aos poucos foron sacando esta copla e cantando así de ben o seu Maio Coitado.
Maio dos Valentes: Os Maios (27)
Enviado por josean o Ven, 01/05/2020 - 13:10Daniel Quintana Domínguez aproveitou o que tiña para construír o seu maio dos Valentes, unha mascarilla por aquí, uns Cds por alá.....E para a estrutura? Para a estrutura á arbore de Nadal!
Música dende a casa (32): Versión do poema "O maio" promovida polo Consello da Cultura Galega.
Enviado por Anónimo o Ven, 01/05/2020 - 12:15“O maio” é un poema moi coñecido de Curros Enríquez que se insire do seu poemario “Aires da miña terra”, que cumpre no mes de xuño 140 anos da súa primeira edición. Estas peza xa forma parte do imaxinario popular grazas á versión musical que fixo Luís Emilio Batallán en 1975, á que agora sumamos estoutra proposta actualizada.
Versión de Luis Emilio Batallán
Maio Amaiado de Alexandra Santiago: Os Maios (26)
Enviado por josean o Xov, 30/04/2020 - 23:43A Alexandra o seu pai Carlos ensinoulle como cantar os maios. Enseñoulle en dúas velocidades: unha rápida e esta máis axeitada a un maio, maio. Parabéns polo esforzo e polo ben cantado.
O coronamaio de Xiana Gómez Orge: Os Maios (25)
Enviado por josean o Xov, 30/04/2020 - 23:03Xiana Gómez Orge e a súa familia cántanos este Coronamaio dende a súa casa. A Paco, o seu pai, faltalle un pouco de entrenamento pero o importante é intentalo.
Levántate Maio...2020 (6)
Enviado por inesduran o Xov, 30/04/2020 - 22:40Día 1 de Maio
Maio florido
Maio feito por Sofía de la Fuente, 6ºB
Grazas por animarte Sofía, unha coroa moi orixinal.
Non vos esquezades de entonar algunha copliña
e darlle ben aos paus.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »