Semana das Letras Galegas
Contacontos "As Chaves de Lu"
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 15:56Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz!
X Certame de Narración "Marín Conta"
Enviado por josean o Ven, 17/05/2024 - 17:10Como colexio procuramos participar, con máis ou menos sorte, en tódolos certames que as asociacións culturais locais convocan. Entre os premiados deste ano estiveron dous alumnos nosos Darío Pereira Omil e Diego Soage Piñeiro
As nosas Letras Galegas
Enviado por laurarialf o Xov, 16/05/2024 - 16:48Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.
Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.
Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Falarei e falarei
Enviado por josean o Xov, 08/06/2023 - 01:17A partir da campaña que polas letras galegas creou unha coñecida marca de leite galega, e utilizando a marca distintiva de Fernández del Riego, as súas gafas; os alumnos de 6º aproveitaron para traballar a rica fraseoloxía galega ao redor do verbo falar.
LETRAS GALEGAS-2023 TARABELOS E Mª XOSÉ LAMAS
Enviado por Anónimo o Lun, 22/05/2023 - 02:15O martes, 16 de maio, rímonos moito coa gran posta en escea de TARABELOS, teatro de monicreques. O venres, 19 de maio, pechamos a Semana das Letras Galegas co obradoiro de poesía que nos ofreceu Mª Xosé Lamas.
Celebremos o Día das Letras Galegas pero non esquezamos de coidar a nosa lingua cada día do ano. O futuro da lingua depende de nós/de vós. "¡Mil primaveras máis para a lingua galega!"
Vídeo para Fondo Animado con Formas Orgánicas y Garabatos Coloridas Azul y Rosa de Ramon Pastoriza
A TÉCNICA DO ILUSTRADOR
Enviado por Anónimo o Lun, 15/05/2023 - 11:49O pasado venres, 12 de maio, tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador Víctor Rivas. Desvelounos algún "secretiño" da súa técnica para debuxar os personaxes.
Entre sesión e sesión, asinou os libros que lle levamos algúns das nosas casas e máis os da biblioteca escolar, nomeadamente os de Ledicia Costas: "Esmeraldina, a pequena defunta", "Escarlatina, a cociñeira defunta".
E rematou esta intensa xornada concedéndolle aos alumnos de 6º unha entrevista para Radio Sequelo.
Grazas, Víctor, polo teu tempo e por facernos a lectura máis divertida. Grazas a Bea(Edit. Anaya) por patrocinar este obradoiro.
Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza
Noticiario Francisco Fernández del Riego
Enviado por josean o Dom, 14/05/2023 - 17:15
Día a día, imos aprendendo de quen leva máis tempo ca nós coa radio escolar. Gustounos moito o estilo de noticiario duns compañeiros de Mijas (Málaga) e os nenos foron quen de adaptar a estructura. Fixeron un bo traballo, que aínda sería mellor sen uns "erros de gravación" que nos obrigou a gravar a última parte dende a casa por teléfono. O resultado malia iso foi estupendo.
NOTICIARIO:
VÍCTOR RIVAS. ILUSTRADOR
Enviado por Anónimo o Mar, 09/05/2023 - 18:55Este venres, 12 de maio, encetamos a celebración das Letras Galegas 2023 coa presenza dun magnífico debuxante e ilustrador, Víctor Rivas. Ofrecerá un obradoiro en tres sesións para todos os alumnos. Recoméndase a lectura dalgún destes libros ou calquera outro no que participou. Se tendes algún deles, podedes traelo ao colexio; el estará encantado de asinárvolo.
Green Colorful Illustrated Small Act to Save Earth Poster de Ramon Pastoriza
Recursos para o Día das Letras Galegas 2023
Enviado por xose o Mér, 12/04/2023 - 10:10O SEMINARIO GALÁN pon a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas 2023, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria.
Na páxina web do Seminario Galán atopamos actividades interactivas, en formato genial.ly, sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos, video da biografía, cronoloxía, marcapáxinas, libro de lapelas, comecocos...
Este ano como novidade achegamos actividades de robótica con taboleiros, fichas, solucionario..., unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.
A REAL ACADEMIA GALEGA dedícalle a Francisco Fernández del Riego a páxina web para o público infantil Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), onde pode descargarse As cousas de don Paco, unha biografía en forma de obra teatral, para ler e representar dentro e fóra das aulas. A escritora Eva Mejuto recorre á fantasía e ao humor para presentar a figura do intelectual e do tempo que lle tocou vivir nunha fermosa e divertida proposta ilustrada por Lucía Cobo.
Primavera das Letras ofrece tamén outros recursos lúdicos e didácticos. A sección Xoga connosco conta con fichas para colorear e actividades interactivas e, un ano máis, convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.
Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción A orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.
Letras Galegas 2022. Libro conmemorativo
Enviado por Anónimo o Xov, 09/06/2022 - 00:46Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán
Enviado por Anónimo o Xov, 05/05/2022 - 16:45Deixamos esta recompilación con información relativa a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.