1º Primaria
Contacontos "As Chaves de Lu"
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 15:56Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz!
As nosas Letras Galegas
Enviado por laurarialf o Xov, 16/05/2024 - 16:48Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.
Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.
Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Apadriñamento lector
Enviado por laurarialf o Mér, 24/04/2024 - 16:17Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!
Dádelle o play para coñecer os contos!
Apípolis: Saída de 1º e Infantil
Enviado por inesduran o Mar, 19/03/2024 - 23:10Contacontos en Familia. Clase de 1º.
Enviado por inesduran o Mar, 19/03/2024 - 14:06Visita de David Rodríguez, autor de "Superavoa".
Enviado por Miguel o Dom, 10/03/2024 - 17:10Este pasado venres 8 de marzo visitou o colexio David Rodríguez, autor de "Superavoa", que fixo a delicia dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Deixámovos unha pequena mostra do que aconteceu.
Visitas en 1º polo 8 de Marzo
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 14:54Patio novo en infantil
Enviado por laurarialf o Ven, 16/02/2024 - 20:15Despois de pasar uns días gozando do entroido, chegamos ao cole e atopámonos cunha sorpresa...temos patio novo de infantil!
Levábamos unhas semanas desexando que estivese acabado para ver o resultado e a espera mereceu a pena!
Hoxe por fin o tempo nos deu unha tregua para poder desfrutar del!
Deixámosvos unhas fotiños para que vexades a sorte que temos deste novo cambio e o chulo que quedou.
Que ben senta o verde!
Concurso de disfraces
Enviado por laurarialf o Ven, 09/02/2024 - 00:18Hoxe trouxemos as nosas mellores galas para participar no concurso de disfraces! De unha en unha pasamos pola alfombra vermella para lucir o noso disfraz ante todo o colexio e algúns ata o acompañaron dunhas moi boas interpretacións!
Aquí vos deixamos o vídeo do desfile e outro con algunhas fotos que realizamos ao longo do concurso. Non puidemos ter mellor presentadora...A teacher María!
O xurado, composto por:
- Dani (compañeiro de 6º)
- Montse (mestra de música)
- María (presidenta da ANPA)
- Laura (mestra de Audición e Linguaxe)
- Sabela (compañeira de 6º)
Non o tiveron nada fácil para elixir aos gañadores e gañadoras
Agora...toca esperar ata mañá para coñecer quen son!
A Paz no CEIP Sequelo
Enviado por laurarialf o Dom, 04/02/2024 - 17:13Esta semana celebramos o día da paz representando o noso río Lameira nun mural que enchemos con barcos, paxaros e peixes con mensaxes de paz. Tamén cantamos varias canción: “It’s time to change” de Juanes e “Help!” dos The Beatles coa Teacher María e “Que canten los niños” de José Luis Perales coa profe Montse.
Aquí tendes as magníficas actuacións e algunhas imaxes do mural!
O NOSO COLE!
Enviado por laurarialf o Mar, 23/01/2024 - 16:29Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!
Vinde a aprender con nós!
Intercambio de postais
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 16:03Este ano os nenos e nenas de Infantil e Primeiro de Primaria elaboraron unhas postais moi chulas para felicitar o Nadal aos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil O Grupo. A súa vez os alumnos e alumnas de 3º e 4º comezaron un intercambio de postais cos nenos e nenas de 3º do CEIP Plurilingüe do Carballal. Escribíronlle mensaxes tanto en Galego como en Inglés.
Elaboralas foi moi divertido, pero recibir unha postal de parte dos outros nenos e nenas fíxonos moita ilusión!
Nadal no Sequelo
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 15:47Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.
Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!
Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e vexades como movemos o esqueleto.
Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!
Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!
Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!
Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión!
BO NADAL!
O sequelo cociña...edición Outono
Enviado por laurarialf o Mar, 12/12/2023 - 18:15
Esta vez os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria traénnos unhas receitas do outono con moi boa pinta. Animádesvos a probalas na casa?
Moitas grazas familias!
Contacontos "A trastenda dos contos"
Enviado por laurarialf o Lun, 04/12/2023 - 13:45O pasado 28 de novembro tivemos “A trastenda dos contos”, un contacontos sobre o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller da man do CIM (Centro de Información á Muller) de Marín.
A actividade foi destinada para o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
Que momento máis divertido pasamos!
O AMOR É O MELLOR (1ºEP)
Enviado por laurarialf o Dom, 26/11/2023 - 22:33Os nenos e nenas de 1º de EP puxéronse mans á obra para elaborar un conto para conmemorar o 25 de Novembro-Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Aquí vos deixamos a historia feita e contada por eles e elas! Ademais, se queredes ver o conto, tamén podedes dar un paseo pola beira do río lameira.
Agardamos que vos guste!
Campaña de Saúde Bucodental
Enviado por inesduran o Ven, 24/11/2023 - 11:52PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES DENTAIS
A través dunha charla dialogada co alumnado de 1º e 5º as profesionais de odontoloxía do centro de saúde de MARÍN axudan á prevención de enfermidades bucodentais á infancia.