Poemas dende a casa
21 MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA "Versos compartidos"
Enviado por Anónimo o Mér, 17/03/2021 - 22:30A UNESCO, no ano 1999 decidiu declarar o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía. Buscábase apoiar a diversidade lingüística e promover a ensinanza da poesía, a tradición oral dos recitais poéticos e darlle visibilidade á poesía como arte de expresión.
No CEP SEQUELO queremos celebralo o vindeiro luns, 22 de marzo mediante a actividade "Versos compartidos"
En cada clase trabállanse un ou dous poemas. Os nenos "maiores" son os padriños lectores dos máis pequenos. Na hora de ler intercambiamos recitados de poemas, gardando, por suposto, as normas do protocolo Covid-19.
No seguinte mural Padlet poremos unha mostra do que imos facer pero está aberto á participación de todos e todas. Dende a casa, dende onde queirades podedes subir as vosas gravacións, vídeos, fotos, textos de poemas propios ou de autor recoñecido. Só tendes que pinchar no + e subir o voso arquivo. Anímate!
Recompilación de poemas dende a casa
Enviado por Anónimo o Xov, 18/06/2020 - 16:36Romancillo de Maio: Poemas dende a casa (34)
Enviado por josean o Mar, 16/06/2020 - 17:28Xa hai un tempo que chegou Maio a nós, e coma nós, celebran a súa chegada en toda a Península Ibérica, cada quen ao seu xeito. O poeta Miguel Hernández coñecía de primeira man a tradición en Castela-A Mancha, pois el traballara de pastor en pleno contacto coa natureza e así neste Romacillo de Mayo retrata o que son os Maios da Mancha.
O fondo musical son os Maios de Albarracín en Teruel
Caminante no hay camino: Poemas dende a casa (33)
Enviado por josean o Mar, 16/06/2020 - 17:16Martín e Irene recrearon este curto e coñecido poema de Antonio Machado que é en si mesmo unha gran lección de vida. O camiño faise andando e o que queda detrás son ronseis que duran o que dura o paso do barco.
El Monte y el Rio: Poemas dende a casa (32)
Enviado por josean o Ven, 12/06/2020 - 23:47Xa o traballaramos no cole e só foi preciso que Dani Quintana lembrase este precioso poema de Pablo Neruda. Ven comigo ao reino da poesía. Pablo Neruda invitate a entrar.
Dez: Poemas dende a Casa (31)
Enviado por josean o Mér, 10/06/2020 - 19:08A nova poesía galega, representada neste poema de María Lado, que recitan Roberto Armada e Xoel Sequeiros. O poema que leva por subtítulo (con lualdao) atopase no "Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006)"
Poemas dende a casa (30): A dorna vai e ven
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 19:14Clara Lamas Seijo de 5º A, caracterizada para a ocasión, deixanos este marabilloso poema que Álvaro Cunqueiro trobou ao estilo das nosas cantigas medievais
Poemas dende a casa (29): Dramatizando a Carballo Calero
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 19:04Esperemos que non sexa verdade o título do poema de Carvalho Calero, inda que o seu significado fose moi outro. Breixo, Carlota, Laura e Alexandra logo de traballar este soneto do autor, recítanno para todos.
Poemas dende a casa (28): Dramatizando a Carballo Calero por Ángel Sorbet de 6ºB
Enviado por Anónimo o Dom, 17/05/2020 - 13:27Ángel Sorbet de 6ºB, tamén se suma á celebración do Día das Letras Galegas 2020, recitando este poema de Carballo Calero que nos enviuo hoxe mesmo. Moitas grazas Ángel.
Poemas dende a casa (27): Ferrol 1916
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 10:57Os rapaces e rapazas
de quinto A
un poema do homenaxeado
foron recitar.
Lembrando a súa infancia no Ferrol
antes da morte da súa nai...
(preme no botón de subtítulos do vídeo se non o entendes ben)
Poemas dende a casa (26): Vivir non é preciso, navegar si
Enviado por josean o Dom, 17/05/2020 - 08:39Marín inda garda recunchos de Marín, recunchos que descubren os alumnos de 5º a través da poesía de Celso Emilio Ferreiro, porque....
"Vivir non é preciso, navegar si"
Moi agradecidos ás familias, que en canto puideron saír cos rapaces, se botaron a navegar Marín.
Poemas dende a casa (25): A roda do lume
Enviado por josean o Sáb, 16/05/2020 - 12:12Hai uns aniños Ángel Estévez Pazos viñera polo colexio para falarnos do Entroido Tradicional no seu San Tomé natal. Un aniño máis tarde sacara este fermoso libro do que Elva Pintos Omil, tamén con orixes familiares en San Tomé, nos deixa esta "Roda do Lume". A palabra poética sopla con máis forza no lugar onde se imaxinou.
Poemas dende a casa (23): Dramatizando a Carballo Calero por Alexandre Villanueva de 6ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 19:55Alexandre de 6ºB mándanos un pouco de información sobre Carballo Calero, rematando co recitado do poema "O trevo das catro follas".
Poemas dende a casa (22): Dramatizando a Carballo Calero por Yago Núñez de 6ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 19:46Yago Núñez de 6ºB animouse a recitar este poema de Carballo Calero titulado "O trevo das catro follas". Moitas grazas pola túa participación.
“Dramatizando a Ricardo Carballo Calero”
Enviado por Anónimo o Ven, 08/05/2020 - 13:44Dende a sección poemas dende a casa convidámosvos a que nos recitedes algún poema de Ricardo Carballo Calero. Votádelle imaxinación, podedes buscar toda clase de complementos e escenarios que nos axuden a comprender a súa obra.
Aquí vos deixamos algúns dos poemas mais famosos do autor:
Os vídeos deben durar menos de un minuto, é importante que respectedes o tempo.
Poemas dende a casa (20): O ciempiés futbolista de Gloria Fuertes
Enviado por josean o Lun, 04/05/2020 - 23:19Daniel Quintana escolleu este poema da autora Gloria Fuertes para recitárnolo a todos ben acochadiño no sofá da casa.
Poemas dende a casa (17): Tristes armas de Miguel Hernández
Enviado por josean o Dom, 03/05/2020 - 20:59Breixo Vidal, Xoel Sequeiros, Martin Barreiro e Rubén Argibay traennos con estas Tristes Guerras a un dos poetas máis grandes da Literatura peninsular, Miguel Hernandez.
Poemas dende a casa (16): Nocturno de Rafael Alberti
Enviado por josean o Dom, 03/05/2020 - 19:27Roi Rodiño - Elva Pintos - Carlota Díaz - Breixo Sanjorge conxugáronse para recitar este poema cheo de encadeamentos de Rafael Alberti.
Poemas dende a casa (15): As señoras Cousas
Enviado por josean o Lun, 20/04/2020 - 15:48Sara, Laura, Breixo Vidal, Breixo Sanjorge, Irene, Candela, Alexandre, Sara, Martin, Dani, Roberto, Roi e poderíamos seguir así ata 17, leron o libro de poemas "As señoras Cousas de Helena Villar Janeiro", autora que tivo a amabilidade de mandarnos na súa voz algún dos seus poemas e logo aprenderon un. Dende as súas casas, fóra os que teñen sorte de poder e dentro os máis afortunados, recítannos cadanseu poema. Grazas HELENA, grazas RAPACES.