Novas
Solicitudes de admisión curso 2023-2024
Enviado por Belen o Mar, 25/04/2023 - 09:48Estimadas familias:
As solicitudes de admisión para este centro están todas admitidas. (Poden ver as listas no taboleiro da secretaría do centro)
O prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño adxuntando a seguinte documentación: formulario de matrícula, fotocopia do DNI dos proxenitores, do alumno/a, fotocopia da tarxeta sanitaria e 4 fotografías tipo DNI.
O horario para entregar dita documentación será de luns a venres de 9:00 a 9:50. Se precisan vir noutro horario chamen ao centro para concertar unha cita.
Poden recoller os formularios no centro ou cubrilos a través da web admisionalumnado.
Moitas grazas.
Xadrez no CEIP Sequelo
Enviado por xose o Mér, 15/03/2023 - 20:28Todas as tardes dos mércores xuntámonos para aprender a xogar ao fascinante xogo do xadrez na biblioteca do CEIP Sequelo. Esta actividade está organizada pola ANPA do colexio, e neste curso está sendo todo un éxito pola cantidade de alumnado que participa, desde 1º a 6º cursos de primaria.
Ánimo e a seguir xogando!!
Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción.
Enviado por Ruth o Lun, 13/03/2023 - 12:42Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.
Achegamos a orde que regula dito procedemento e os modelos de reclamación que se aconsella empregar.
Hoxe tocou simulacro de incendio
Enviado por Ruth o Xov, 02/03/2023 - 14:14Hoxe tivemos un simulacro de incendio. Desta vez todos e todas sabiamos cando ía sonar a alarma porque se trataba dunha práctica.
Xuntámonos todos no punto de encontro, que é a pista de baloncesto. Fixémolo moi ben!!
Admisión do novo alumnado para o curso 2023/2024
Enviado por Belen o Ven, 24/02/2023 - 13:50ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24
SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
-
O prazo para presentar a solicitude de admisión para o novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.
-
As solicitudes poderánse presentar presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
-
O impresos de solicitude pódense coller no colexio de 9:15 horas a 14:00 horas.
-
Tamén poden descargar a solicitude de admisión ED550B no enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
-
Para calquera dúbida poden enviar un correo ao noso centro (ceip.sequelo.marin@edu.xunta.gal) ou chamar ao teléfono 886151325.
PRAZAS VACANTES CEIP SEQUELO-MARÍN
-
CURSO
PRAZAS VACANTES
INFANTIL
23
1º E. P.
11 (3 reservadas para alumnado NEAE)
2º E. P.
7
3º E. P.
10
4º E. P.
5
5º E. P.
3
6º E. P.
7
Normativa que regula o proceso de admisión:
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Solicitudes de reserva de matrícula
Enviado por Belen o Xov, 16/02/2023 - 10:35Estimadas familias:
As reservas de matrícula que presentaron para este centro foron todas admitidas.
Mais adiante publicaremos as datas para a matrícula (xuño).
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por Ruth o Dom, 29/01/2023 - 21:16Este martes estaremos agardando para podervos ensinar o noso centro. Animádevos!!
INFANTIL: Brincando no Sequelo
Enviado por josean o Mar, 24/01/2023 - 21:33Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!
Reserva de praza nos centros adscritos para o curso 2023-2024
Enviado por Belen o Mar, 10/01/2023 - 19:09SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS
O alumnado de 6º curso de primaria pode solicitar a reserva de praza para o seu centro adscrito, que é o IES Illa de Tambo.
Asimesmo, o alumnado de 6º curso de Educación Infantil da EEI O Grupo pode solicitar a reserva de praza para o CEIP Sequelo.
O PRAZO É DO 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO DE 2023.
Para presentar unha solicitude deberán seguir algunha das opcións descritas no seguinte enlace:
Solicitude de reserva de praza para centros adscritos
LEXISLACIÓN APLICADA:
Campaña de recollida de alimentos
Enviado por Ruth o Ven, 16/12/2022 - 13:07Campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello de Marín en favor das seguintes organizacións:
COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA e AMENAC
Agradecemos as aportacións, que de forma voluntaria, se poidan facer. A recollida será o luns 19 (de 09:00 a 14:00) e o martes 20 (de 09:00 a 09:55).
Graciñas
Vale material escolar- ampliación
Enviado por Belen o Mar, 18/10/2022 - 18:50A partires de mañá poderán recoller o vale de material escolar- ampliación na Secretaría do centro, en horario de 9:00 a 9:50 horas, de luns a venres.
Recordamos que só levará o vale o pai, nai ou titor/a legal ensinando o seu DNI. Tamén poden autorizar a outra persoa que traerá a autorización escrita xunto coa copia do DNI do pai, nai ou titor/a legal do alumno/a.
O prazo para recoller o cheque remata o 25 de novembro.
Aviso do Centro
Enviado por Belen o Mar, 05/07/2022 - 14:06O luns 11, martes 12 e venres 15 o centro permanecerá pechado por formación do novo equipo directivo, en Santiago de Compostela.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden escribir ao seguinte email: cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Desculpen as molestias.
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por Merchi o Ven, 17/06/2022 - 13:51No arquivo adxunto está a relación de libros de texto para o próximo curso 2022-2023.
Rehabilitación integral do CEP Sequelo
Enviado por xose o Mar, 31/05/2022 - 09:20Estas obras teñen un investimento de 824.206 euros, e permitirán acadar un aforro enerxético do 75%.
Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso 2022-2023
Enviado por xose o Xov, 26/05/2022 - 09:45O Ministerio de Educación convoca Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.
O prazo para solicitar a bolsa vai desde o día 19 de maio ao día 30 de setembro (venres).
Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:
E máis detallado no enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731
A web CEIP Sequelo no teu teléfono móbil
Enviado por xose o Lun, 23/05/2022 - 13:00Animamos a todas as familias a seguir dende o seu teléfono móbil as noticias que se van publicando na web de CEIP Sequelo.
O procedemento a seguir consiste en instalar no móbil unha aplicación como RSS READER, descargándoa de Play Store e configurala como se indica no vídeo seguinte.
Modificacións Concreción Curricular Curso 2021-2022
Enviado por Merchi o Ven, 20/05/2022 - 14:43Conforme a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, modifícase a concreción curricular.
Esta modificación está dispoñible no arquivo adxunto.
