Festividades

Festas do alumnado

Actividades de Nadal 2021

Aínda que non puido ser un final de trimestre como tiñamos por costume facer ao chegar estas datas, si que puidemos facer unha despedida por todo o alto grazas á colaboración da ANPA AIDÓN, ao Concello de Marín e a todo o profesorado do centro.

Deixamos nestes vídeos un pequeno resumo das actividades realizadas; e aproveitamos para desexarlle unhas Boas Festas e un Próspero Ano 2022 a toda a comunidade escolar.

Vídeo 1: Visita de Papá Noel, Mago Paco, chocolatada, entrega de premios do "Concurso de Adornos de Nadal".

 Vídeo 2: O coro da profe Dona Inés alegrounos a mañá cantando estas panxoliñas.

 Vídeo 3: Entrega dos premios do "Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"

Na Residencia de Maiores por Nadal

SOLIDARIEDADE 

Neste mes de Nadal 2018

Visitamos aos Maiores da Residencia de Marín.

Cantamos unhas panxoliñas tradicionais que algún

acompañou ao o noso compás.

Seres mitolóxicos dos ríos galegos

Dentro do Proxecto Transversal que este ano estamos traballando no colexio centrado nos ríos e máis concretamente no que pasa a rentes do noso centro, o Lameira; os alumnos de 5º B elaboraron está marabillosa Guía dos "Seres Mitolóxicos dos ríos galegos"

 

Rap para o día da paz

Pedironnos un manifesto para o día da paz, fixemos parte deste texto a nivel gran grupo, fixemoslle, unha, duas , tres, catro, cinco, seis, sete... ata quince melloras. En pequeno grupo os rapaces de 6º fixeron oito estrofas mais (a dúas cada grupo), volvéronse mellorar, ata que non tivemos máis tempo, de xeito que os rapaces se afagan a refacer constantemente os seus textos ata tentar facelos o mellor posible e a que un texto inda terminado non esta perfecto nunca. Se o está malo.
Logo largamos o aparello na rede, e nunha lanzada collimos esta base rítmica de rap, oírona unhas cantas veces e como o rapearon!! Aixa e Carmela, Nacho e Pedro, e sobre todo Hamza e Gabi.
 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como centro educativo engádimonos á iniciativa do Concello contra a Violencia de Xénero e pola Igualdade labor que non centramos nun día, que para os colexios é cousa dos 365 días do ano.

AS SUPERSTICIÓNS

No primeiro ciclo desenrolaron un interesante traballo sobre as supersticións e moitos nenos trouxeron das súas casas curiosos costumes moi nosos que logo as foron botar no saco do "Home do Saco"

 

 


FESTIVAL DE FIN DE CURSO (II)

Sen dúbida algunha a canción do 2013 polo menos para os rapaces. Aquí tedes a coreografía de 5º B

A festa do Entroido no C.E.P. Sequelo 2.012

Aquí tedes un anaco da festa que realizamos un ano máis no colexio, coa participación de toda a comunidade escolar ademais do grupo de fiolleiras que xa son coma se fosen parte do colexio. Non vale rir, haber se sodes capaces???? (Un truco, se facedes click dentro da imaxe podedes ver moitas máis)

ENTROIDO 2012

No "Sambódromo" do Sequelo houbo de todo un pouco; música, disfraces, paparotas (sería imposible enumeralas todas), pero houbo sobre todo moita diversión, na compaña de pais, avós e demais membros da Comunidade Escolar do Sequelo que  quixeron compartir con nós unha tarde de Entroido. E alí preto de Río (non o de Xaneiro) inda que río tamén cho é, cantamos e bailamos e como vós dicíades pasámolo moi.... pero que moi ben!!!!

Festival de Nadal

Se estás intrigado e queres ver máis imaxes deste día do Festival no colexio, fai click enriba da foto do Belén!!!!

DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2012

Non eramos un millón de amigos os que nos xuntamos no patio do Colexio pero nos nosos corazóns e polo balbordo que faciamos, ben o semellaba, os que lembramos por un día non esquecer a importancia da paz no mundo.

EU QUERO APENAS

Co gallo do día da Paz eliximos para este ano esta fermosa canción do músico brasileiro Roberto Carlos, que cunha mínima adaptación á nosa lingua cantaremos para festexar a Paz, no día en que o Mahatma Ghandi foi asasinado.

 

Instrumentos tradicionais do Nadal

 

Os rapaces quedaron coa boca aberta cando moitos deles viron por primeira vez i en exclusivo directo unha zambomba, e miuda ela...E xa non vos digo nada cando a oíron sonar dans mans expertas da profe MariMar. Xa vedes que no noso colexio o Nadal vai ao grande, nenos, mestres e pais; todos participaron activamente nestas festas

 

Radio Sequelo. 1ª Emisión. Nadal 2011.

 

Con esta panxoliña de 2ºA , presentada por Joaquín de 6ºB ao que se engadiron os seus compañeiros e compañeiras de curso para felicitarnos o Nadal, inauguramos a radio do CEP Sequelo. Espero que vos guste a todos. Feliz Nadal!


1:11 minutes (1.09 MB)

NADAL 2011 CEP SEQUELO

E se primeiro foi a programación cultural do Concello de Pontevedra, logo o do noso pobo, desta vez toca o do noso colexio e neste pequeno programa de man, con postal de Nadal engadida coa que queremos felicitar ás familias de todos os que compoñemos a Comunidade escolar do CEP Sequelo, detallamos as actividades que imos realizar nestes días

Vive o Nadal coa túa xente

En canto nos fixemos cun pdf das actividades que o Concello de Marín ten programadas para estas festas do Nadal xa vedes que non tardamos nada en poñelo á vosa disposición.

LECER NO NADAL

Se algún ten a oportunidade de achegarse a Pontevedra nas vindeiras festas de Nadal cos nenos estas son as actividades co Concello ten programadas. Pra poder velo fai dobre click enriba do folleto e move o zoom ata que teña a medida axeitada

En canto teñamos a de Marín tamén vola poremos no blogue

Samaín no Sequelo 2011.

O que canta o Samaín espanta

Os compañeiros do Ceip Mestre Goldar xa fai tempo fixeron esta adaptación ao video do tema de Mamá Cabra "Samaín"

E para espantar o medo que mellor que cantar.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.