Música

Xogando, cantando e tocando en infantil

O alumnado de infantil cantando e tocando todos xuntos na clase de música.

Bo traballo nenos e nenas!!! 

Obradoiro de Ecopercusión 2023

Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz. 

Como podedes comprobar pasárono xenial,  ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"; tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo. 

Conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

Así conmemoramos todos xuntos esta data.

Facendo unha simbólica porta violeta con vista a un prado verde, e cantando a canción "A porta Violeta" de Rozalén e Tanxugueiras en galego, castelá, inglés e con linguaxe de signos.

 

Inventos que cambian a música

Formando parte do PDI "Inventos que cambian o mundo", na clase de música en sexto curso, investigamos sobre os "Inventos que cambian a música". Aquí vos queda unha presentación recopilando todo o traballado.

 

Día do Libro 2022. "Escoitando coa imaxinación". Emocióna-T coas nosas historias.

Aquí deixamos as historias que creastes conxugando música con imaxinación e emocións.

Emocióna-T. Reláxa-T. Móve-T coa música

Na clase de música estivemos traballando a relaxación como actividade do proxecto Emocióna-T. 

Emocióna-T coa música de Mercedes González

Obradoiros de "Ecopercussión" e "Novas Tecnoloxías na Música"

O pasado día trinta o alumnado de 5º e 6º participou en dous obradoiros musicais dirixidos polo profesor Didier Díaz. "Ecopercussión" para 5º, e "Novas Tecnoloxías na Música" para 6º.

Neste vídeo tendes unha pequena mostra de como se desenvolveron.  

Taller de ecopercusión

Xa que este ano non podemos ter a clase de música na nosa aula, e as clases de música son dun xeito moi distinto a anos anteriores; os días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 5º e 6º participou nun taller de ecopercusión (percusión con materiais de reciclaxe), ao aire libre e con todas as medidas de seguridade a cargo do profesor de percusión Didier Díaz. 

Parece ser que fixeron un pouco de ruído, pero despois dos primeiros compases de ensaio soaban estupendamente e foron a envexa de todo o colexio.

Aquí vos queda unha pequena mostra de como se desenvolveu a actividade.

Recompilación "Xogos populares con música"

A quí vos deixamos a recompilación da actividade conxunta que vos propuxemos de Educación Física e Música "Xogos populares con música".
Moitas grazas por todas as aportacións. Continuaremos o curso que ven.
 

Silla de la reina (Música - Ed. Física)

entrevista do sábado vai a cargo dun compi de 5ºA, que nos trae un xogo no que podemos participar todos e todas, sendo posible xogar a calquera idade, só teremos que modificar un pouco os papeis que desenvolvemos...

 

Seguro que moitos e moitas de vos xa o coñeciades, pero teño un vídeo con unha canción que varía un pouco da enviada por José Manuel.

 

Desfrutade moito da fin de semana!!!!

 

#euficonacasa

 

#euquedonacasa

 

Xogo coas mans (Música - Ed. Física)

Na entrada de hoxe Hugo tráenos a entrevista que lle fixo a súa avoa, coñecedes este xogo?

Hugo móstranos tres versións do mesmo xogo. Esperámos que vos gustaran.

 

 

Encontramos este vídeo en youtube onde podemos ver un exemplo de como se xoga, pero seguro que vos coñecedes outra variante, eu lembro de sentarme no colo de miña avoa para que me contara a historia dos dedos e do ovo.

 

Xa estamos a rematar a semana!!! Desfrutade moito do que queda dela!!!

 

#euficonacasa

 

#euquedonacasa

Pase Misí - Don Perico (Música - Ed. Física)

Hoxe comparten entrada!!
SergioMario (PASE MISÍ, PASE MISÁ) e Inara (PASA PERICO).
ous xogos que se diferencian no nome e na canción pero que teñen moito en común.
 
Eu coñecía o “Pase Misí” 
Pero encontrei un vídeo de “Pasa Perico”.
 

Esperamos que esteades a aprender moitos xogos novos e que nos enviedes moitas máis entrevistas!
 
Desfrutade moito da tarde!!!!!
 
Sede responsables.
 
#euficonacasa
 
#euquedonacasa

As palmas (Música - Ed. Física)

Hoxe vamos traballar un pouco de coordinación, Iker propón o xogo que eu coñezo como “CHOCOLATE”, pero ten moitas máis denominacións, só precisades unha parella e moitas ganas de rir, podedes aumentar a velocidade de execución, o número de participantes, podendo ser un  trío,  grupos de catro, cinco…

 

En este vídeo explícanvos como son os pasos para iniciarvos en “chocolate”, espero que o practiquedes moito.

 

Coñecedes algún outro xogo destas características?, existen moitas variantescombinacións cancións, estades a tempo para enviarnos as vosas propostas, so tedes que cubrir a ficha de recollida de “xogos cantados” e enviárnola, pode vir acompañada de un vídeo!!!
 
Esperamos que desfrutedes moito do día!!!!
 
#euficonacasa
#euquedonacasa

Zapatilla por detrás (Música - Ed. Física)

Comezamos a semana, e temos que iniciala con enerxía e moitas ganas de pasalo ben, a proposta para hoxe é de Rodrigo que nos explica un xogo que creo que moitos e moitas coñecedes, neste caso, poderemos xogar, sempre que gardemos a distancia de seguridade, polo que teremos un corro moi grande.

Só precisamos unha zapatilla, que lle poderemos roubar a un ou unha xogadora, ou substituíla por calquera obxecto. Encontrei este vídeo en youtube, pero hai moitos máis, onde varía a canción ou algunha outra norma do xogo.

Esperamos que vos gustara a proposta de hoxe e que nos sigades enviando moitos máis “xogos cantados”.

 
#euficonacasa
#euquedonacasa

 

 

Saltar a goma (Música - Ed. Física)

Hoxe toca practicar o salto, Mateo e Pablo propóñennos unha actividade de saltar a goma que lles ensinaron súas nais, existen moitas cancións para este xogo, seguro que coñecedes algunha que nos poidades ensinar, ou podedes preguntar.

Coñecedes aos protagonistas do vídeo?

Desfrutade moito da proposta de hoxe, só precisades unha goma (que podemos comprar en calquera mercería), e moitas ganas de xogar, para practicar podemos empregar dúas cadeiras para os extremos e así podemos repetir todas as veces que queiramos.

#euficonacasa

#euquedonacasa

Corro da pataca (Música - Ed. Física)

Para hoxe Pablo proponos o xogo do “Corro da pataca”.

 

En este vídeo que encontrei en Youtube, coa mesma cancións propoñen variantes, como vedes podemos inventar diferentes maneiras de desprazarnos.

Seguimos aumentando a nosa colección de XOGOS CANTADOS para mañá xa temos unha proposta nova, esperamos que vos guste!

 #euficonacasa

#euquedonacasa

 

Don Federico (Música - Ed. Física)

Olaaa!!! Hoxe toca un pouco de coordinación óculo-manual, potenciando a coordinación e a memoria,  Clara preséntanos un xogo de palmas “Don Federico”, espero que vos guste e o practiquedes, é moi entretido, existen moitas variantes con respecto a letra e podemos realizar cambios nos movementos, xogar por parellas, tríos, grupos de catro, cinco,… xa sabedes que podemos modificar e complicar as actividades todo o que queiramos.

Buscando en Youtube encontrei este vídeo que se parece moito o que nos propón Clara na súa entrevista, podedes encontrar moitos máis…

Estamos desexando poder vervos no colepracticando e 
mostrándonos todo o aprendido estes días na casa.
#euficonacasa
#euquedonacasa

Pita cega (Música - Ed. Física)

Comezamos a semana e comezamos xuño!!!

 

Esta fin de semana chegaron moitos “xogos cantados”, pero estamos seguras de que quedan moitos máis por descubrir… esperamos que nos enviedes todos os que coñezades ou vos poidan ensinar, as fichas de recollida poden vir acompañadas por vídeos ou gravacións de voz.

 

Aitor propón que hoxe xoguemos a “galiña cega”, un xogo onde precisamos moito sentido da orientación, oído, tacto,… podemos practicalo en calquera lugar, só precisamos un pano para tapar os ollos, moitas ganas de divertirnos e compañeiros/as para xogar, non vos esquezades de retirar obxectos cos que poidades tropezar.

Encontrei este vídeo para acompañar a explicación de Aitor.

#euficonacasa

#euquedonacasa

 

Roda roda (Música e Ed. Física)

Xa me chegou o primeiro xogo cantado, é de Pedro e de Daniel, eu non coñecía a “Roda roda” e vos?

Tamén nos envían un exemplo de execución.

Está xenial!!!! un xogo novo para comezar as recollida de "xogos cantados".

 

Esperamos as vosas entrevistas, vídeos, explicacións,....


#euficonacasa

#euquedonacasa

Xogos+cancións (Ed Física + Música)

Hoxe traio unha nova actividade para todos e todas!!!!!!!
 
Esta proposta empezámola o venres pasado, presentando unha tarefa na que tiñades que escoitar unha pista musical e contestar unhas preguntas, xa tedes a primeira parte feita?
 
Pois vamos a pola seguinte parte…
buscar xogos que estean acompañados de cancións, recitativos rítmicos, adiviñas, ladaíñas,… existe moitos e moi variados, podendo ser xogos de palmasde cordade gomade botar a sortes,… temos moitas categorías. Nesta tarefa, teredes que facer unha entrevista similar a que fixemos cos ”xogos e xoguetes”, pode vir acompañada dun vídeo no que saídes practicando o xogo, explicando como se xoga e xogando,… preséntovos algúns exemplos que encontrei en internet, pero seguro que aparece algún que non está catalogado, se a súa finalidade é xogar, pasalo ben e ten canción, ritmo ou música, tamén vale.
 
Déixovos algúns exemplos:
 
Canción de corda
 
 
Canción de goma

 

Xogo de palmas

 

Xogo con canción

 

Botar a sortes

 

O modelo de entrevista axúntovolo en pdf, odt e formato word, xa sabedes que podedes enviarmo cuberto directamente no ordenado, en foto, ou coas preguntas en outra folla.
 
Estamos moi ilusionadas a profe Merchi e eu por esta nova actividade esperamos que vos guste e poidamos coñecer moitos xogos novos.
profetamaraef@gmail.com
 
#euficonacasa
#euquedonacasa
Distribuir contido

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PLAMBE

Radio na Biblio

Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.