DigiCraft

Programa iniciado no curso 2021-2022

Videopoema "Somos un"

Poema colectivo, a partir dunha tormenta de ideas sobre o ciclo da vida e a igualdade, plasmado logo en poema por Issam de 5º.

 

Mural Interactivo

Aproveitando o material dos circuitos de papel dos Polos Creativos, as tarxetas Makey Makey dos e os cables de boca de cocodrilo do Digicraft e  traballando co Scratux dentro do Plan Proxecta os alumnos de 5º elaboraron estes murais interactivos dentro da PDI do centro "Río Lameira, un río de Vida", que foron a presentar aos seus compañeiros de cursos inferiores.  Este vídeo é unha mostra deste traballo e débese á inmensa paciencia do mestre Miguel Seoane.

Circuitos de Papel

A partir do material que se nos subministrou por medio da nosa participación nos polos creativos os nosos alumnos profundizaron no coñecemento dos circuitos con novos elementos coma as Leds, o cobre adhesivo.....e rápidamente logo de rematar a tarxeta de exemplo aplícarono na realización do adorno dun dos murais que sobre as anguías realizaron.  Incluso a maiores idearon un interruptor de papel para o circuito.

A partir da proba o novo circuito ideado polos alumnos

Placas Makey Makey

Placas Makey Makey proporcionadas polo proxecto Digicraft no que estamos inscritos, un pouco de Plastilina Play Doh proporcionada polas compañeiras de infantil, outro pouco de cartón e a habilidade para programar en Scratch de Roberto, Diego Soaxe, Diego Vilela, Issam. Álvaro e Alonso, máis a capacidade para interpretar deste último, deron coma resultado estes singulares instrumentos.

Facemos un cursor Makey

Unhas simples frechas construídas con cartulina e forradas con papel de aluminio fixeron que por medio das placas Makey Makey coas que nos dotou a nosa participación no Proxecto Digicraft e unha sinxela programación en Scratch, se convertisen nas frechas do cursor.

Digicraft: a nave dos soños

Nesta actividade o alumnado vive una aventura online para eliminar un virus que pon en perigo a misión máis importante da humanidade: a primeira viaxe interestelar. Mentres percorren a aventura, ven ejemplos sobre automatización e  domótica que se dan na nave estelar.

Digicraft 2022

Outro ano máis os alumnos de 5º e 6º comezan o Proxecto Digicraft coa Avaliación Inicial que o proxecto nos propón.

Piskel

Unha das ferramentas coas que mellor o pasaron os alumnos que formaban parte do paquete Digicraft; traballando con píxeles permitía facer gifs animados. Aqui tedes os resultados, de todo hai, imaxinativos, creadores....e moito fuchibol

LUIS

AMIR

UXÍA

 


NOA

HUMBLE

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.