Educación Infantil

Conferencia dos nenos e nenas de Infantil co Carballal

 

Os nenos e nenas de infantil tiveron unha videoconferencia moi especial no cole: coñecemos aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe do Carballal! Durante un bo rato estivemos falando con eles e elas: contámoslle como fora o noso entroido e como fomos disfrazados e tamén puidemos escoitar como o pasaron eles e de que foron disfrazados e disfrazadas.

 

 

 

 

Foi moi emocionante!

Patio novo en infantil

Despois de pasar uns días gozando do entroido, chegamos ao cole e atopámonos cunha sorpresa...temos patio novo de infantil!

Levábamos unhas semanas desexando que estivese acabado para ver o resultado e a espera mereceu a pena! 

Hoxe por fin o tempo nos deu unha tregua para poder desfrutar del!

 

 

Deixámosvos unhas fotiños para que vexades a sorte que temos deste novo cambio e o chulo que quedou.

 

 

 

Que ben senta o verde!

Concurso de disfraces

Hoxe trouxemos as nosas mellores galas para participar no concurso de disfraces! De unha en unha pasamos pola alfombra vermella para lucir o noso disfraz ante todo o colexio e algúns ata o acompañaron dunhas moi boas interpretacións!

Aquí vos deixamos o vídeo do desfile e outro con algunhas fotos que realizamos ao longo do concurso. Non puidemos ter mellor presentadora...A teacher María!

 

 

 

 

O xurado, composto por:

  • Dani (compañeiro de 6º)
  • Montse (mestra de música)
  • María (presidenta da ANPA)
  • Laura (mestra de Audición e Linguaxe)
  • Sabela (compañeira de 6º)

 

 

Non o tiveron nada fácil para elixir aos gañadores e gañadoras

 

Agora...toca esperar ata mañá para coñecer quen son!

A Paz no CEIP Sequelo

Esta semana celebramos o día da paz representando o noso río Lameira nun mural que enchemos con barcos, paxaros e peixes con mensaxes de paz. Tamén cantamos varias canción: “It’s time to change” de Juanes e “Help!” dos The Beatles coa Teacher María e “Que canten los niños” de José Luis Perales coa profe Montse. 

 

 

 

 

Aquí tendes as magníficas actuacións e algunhas imaxes do mural!

Visita dos nenos e nenas da EEI O Grupo

Hai uns días os nenos e nenas de infantil tiveron unha visita moi especial: viñeron os nenos e nenas da escola infantil O Grupo a coñecer a nosa escola! Foi unha xornada de convivencia moi completa: merendola todos xuntos e xuntas e despois unha morea de actividades na aula sensorial, na aula de psicomotricidade e no patio!

 

 

 

 

Foi un día moi chulo!

O NOSO COLE!

Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!

 

 

 

 

 

Vinde a aprender con nós!

Intercambio de postais

Este ano os nenos e nenas de Infantil e Primeiro de Primaria elaboraron unhas postais moi chulas para felicitar o Nadal aos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil O Grupo. A súa vez os alumnos e alumnas de 3º e 4º comezaron un intercambio de postais cos nenos e nenas de 3º do CEIP Plurilingüe do Carballal. Escribíronlle mensaxes tanto en Galego como en Inglés. 

Elaboralas foi moi divertido, pero recibir unha postal de parte dos outros nenos e nenas fíxonos moita ilusión!

 

Nadal no Sequelo

Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.

Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!

 

Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e  vexades como movemos o esqueleto. 

 

 

Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!

 

 

 

Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!

 

 

 

 

Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!

Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión! 

 

BO NADAL!

Os golfiños- Educación Infantil

Os nenos e nenas de Infantil estiveron todo o trimestre investigando sobre os golfiños. Agora, que xa son uns expertos e expertas, amósannos algunhas curiosidades sobre estes animais. Como traballaron!

 

Contacontos "A trastenda dos contos"

O pasado 28 de novembro tivemos “A trastenda dos contos”, un contacontos sobre o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller da man do CIM (Centro de Información á Muller) de Marín.

A actividade foi destinada para o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. 

 

 

Que momento máis divertido pasamos!

Un Samaín responsable

No cole xa empezamos a notar o Samaín e para ser consciente á hora de escoller o noso disfraz, os máis peques do cole tiveron unha charla sobre o consumo responsable. Nela puideron comprender a importancia de reciclar e reutilizar os disfraces e tamén como saber se son seguros e axeitados para nós atendendo ás etiquetas. Acabaron a charla creando a súa propia máscara para este Samaín!

 

Listaxe de material Educación Infantil- curso 2023-2024

A REUNIÓN COAS FAMILIAS SERÁ A SEMANA ANTES DO COMEZO DAS CLASES (AVISAREMOS TELEFÓNICAMENTE CON 2-3 DÍAS DE ANTELACIÓN)

Podedes ver a lista de materiais no ficheiro adxunto.

Entrevista aos de Infantil

Por primeira vez os de 4º de Primaria e os de Infantil, baixo a dirección das súas profes, Alba e Andrea atrevéronse a fedellar coa nosa radio escolar e os resultados foron simpáticos, pero ao mesmo tempo moi profesionais, nunha entrevista onde os máis pequenos entre outras cousas contannos como vén o noso centro. Ben feito rapaces e profes!!

Xogando, cantando e tocando en infantil

O alumnado de infantil cantando e tocando todos xuntos na clase de música.

Bo traballo nenos e nenas!!! 

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!

Contacontos "A cebra Camila"

Noa e Antón de 6º fóronlle contar aos nenos de Infantil un conto que a eles lles gustaba moito cando eran tan pequenos coma os de Infantil. Unha experiencia excelente para os alumnos de 6º, tanto como contacontos coma espectadores ou no uso da cámara e a pértiga de son.

Moi agradecidos á profe Andrea pola axuda na preparación da sesión.

Coñecémonos

Chegou o momento de coñecernos mellor.

coñecemos as nosas facianas de Ruth PT

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.