Biblioteca
Biblioteca
Enviado por xose o Lun, 06/11/2017 - 21:30Que podemos facer nós polo noso planeta.
Enviado por ramon o Mér, 07/06/2023 - 19:25Os alumnos de 2º xuntámonos por equipos. Preguntámonos que podiamos facer para protexer o noso planeta. Tivemos que chegar a acordos para plasmar as ideas máis importantes nun mural,sen repetirnos. Démonos conta de que non é doado poñernos a todos de acordo... pero é necesario aprender a facelo!
Como podemos protexer o noso planeta. de Ramon Pastoriza
IX Certame de relato curto das Fanpas de Pontevedra
Enviado por josean o Lun, 05/06/2023 - 00:36Entre os 63 relatos seleccionados entre os alumnos dos centros de primaria da provincia de Pontevedra para estar no libro que cada ano editan Kalandraka e as fanpas de Pontevedra. tivemos a sorte de que 12 fosen alumnos do noso centro. O traballo xa está feito, xa se logo son seleccionados finalistas ou gañan o certame, como pasou noutros anos, benvido sexa; máis a profundización na escrita creativa é o que a nós nos interesa e iso conseguímolo. Parabéns aos 12 e ao resto que xa se sabe que estas cousas é por gustos de xurado.
A de auga
Enviado por josean o Sáb, 03/06/2023 - 00:07Baseado nos microclips de Mans Unidas, os alumnos de 6º realizaron este vídeo para concienciarnos no colexio da importancia do aforro dun ben escaso como é o auga.
Tecnicamente é moi mellorable, especialmente no que toca ao racord, pero dos erros tamén se aprende e máis que dos acertos, que tamén os hai, como o plano detalle que utilizan.
Entrevista á escritora María Xosé Lamas
Enviado por Menchi o Mar, 23/05/2023 - 22:40Na semana adicada ás Letras Galegas visitounos a escritora Maria Xosé Lamas para presentarnos a súa obra "Debuxos con palabras". A continuación foi entrevistada polo alumnado de 3º na radio da biblioteca. Esperamos que vos resulte interesante esta entrevista.
LETRAS GALEGAS-2023 TARABELOS E Mª XOSÉ LAMAS
Enviado por ramon o Lun, 22/05/2023 - 02:15O martes, 16 de maio, rímonos moito coa gran posta en escea de TARABELOS, teatro de monicreques. O venres, 19 de maio, pechamos a Semana das Letras Galegas co obradoiro de poesía que nos ofreceu Mª Xosé Lamas.
Celebremos o Día das Letras Galegas pero non esquezamos de coidar a nosa lingua cada día do ano. O futuro da lingua depende de nós/de vós. "¡Mil primaveras máis para a lingua galega!"
Vídeo para Fondo Animado con Formas Orgánicas y Garabatos Coloridas Azul y Rosa de Ramon Pastoriza
O Baúl dos Libros: entrevista a Víctor Rivas
Enviado por josean o Dom, 21/05/2023 - 16:04A visita de Víctor Rivas serviu como excusa perfecta para crear un novo programa que vai xirar ao redor da nosa biblioteca: a lectura, escritura creativa, deseño gráfico....En resumo, o mundo dos libros, un mundo do que as ilustracións de Víctor son parte.
A TÉCNICA DO ILUSTRADOR
Enviado por ramon o Lun, 15/05/2023 - 11:49O pasado venres, 12 de maio, tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador Víctor Rivas. Desvelounos algún "secretiño" da súa técnica para debuxar os personaxes.
Entre sesión e sesión, asinou os libros que lle levamos algúns das nosas casas e máis os da biblioteca escolar, nomeadamente os de Ledicia Costas: "Esmeraldina, a pequena defunta", "Escarlatina, a cociñeira defunta".
E rematou esta intensa xornada concedéndolle aos alumnos de 6º unha entrevista para Radio Sequelo.
Grazas, Víctor, polo teu tempo e por facernos a lectura máis divertida. Grazas a Bea(Edit. Anaya) por patrocinar este obradoiro.
Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza
Noticiario Francisco Fernández del Riego
Enviado por josean o Dom, 14/05/2023 - 17:15
Día a día, imos aprendendo de quen leva máis tempo ca nós coa radio escolar. Gustounos moito o estilo de noticiario duns compañeiros de Mijas (Málaga) e os nenos foron quen de adaptar a estructura. Fixeron un bo traballo, que aínda sería mellor sen uns "erros de gravación" que nos obrigou a gravar a última parte dende a casa por teléfono. O resultado malia iso foi estupendo.
NOTICIARIO:
Kopa Deportes nº 7
Enviado por josean o Dom, 14/05/2023 - 16:49Neste 7º Kopa Deportes imos coñecer un pouquiño máis o deporte favorito de Kenia Río Jiménez, a hípica. Kenia é unha namorada dos cabalos e sabe moitas cousas deles.
VÍCTOR RIVAS. ILUSTRADOR
Enviado por ramon o Mar, 09/05/2023 - 18:55Este venres, 12 de maio, encetamos a celebración das Letras Galegas 2023 coa presenza dun magnífico debuxante e ilustrador, Víctor Rivas. Ofrecerá un obradoiro en tres sesións para todos os alumnos. Recoméndase a lectura dalgún destes libros ou calquera outro no que participou. Se tendes algún deles, podedes traelo ao colexio; el estará encantado de asinárvolo.
Green Colorful Illustrated Small Act to Save Earth Poster de Ramon Pastoriza
Concurso de Maios e Embarcacións 2023
Enviado por inesduran o Xov, 04/05/2023 - 21:14Resumo da participación no concurso de Maios e embarcacións 2023,
Maio Mariñeiro Embarcación Xiana
- 1º premio en Coroa e 2º en construción para o Maio Mariñeiro
- Tres 3º premios para a embarcación Xiana en: letra, intrepretación e construcción.
- Premio especial en recoñecemento no seu labor ao noso profesor José Antonio.
Grazas tamén ao profesor Ramón
pola súa aportación na participación da embarcación Xiana.
Agradecemento moi especial á participación da ANPA
Telediario dende o Ceo
Enviado por inesduran o Mér, 03/05/2023 - 22:22
Algunhas curiosidades dende ceo
do telediario que fixeron os compañeiros de 6º na clase de Relixión.
Que curioso!!!!
Estas son algunhas das curiosidades que os compañeiros de 4º seleccionaron para este noticieiro dende o Ceo.
Xa chegou o Maio
Enviado por inesduran o Xov, 27/04/2023 - 00:42Charla PDI: Protexe o Planeta
Enviado por inesduran o Mér, 26/04/2023 - 22:25A pasada semana despedíamos as nosas profesoras de prácticas,
que estiveron no noso centro dende o mes de novembro.
dou unhas charlas aos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.
Puideron falar dos axentes contaminantes do aire e da terra,
dos lugares do planeta máis contaminados...
...rematando cos compromisos que compre facer para coidar a nosa contorna.
Segue os enlaces para visualizar o vídeo
Debuxando ao aire libre compréndese mellor
a necesidade de manter limpos e saudables as nosas paisaxes.
Recursos para o Día das Letras Galegas 2023
Enviado por xose o Mér, 12/04/2023 - 10:10O SEMINARIO GALÁN pon a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas 2023, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria.
Na páxina web do Seminario Galán atopamos actividades interactivas, en formato genial.ly, sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos, video da biografía, cronoloxía, marcapáxinas, libro de lapelas, comecocos...
Este ano como novidade achegamos actividades de robótica con taboleiros, fichas, solucionario..., unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.
A REAL ACADEMIA GALEGA dedícalle a Francisco Fernández del Riego a páxina web para o público infantil Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), onde pode descargarse As cousas de don Paco, unha biografía en forma de obra teatral, para ler e representar dentro e fóra das aulas. A escritora Eva Mejuto recorre á fantasía e ao humor para presentar a figura do intelectual e do tempo que lle tocou vivir nunha fermosa e divertida proposta ilustrada por Lucía Cobo.
Primavera das Letras ofrece tamén outros recursos lúdicos e didácticos. A sección Xoga connosco conta con fichas para colorear e actividades interactivas e, un ano máis, convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.
Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción A orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.
Día da Poesía
Enviado por inesduran o Mar, 21/03/2023 - 00:36DIA DA POESÍA
21 de marzo
Xogando coa poesía.
No recreo do luns día 20 de marzo,
adiantándonos un pouco,
ideamos outra maneira de achegarnos ata a biblioteca:
Inventamos un contrasinal en forma de pareado.
Facendo pareados no recreo.
Todo un exercicio de creatividade.
