EDLG
Papiroflexia con Luis Freire: "Comecocos"
Enviado por josean o Ven, 02/06/2023 - 07:39Outra das entregas de Luis Freire coas que poderás facer multitude de figuras no rico mundo da papiroflexia.
LETRAS GALEGAS-2023 TARABELOS E Mª XOSÉ LAMAS
Enviado por ramon o Lun, 22/05/2023 - 02:15O martes, 16 de maio, rímonos moito coa gran posta en escea de TARABELOS, teatro de monicreques. O venres, 19 de maio, pechamos a Semana das Letras Galegas co obradoiro de poesía que nos ofreceu Mª Xosé Lamas.
Celebremos o Día das Letras Galegas pero non esquezamos de coidar a nosa lingua cada día do ano. O futuro da lingua depende de nós/de vós. "¡Mil primaveras máis para a lingua galega!"
Vídeo para Fondo Animado con Formas Orgánicas y Garabatos Coloridas Azul y Rosa de Ramon Pastoriza
O Baúl dos Libros: entrevista a Víctor Rivas
Enviado por josean o Dom, 21/05/2023 - 16:04A visita de Víctor Rivas serviu como excusa perfecta para crear un novo programa que vai xirar ao redor da nosa biblioteca: a lectura, escritura creativa, deseño gráfico....En resumo, o mundo dos libros, un mundo do que as ilustracións de Víctor son parte.
Os Maios da Ascensión
Enviado por josean o Ven, 19/05/2023 - 01:00Hai case 100 anos que a tradición de que os Maios de Marín saísen ademais polo día da Ascensión se perdera. Tivo unha recuperación fugaz cara a 1954, e é dende o ano pasado que o Maio Mariñeiro do CEIP Sequelo a recuperou. Neste segundo contamos coa colaboración do Maio de Loira e de dúas artistas do mundo dos maios como son María e Isabel Aguete Soage, e xuntos saíimos cantar polas rúas de Marín baixo o nome do Maio da Chave....de Loira. Ademais ,grazas á colaboración do Museo do Mar, como no ano anterior, acompañounos o Río Lameira para o cal utilizouse a mesma melodía que en 1954 utilizara a carroza triunfal que daquela saíra pola Ascensión. A embarcación é obra dun veterano do mundo dos maios Antonio Rodríguez de 96 anos e que participara nos maios de 1936 e nos contaba como xa o seu pai o fixera antes.
De primeira man os nosos alumnos coñeceron outras tradicións de maio, dentro da propia vila, as do rural, cunhas características propias de seu.
Todo o material xerado no día (fotos e coplas), enviouse como o ano pasado ao Museo do Pobo Galego, por mediación do seu secretario Clodio González Pérez, o maior estudioso desta tradición.
Moi agradecidos ao Concello e a Concelleira de Cultura polo seu apoio en todo momento, para o desenvolvemento da actividade, facilitando o transporte do Maio dende a parroquia veciña de Loira
Maio da Chave
Embarcación Río Lameira
Entrevista aos de Infantil
Enviado por josean o Mér, 17/05/2023 - 18:25Por primeira vez os de 4º de Primaria e os de Infantil, baixo a dirección das súas profes, Alba e Andrea atrevéronse a fedellar coa nosa radio escolar e os resultados foron simpáticos, pero ao mesmo tempo moi profesionais, nunha entrevista onde os máis pequenos entre outras cousas contannos como vén o noso centro. Ben feito rapaces e profes!!
A TÉCNICA DO ILUSTRADOR
Enviado por ramon o Lun, 15/05/2023 - 11:49O pasado venres, 12 de maio, tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador Víctor Rivas. Desvelounos algún "secretiño" da súa técnica para debuxar os personaxes.
Entre sesión e sesión, asinou os libros que lle levamos algúns das nosas casas e máis os da biblioteca escolar, nomeadamente os de Ledicia Costas: "Esmeraldina, a pequena defunta", "Escarlatina, a cociñeira defunta".
E rematou esta intensa xornada concedéndolle aos alumnos de 6º unha entrevista para Radio Sequelo.
Grazas, Víctor, polo teu tempo e por facernos a lectura máis divertida. Grazas a Bea(Edit. Anaya) por patrocinar este obradoiro.
Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza
Noticiario Francisco Fernández del Riego
Enviado por josean o Dom, 14/05/2023 - 17:15
Día a día, imos aprendendo de quen leva máis tempo ca nós coa radio escolar. Gustounos moito o estilo de noticiario duns compañeiros de Mijas (Málaga) e os nenos foron quen de adaptar a estructura. Fixeron un bo traballo, que aínda sería mellor sen uns "erros de gravación" que nos obrigou a gravar a última parte dende a casa por teléfono. O resultado malia iso foi estupendo.
NOTICIARIO:
Kopa Deportes nº 7
Enviado por josean o Dom, 14/05/2023 - 16:49Neste 7º Kopa Deportes imos coñecer un pouquiño máis o deporte favorito de Kenia Río Jiménez, a hípica. Kenia é unha namorada dos cabalos e sabe moitas cousas deles.
VÍCTOR RIVAS. ILUSTRADOR
Enviado por ramon o Mar, 09/05/2023 - 18:55Este venres, 12 de maio, encetamos a celebración das Letras Galegas 2023 coa presenza dun magnífico debuxante e ilustrador, Víctor Rivas. Ofrecerá un obradoiro en tres sesións para todos os alumnos. Recoméndase a lectura dalgún destes libros ou calquera outro no que participou. Se tendes algún deles, podedes traelo ao colexio; el estará encantado de asinárvolo.
Green Colorful Illustrated Small Act to Save Earth Poster de Ramon Pastoriza
Concurso de Maios e Embarcacións 2023
Enviado por inesduran o Xov, 04/05/2023 - 21:14Resumo da participación no concurso de Maios e embarcacións 2023,
Maio Mariñeiro Embarcación Xiana
- 1º premio en Coroa e 2º en construción para o Maio Mariñeiro
- Tres 3º premios para a embarcación Xiana en: letra, intrepretación e construcción.
- Premio especial en recoñecemento no seu labor ao noso profesor José Antonio.
Grazas tamén ao profesor Ramón
pola súa aportación na participación da embarcación Xiana.
Agradecemento moi especial á participación da ANPA
O Maio das flores
Enviado por inesduran o Ven, 28/04/2023 - 20:01
CHEGOU O MAIO
este venres o noso colexio ulía a primavera.
Dende primeira hora da mañá fomos saíndo ao patio por cursos
para coser as flores do noso maio pequeniño.
Segue os enlaces para ver o vídeo
Coa a experiencia dos nosos profes e dos alumnos maiores,
o noso maio quedou así de bonito.
Outro ano máis a tradición volve facer protagonista á primavera,
coas melodías dos nosos nenos cantándolle ao Maio.
Podedes ler as coplas do Maio e da embarcación Xiana
A clase de 3º tamén ensaiou e cantou as súas coplas
para lle dar a benvida ao maio florido
TeleSequelo do Primeiro de Abril
Enviado por josean o Xov, 20/04/2023 - 16:42April´s fool day, Erster April, Poisson davril....moitos nomes, en toda Europa é co que se coñece ao que en Marín, os nosos devanceiros, coñecían coma "O primeiro de Abril van os burros onde non deben de ir", o día por excelencia das bromas, un día na nosa tradición que como moitos outros foi froito dunha substitución. Para nos celebralo, e grazas aos Poliños Creativos de 6º, editamos este Telexornal Local, cheo de Fake News.
Chroma (que debería ser máis grande), focos, cámara de video Panasonic.... Sacando músculo e dándolle uso ao material dos Polos.
Coplas de Maio 2023
Enviado por josean o Mar, 18/04/2023 - 23:09A partir dunha estruturación moi tradicional das coplas de maio, en versos de 6 sílabas, o alumnado de 5º e 6º creou está enchente de coplas, que amosan o que aprendeu sobre a celebración estes días.
Kopa Deportes nº 6
Enviado por josean o Mar, 18/04/2023 - 23:01Neste sexto programa de KopaDeportes, o programa deportivo do Sequelo, entrevistamos a Aylen e Iria, alumnas de sexto, que practican case "profesionalmente" o fútbol.
Kopa Deporte nº 4
Enviado por josean o Lun, 17/04/2023 - 01:00Neste programa do noso programa deportivo, temos de invitada a Gloria Núñez, que nós vén falar das súas experiencias dentro dun deporte menos coñecido que os de moitos outros invitados, a ximnasia rítmica.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Enviado por ramon o Ven, 17/03/2023 - 00:42Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza
Bizarrap Sequelo Music Session 54 "Atún con pan"
Enviado por josean o Mér, 01/03/2023 - 21:02O desafío era a partir dunha base rítmica de Reggaeton e dunha certa coñecida sesión de Bizarrap, traballar as antíteses e traballáronas arreo, e polo camiño caeu algunha aliteración. Utilizando certos tópicos do estilo como o uso dun inglés macarrónico que rebautizaron como Galenglish, construíron esta canción. Polo camiño e sen querer tamén se decataron de que fixeran unha aliteración. Figuras literarias no reggaeton e grazas ao profe Marcos, atún con pan A letra foi un traballo de toda a clase e a interpretación de Amir e Gomis.
Kopa Deportes nº 3
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 22:24Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.
