Taboleiro

21 de marzo "Día Mundial da Síndrome de Down"

Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down, e dende o CEP Sequelo, queremos sumarnos á iniciativa internacional dos calcetíns desparellos https://downgalicia.org/2020/03/18/calcetins-desparellos-para-conmemorar-o-dia-mundial-da-sindrome-de-down/.

Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e diversidade. Queremos enche a nosa web de calcetíns de tódalas cores e estampados. Envíanos a túa foto á dirección de correo sequelonacasa@gmail.com.

Anímate a participar!

A profe Tamara de Educación Física foi a primeira en animarse...

OS NOSOS FUTUROS ALUMNOS VISITÁRONNOS

Acompañados dos seus mestres do Grupo Escolar, os nenos de 5 anos e moitos deles futuros alumnos nosos, achegáronse a coñecer o centro, como parte da súa adaptación a unhas novas instalacións. Visitaron as dependencias do centro,saudaron a vellos amigos e xogaron tamén un chisquiño no que vai ser o seu novo patio de recreo.

 

Visita de Antón Castro ao CEP Sequelo

29/11/2011 10:50
29/11/2011 14:00
Etc/GMT+2

Este próximo 29 de novembro chegará ao noso centro Antón Castro para dar unha charla aos nenos de 4º, 5º e 6º de primaria. Será na Biblioteca do centro a partires da 3ª hora. Estou seguro de que vos gustará.

O Magosto

10/11/2011 12:00
10/11/2011 14:00
Etc/GMT+2

Este xoves celebraremos o Magosto no CEP Sequelo. Despois do recreo, haberá xogos populares coa participación de todo o alumnado. De seguido, repartiranse castañas para todos, pero sobre todo os nenos e nenas poderán facer algo que tanto lles gusta: pintar a cara e as mans co carbón de asar as castañas.

Celebración do Samaín no CEP Sequelo.

28/10/2011 09:00
28/10/2011 14:00
Etc/GMT+2

Hoxe celébrase o Samaín no CEP Sequelo. Dende primeira hora da mañán os nenos e nenas de todos os cursos irán pasando pola aula da ANPA que coma sempre fan un traballo excepcional coa decoración e a participación desta celebración que tanto lles gusta aos rapaces. Ánimo e a pasalo de meeedooooo...

Visita ao Museo de Pontevedra e Exposición de Manuel Pesqueira cos alumnos de 6º de primaria.

28/10/2011 09:00
28/10/2011 14:00
Etc/GMT+2

Os alumnos de 6º de primaria visitan o Museo de Pontevedra e despois van ver unha exposición do pintor Manuel Pesqueira ao centro social de Caixanova. Será unha manán moi cultural.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.