Robótica

No curso 2017-2018 foinos concedido o proxecto de Robótica, de xeito que chegaron ao noso centro 6 kits de montaxe do robot mBot. Este proxecto está destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, e mediante el aprenderán a programar e construír robots. No curso 2018-2019 ampliouse o proxecto e concedéronnos outros 6 kits de montaxe do mesmo robot, ao que se lle sumaron outros 6 kits de Lego de Máquinas sinxelas. Con estes recursos ampliamos os destinatarios do programa a todos os cursos de primaria, de xeito que os nosos alumnos/as inícianse na programación con robots desde o 1º curso. No curso 2020-2021 continuamos con este proxecto. Recursos e material didáctico para o mbot na web: https://www.makeblock.es/soporte/robot-mbot/

CONCURSO PILABOT: Necesitamos os vosos votos

Necesitamos os vosos votos, pois só quedan catro días. O primeiro dos nosos representantes é o 5º. A votalos. Fai click na imaxe e entra a votalos

 

Aula Maker

A partir da experiencia presentada polo relator do cursiño que estamos seguindo os mestres sobre o material de Lego, creamos un espazo propio para poder traballar con todolos robots que temos:  Lego Wedo, Bee Bot, Doc Clementine, Lego MindStorm e os nosos Mbot. Con todo este material creamos un aula Maker Multimedia á que lle incluimos material de montaxe, máis antigo, os archicoñecidos Mecanos.

Taller de Robótica

Xa hai un par de semanas que dende os cursos máis pequenos ata os máis grandes se apuntaron a traballar nos recreos cos robots e como había mestres dispostos, nos recreos na Aula que estamos preparando para os nosos robots os alumnos empezaron a traballar e esperamos que continuen e resolvan os retos que lles imos propor. 

Por se algún inda non se enterou deixámosvos tamén os horarios

As Máquinas Simples

Os alumnos de terceiro estivemos traballando as máquinas simples cos Legos. Ao final do curso expuxeron o tema aos pais e aos compañeiros de sexto nun intercambio de experiencias sobre máquinas simples e circuitos eléctricos. A continuación os deixo as imaxes sobre o intercambio de experiencias e do vídeo sobre a exposición dos nenos de terceiro.

II Competición de Programación e Robótica: CEP Sequelo, CEIP Carballal e IES Mestre Landín

O mércores día 5 de xuño celebrouse no CEIP Carballal a II Competición de Robótica, na que participaron alumnos e alumnas do CEP Sequelo, do CEIP Carballal e do IES Mestre Landín, os tres centros de Marín que participan no proxecto de Robótica que puxo en marcha a Consellería de Educación o curso pasado.

Tiveron lugar varias probas de competición:

1. Percorrido de dous itinerarios cheos de atrancos, un chamado lúa e outro marte;

2. Un combate de sumo con un mbot por cada centro;

3. Unha competición de segueliñas.

E tamén unha exhibición de robots construídos con kits de LEGO por un grupo de alumnos/as do CEP Sequelo (Paula, Pablo, Darío e Breixo).

Volvimos cunha bonita camiseta, agasallo da organización.

Podemos ver todas as fotos pinchando na seguinte imaxe.

Taller de Robótica e Programación

Imaxes do Taller de Robótica e Programación que desenvolvimos no IES Mestre Landín, con alumnos do mesmo centro e alumnos do CEIP do Carballal. O ano que vén moitos deles serán compañeiros de Damián, Adrián, Samuel e Bryan.

 

Mbot no Departamento de Orientación

O Mbot è un recurso motivador que nos permite traballar entre outros aspectos a atención , psicomotricidade fina e funcions executivas (organización, planificación, memoria de traballo, autoregulacion...). 

A traves da App Mbot fixemos pequenas actividades de programación  para coñecer o funcionamento do robot e con Makeblock levamos a cabo actividades de orientacion espacial.

Traballo con sensores

Os alumnos de 5º B traballaron montando os robots cos diferentes sensores para probalos en diferentes actividades:  sensor de temperatura, o display, sensores de a bordo...

Enfrentáronse aos distintos retos propostos para probar os sensores de distancia, sigueliñas, etc etc.

Reto robótico de 6º A

Coa axuda do mestre de Educación Física Jorge os nenos de 6º participaron en varios retos robóticos como este que vedes aquí.

Engranaxes con LEGO en 2º de primaria

Na aula de 2º curso iniciamos unha unidade didáctica utilizando o kit de máquinas sinxelas de LEGO. Fixemos 6 grupos para traballar de xeito cooperativo na aula. En cada grupo tiñamos 4 cargos diferentes: coordinador/a, secretario/a, intendente e axudante, cada quen co seu traballo asignado. Cada equipo montou unha máquina con engranaxe sinxelo e o secretario/a anotou na ficha de observación os datos que se pedían.

Quedamos contentos do traballo feito e avaliamos de xeito positivo a actividade. Gustounos e descubrimos algunhas cousas que mellorar para a vindeira sesión!

Proxecto Garaxe

O alumnado de 4º elaborou o entorno dun garaxe onde o robot unha vez programado se gardaba pola súa conta

Primeiro curso traballa con Legos

O grupo de 1º curso de primaria traballou hoxe cos kits de máquinas simples de Lego, que nos remitiu a Consellería dentro do programa de Robótica.

Este kit permite construír e coñecer o funcionamento básico de máquinas simples como son as engranaxes, as rodas e eixes, as poleas e as pancas. 

Formamos na aula 5 equipos. Nomeamos un secretario/a en cada equipo. Logo de repartir os kits puxémonos mans á obra e o secretario/a cumprimentou a folla de observación do modelo construído coa axuda dos compañeiros/as.

Nesta primeira primeira sesión iniciamos a unidade das engranaxes, que son rodas con dentes que xiran e transmiten o movemento dunhas a outras. Sabemos que por exemplo as bicis, os reloxos analóxicos, os motores, etc. teñen engranaxes, e que estas poden ser de diferentes tamaños, con moitos dentes ou poucos dentes.

Para rematar tivemos uns minutos de xogo libre. Todos quedamos encantados coa actividade, pois gústannos moito os Legos, e para a semana repetimos!

Manuais para o robot mBot

Un manual básico é Divirtiéndome con mBot, Guía de manejo y programación, de Susana Oubiña Falcón, 2016.

Na web de SPC-Makeblock atopamos unha sección con instrucións básicas para programar o mBot con Scratch e con mBlock. 

Tamén nos ofrece dous divertidos manuais para iniciarnos en Scratch e co robot mBot.

 

“Scratch 2.0, las Aventuras de Mike” ten nove capítulos con diferentes proxectos.

Descargar

 

“Kids maker rocks with the robots” ten doce capítulos con proxectos.

Moitos xogos para disfrutar da programación con mBot.

Descargar

Construímos con Lego

Contamos con 6 kits Lego de construción de máquinas sinxelas, dentro da ampliación do proxecto de robótica que desenvolvemos no centro.

Na web de Robotec atopamos un pdf de 112 páxinas, co paquete de actividades para o set máquinas sinxelas, que inclúe guía do profesor e fichas de actividades para o alumnado.

Na web de Lego Education atopamos dúas unidades didácticas para traballar con estes materiais, como por exemplo, o Tiovivo ou os Trompos, incluídas no anterior pdf.

Aprendemos a programar

Achegamos un recurso onde os nenos/as poden dar os seus primeiros pasos para aprender a programar. Atópase na web code.org.

Nesta web atopamos varias seccións, unha delas dirixidos ao alumnado a partir do 1º curso de primaria, onde poderán realizar uns cursos básicos.

Outra sección está dirixida ao profesorado, onde poderá crear un aula con alumnos/as e seguir a evolución dos cursos que se lles asignen.

O Mbot feliz

Traballo de Raúl González Moldes que tentaremos de levar a unha curta o ano que vén

 

Xuntanza centros de Marín

O pasado 20 de xuño os centros de Marín : IES Mestre Landín, CEIP Carballal e CEP Sequelo reunironse na alameda para coñecer os proyectos de robótica  levados a cabo nos respectivos centros.Os alumnos de 4ºA do Sequelo presentaron o seu proxecto de robótica basado no proxecto transversal do río Lameira..

Proxecto Robótica de 6º

Unha placa arduino e un sensor led foron dabondo para crear este proxecto, onde no Led aparecía un peixe animado que lanzaba unha mensaxe de proteccion dos mares

Proxecto Robótica 4ºA

Os alumnos de 4º A comenzamos este curso a iniciación á robótica, levando a cabo varias sesións de iniciación á programación de robots mediante o programa de MBOT, coñecendo alguns dos sensores que emprega este robot. O proxecto que levamos a cabo está relacionado co proxecto de centro sobre "O Río Lameira", das moitas saídas que fixemos este curso para coñecer mellor o noso entorno máis próximo, unha das que máis lles gustou foi a das construcións que hai no río. Uns expertos no tema!!!

English class: Making sentences with mBot

Facendo frases co mBot na clase de inglés.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.