Os maios

Os último Maio do ano: Os Maios (45)

Aló no remoto Ponteareas, onde nunca viron nin se oíu cousa coma ela, un par de rapaces o 3 de Maio, porque disque que en Ourense é o día que saen, fixeron este bonito maio vestido con fentos, pampullos e o que puideron atopar. Maio A Fenteira.

 

 

Os maios 2020: Recompilación de actividades relacionadas cos maios.

Este ano a "Festa dos Maios" foi ben distinta de outros anos, non houbo maios físicos pero si moitos "maios virtuais" e moitas coplas que facían referencia á situación que estamos a vivir. 
Desde o colexio lanzamos a proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo" e tivo unha gran aceptación como podedes comprobar neste recompilación de todos os traballos que mandastes.
Noraboa a todos fixéstelo moi ben!
 

Levántate Maio 2020 (8)

MAIOS  DO SEQUELO

2020

Breve resumo dos maios do Sequelo.

Grazas a todos por participar

nesta festa do 1 de maio.

Xuntos mantemos as tradicións

 

Coplas de Maio: Os Maios (38)

Un ano moi productivo, onde os nenos aprenderon a como facer coplas de maio. En pequeno grupo ou de maneira individual moitos deles fixeron coplas de moi boa calidade como estas que vedes aquí.

Coplas de Maio 2020 by Josean Pazos on Scribd

Os maios de 5º: Os Maios (37)

Estes son algúns dos maios que o alumnado de 5º debuxou para o Concurso tan especial que este ano sacou o Ateneo Santa Cecilia. Non puido ser presencial coma outros anos, pero os nenos esmeráronse nos seus deseños

O maio de Tino e Sara: Os maios (36)

Tino, o noso expresidente da ANPA e a súa filla Sariña cántannos este maio tan singular con iluminación de seu.

A embarcación Xoubiña: Os maios (35)

Unha das cousas máis difíciles de facer son as coplas das embarcacións, e non só facelas senón que logo se poidan cantar. E que se poden cantar inda que con poucos ensaios amósanvolo Candela Bermúdez Santiago e Irene Pazos Estévez.

O Maio Tristeiro: Os maios (34)

Elva Pintos Omil e Carlota Díaz Blanco fixeron este maio no que contaron coa axuda nos coros de Luz Omil, a nai de Elva, que como de pequeniña andivera nos maios sabía de que ía a cousa. E saíu así de ben.

O maio protestón: Os maios (33)

Con todo o relax do mundo, dende a súa casa, Rubén Argibay Pidre fai un maio no que manifesta o seu cansanzo logo de tanto encerro e o seu desexo de volver ao colexio.

O Maio dos Borrombóns: Os maios (32)

Na familia do pai de Breixo Sanjorge, xa dende un tío avó que antes da guerra andaba nos maios da Banda do Río, case se pode dicir que non hai ninguén que non fose a eles de pequeno. Na Banda do Río, no Forte ou como seu pai na rúa Caracol.

E para celebrar o día cántannos dúas coplas, unha ben antiga que fai referencia á bisavoa do neno e outra que cantaba o pai cando participara a finais dos setenta nos maios da rúa Caracol.

Música dende a casa (33): Coplas de Pedro de 4ºB

Pedro de 4ºB e a súa familia tiveron a súa particular celebración do 1 de maio, fixeron este maio e cantaron todos xuntos estas coplas. Moi boa idea! Xa que non podemos saír, nin ter unha celebración dos maios nas rúas, nada nos impide celebralo na casa. Parabéns e moitas grazas por compartir con nós a vosa pequena festa!

Maio dos Cativos: Os Maios (30)

Roi Rodiño Fraguas e Breixo Sanjorge Boullosa escribiron a medias esta copla que un cantou cos toletes e o outro petando no chan ao estilo máis tradicional. Dous estilos diferentes de acompañar o maio. 

Maio do Río Lameira: Os Maios (29)

Irene Pazos Estévez é veterana no mundo dos maios e nótaselle. Ela de pequeniña xa fora aos maios de Marín cos seus compañeiros da Virxe do Carme e o que comparte segundo ela é noviño do trinque pois inda é de onte.

Levántate Maio...2020 (7)

Coplas doutro maio do Sequelo

Ariadna e Diego mándannos estas coplas do seu maio caseiro 2020.

As estrofas animan a celebrar a festa aínda que sexa dende casa.

¡Está xenial! flores e cores para empezar o mes de maio.

Maio Coitado: Os Maios (28)

Xuntáronse Laura Arribas López e Carla Vilela Fernández, e convencéndoas aos poucos foron sacando esta copla e cantando así de ben o seu Maio Coitado.

Maio dos Valentes: Os Maios (27)

Daniel Quintana Domínguez aproveitou o que tiña para construír o seu maio dos Valentes, unha mascarilla por aquí, uns Cds por alá.....E para a estrutura? Para a estrutura á arbore de Nadal!

Música dende a casa (32): Versión do poema "O maio" promovida polo Consello da Cultura Galega.

“O maio” é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez e no que o poeta evoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) promoveu un proxecto celebrativo que xunta este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que fusiona rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!
“O maio” é un poema moi coñecido de Curros Enríquez que se insire do seu poemario “Aires da miña terra”, que cumpre no mes de xuño 140 anos da súa primeira edición. Estas peza xa forma parte do imaxinario popular grazas á versión musical que fixo Luís Emilio Batallán en 1975, á que agora sumamos estoutra proposta actualizada.
Deíxámosvos as dúas versións podedes opinar sobre elas (Qué vos parece cada unha? Cal vos gusta máis? Coñeciades a máis antiga? Coñecíana os vosos pais? etc...). Facede os comentarios na sección "comentarios", tamén nos correos sequelonacasa@gmail.com   e mglealgonzalez@gmail.com recordade poñer o nome e o curso.
 

Versión de Luis Emilio Batallán

Maio Amaiado de Alexandra Santiago: Os Maios (26)

A Alexandra o seu pai Carlos ensinoulle como cantar os maios.  Enseñoulle en dúas velocidades: unha rápida e esta máis axeitada a un maio, maio. Parabéns polo esforzo e polo ben cantado.

O coronamaio de Xiana Gómez Orge: Os Maios (25)

Xiana Gómez Orge e a súa familia cántanos este Coronamaio dende a súa casa. A Paco, o seu pai, faltalle un pouco de entrenamento pero o importante é intentalo.

 

Levántate Maio...2020 (6)

Día 1 de Maio

Maio florido

Maio feito por Sofía de la Fuente, 6ºB

Xa chegou o maio

 Grazas por animarte Sofía, unha coroa moi orixinal.

Non vos esquezades de entonar algunha copliña

e darlle ben aos paus.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.