Proxecto Horta escolar

No curso 2020-2021 continuamos participando no proxecto de Voz Natura mediante a horta escolar, que podemos seguir no blog de ECOSEQUELO, en http://blogs.voznatura.es/ecosequelo/, ou en https://cepsequelo.wordpress.com/

SEMENTAR SEMENTAREMOS!

O noso de proxecto intenta levar adiante a idea de que nun anaco de terra podemos ensinar e experimentar os ciclos biolóxicos máis importantes como poden ser os das plantas, materia, enerxía... coas técnicas de cultivo tradicionais. Este recurso pedagóxico mesmo pode ir máis alá dunhas experiencias prácticas para afondar en contidos teóricos de diversas materias, para realizar unha verdadeira educación ambiental.

Xa están as hortas esperando por nós, consideramos que son un recurso moi valioso para a educación ambiental, así como un contexto axeitado para a adquisición de condutas respectuosas co medio.

Ao longo desta semana comezaremos a traballar nel. Por qué a agricultura tradicional?, porque é o modelo que imos empregar para o desenvolvemento do noso proxecto, non só por cuestións de saúde ou respecto ao medio, senón porque, por riba de todo, trátase de cultura orientada cara a un progreso sostible que respecta a natureza. 

Imos comezar cunha enquisa para ver canto sabedes . Pincha no enlace e adiante!

ÁNIMO, RAPACIÑOS/AS!!

Unha planta de perixel para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente!

A coidar moito a planta e a seguir plantando, polo noso ben e polo noso planeta Terra!

 

Puxemos a nosa horta!

 

Chega a primavera á Horta Escolar

No mes pasado os alumnos de terceiro comezamos a traballar na horta sementando guisantes e plantas nas xardineiras dos patios.

A nosa horta

Plantamos hortalizas de outono e están medrando moito!!

Facendo compost

Os alumnos de 5º fixéronlles unha interesante presentación  aos alumnos de 1º e 2º sobre a elaboración do COMPOST ou abono orgánico. Dende a vindeira semana vaise instalar no patio pequeno un contedor para restos orgánicos. Deste xeito poden ser aproveitados para o composteiro. Reducindo lixo e reciclándoo nun novo material axudamos a protexer o noso MEDIO AMBIENTE.

    Reduce!  REUTILIZA!  Recicla!

A colleita

Remata o curso e as nosas hortalizas están listas para ser recollidas!

Foi moi satisfactorio recoller aquilo que plantamos e coidamos durante todo o curso. 

A nosa horta en abril

Así é como se ve a nosa horta neste mes de abril. Crece sen parar!

Repolos, allos e patacas

Lombarda, allos e patacas.

Acelgas, cebolas e remolacha.

Espinacas, porros e pementos de Padrón.

Leitugas, espinacas e zanahorias.

Leitugas, espinacas e tomates

Recollemos amorodos

Xa recollemos os primeiros amorodos do noso horto. Os nenos e nenas de 1º foron os encargados de facelo e tamén de saborealos. Dixéronnos que estaban boísimos!

O calor de marzo fixo medrar os nosos cultivos e madurar aos amorodos.

 

Reciclando e plantando!

Estivemos pintando unhas caixas de amorodos que nos serviron para colocar nelas as nosas macetas de botellas de auga. Todo reciclado!  Nós reciclamos! 

Logo plantamos as sementes e agora estamos a esperar a que nazan! 

O noso horto escolar "proxecto Voz Natura"

Durante este curso decidimos continuar co horto escolar, xa iniciado o curso pasado, e mellorar os xardíns do colexio. Realizamos un proxecto e presentámolo a " Voz Natura" resultando seleccionado.

Comezamos a nosa actividade elixindo o lugar onde establecelo e o soporte, planificando os materiais necesarios e  os cultivos das distintas tempadas.

En xaneiro relizamos unha serie de traballos relacionados coa compostaxe, co fin de instalar un composteiro no centro para abonar o noso horto. Os nenos de 6º asistiron a unha charla impartida por un biólogo sobre a importancia da sostenibilidade ambiental e a compostaxe. Logo realizaron unhas presentacións para transmitir o aprendido ao resto dos nenos e nenas. Instalamos o composteiro e mostráronlles o seu funcionamento aos pequenos.

Realizamos traballos de reciclaxe e reutilización de materiais e buscamos información sobre os cultivos máis axeitados para cada tempada e o seu coidado. Organizamos quendas para que todos os nenos e nenas participaran nos distintos procesos.

 

 

Reciclando

Os nenos de terceiro estivemos reciclando materiais para sementar flores nas ventás. Primeiro pintamos caixas de fresas de distintas cores, despois empregamos botellas de auga para facer de macetas e agora soamente queda esperar que medren as flores.

 

A primeira colleita da nosa horta!

Hoxe recolleimos a primeira colleita da nosa horta: leitugas!

Fixemos un sorteo polas aulas de 1º, 2ºA e 2ºB e os afortunados foron: Enzo, David e Naiara.

Esperemos que lle gusten e que sigamos recollendo mais!

Plantamos na aula e nomeamos as hortalizas da horta

Grazas ao bo tempo, a semana pasada as voluntarias e voluntarios de 3º e 4º curso viñeron a sachar a horta durante o recreo! Cos alumnos/as de 1º e 2º curso plantamos na aula e posteriormente fomos a nomealas hortalizas para que se distingan mellor. Deixamos algunhas imaxes!

PLANTANDO NA HORTA

( Equipo 2 de redacción: Carlota, Carla, Elva e Irene)

Hoxe, 16 de abril, os nenos e nenas de 3ºB fomos transplantar na horta escolar unhas acelgas que sementamos hai un mes. Cando chegamos alí xa tiñan plantados: uns allos, chícharos, patacas, amorodos e leitugas. Nós plantamos, botamos o abono, regamos e sachamos.

 

Respostas á enquisa sobre o cultivo da horta

Un total de 64 alumnos/as responderon á enquisa sobre o cultivo da horta. Estes son os resultados:

1. Cales son as túas verduras ou hortalizas preferidas? (Podes marcar como máximo 5)

. As patacas (85% dos alumnos/as escolleron as patacas)

. As fresas (76%)

. As cenouras (60%)

. Os tomates (51%)

. A leituga (33%)

. Os pementos de Padrón (32%)

2. As plantas necesitan alimentarse, precisan de auga e outros nutrintes que é preciso engadir á terra, que tipos de abonos coñeces? Marca os que coñezas.

. Esterco de animais (93%)

. Compost (69%)

 3. Sabes como se fai o compost? Explícao.

 . Con restos orgánicos (vexetais, de comida, etc.) que fermentan durante un tempo. (63%)

4. As plantas necesitan auga e por iso é necesario regalas. Especialmente no verán, que horario che parece o mellor para regar as plantas?

. Pola mañanciña e ao mediodía (49%).  (A resposta correcta era pola mañanciña e á tardiña).

5. Por que pensas que é necesario cavar a terra antes de plantar?

. Para airear a terra, así as raíces penetran mellor e absorben máis os nutrintes (73%)

6. Os teus pais ou os teus avós teñen unha horta?

. Si (87%)

7. Axudaches algunha vez a traballar nunha horta?

. Si (88%)

8. Paréceche boa idea cultivar unha horta no CEP Sequelo?

. Si (87%)

 

SEMENTAMOS "CORNOS ROSSOS" EN 5ºA

O mércores 7 de febreiro, na clase de 5ºA plantamos sementes da especie ``corno vermello´´ (corno rosso). Estas sementes plántanse desde xaneiro ata xuño, e recóllense desde maio ata novembro; claro está, a recollida vai en función da etapa en que sementamos.

O proceso foi o seguinte:

1º Por parellas fomos enchendo as macetas de terra.

2º Collemos 3 sementes cada un.

3ºColocamos as sementes enriba da terra e cubrímolas, aplastando a terra un pouquiño.

4º Regámolas con coidado.

Agora esperaremos a que esas sementes xerminen e medren as plantiñas. Logo transplantarémolas ao noso horto escolar.

Irémosvos informando de como vai o proceso!

 

Almudena e Martín 5ºA

Enquisa : Que sabes do cultivo dunha horta?

Neste curso teremos dous bancais para preparar a nosa horta. Pero antes de comezar gustaríanos coñecer canto saben os alumnos e alumnas do CEP Sequelo acerca do cultivo dunha horta. Se pinchas na imaxe accedes a unha enquisa onde terás que contestar 8 preguntas e enviala.

Moitas grazas.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.