3º Primaria

Entrevista á escritora María Xosé Lamas

 Na semana adicada ás Letras Galegas visitounos a escritora Maria Xosé Lamas para presentarnos a súa obra "Debuxos con palabras". A continuación foi entrevistada polo alumnado de 3º na radio da biblioteca. Esperamos que vos resulte interesante esta entrevista.

Campo a través- Portas

O xoves pasado os nenos/as de 3º curso foron a Portas.

Correron con outros nenos/as da súa idade no Campionato Provincial de Campo a través.

Noraboa!

Ciencia e Circo

"A Gran Aventura do Corpo Humano"

Vigo acolle unha exposición interactiva

sobre o corpo humano.

Os cursos de 3º e 4º disfrutaron dunha xornada de ciencia

experimentando e divertíndose ao mesmo tempo.

Remataron a visita á exposición interactiva cunha representación no

Circo de Nadal.

 Órganos xigantes do corpo humano

para ver e tocar.

 

Bo Nadal!!

 Que día máis axetreado!! Primeiro escoitamos as panxoliñas que preparou a profe Inés cos nenos e nenas de 6º, logo asistimos a actuación do mago Paco e... non podía faltar a visita de Papá Noel que nos visitou dúas veces, na clase e na biblioteca!!

Ademáis tomamos un chocolate quente con churros que nos preparou a ANPA!!!

Gracias a todos e todas!!

Dende aquí desexámosvos  un Bo Nadal, cheo de paz e, sobre todo, saúde !!!

 

Viaxamos no tren de Nadal!

 O venres demos un paseo no tren de Nadal. A mañá estaba fresquiña, pero nos íamos superpreparados e pasámolo xenial!!

Traballamos no horto

Xa está en marcha o horto escolar! O pasado venres  o nenos e nenas de terceiro estivemos a traballar no horto escolar:

  1. Preparamos a terra abonándoa e aireándoa.
  2. Plantamos repolos.
  3. Regámolos.
  4. Estivemos vendo todo o que xa plantaran os nosos compañeiros doutros cursos.

Agora toca coidalo!!!

Celebramos o Samaín

Que medo daban os disfraces dos nenos e nenas de terceiro! Algúns estaban irrecoñecibles!!

Aquí os tedes ao lado dos seus terroríficos traballos do Samaín.

 

Material 3º EP curso 2021-22

Benvidos ao novo curso escolar! Aquí vos deixo a listaxe do material para o presente curso.

Un saúdo.

A titora: Mª del Carmen Martínez Arranz

MATERIAL DE 3º EP CURSO 2021-22

Aplicando a normativa sobre covid os nenos e nenas teñen que traer un pequeño kit (neceser) que conteña dúas máscaras (unha posta e outra de reposto), un xel hidroalcólico e un paquete de panos de papel.

Cada neno e nena debe traer a súa botella de auga co seu nome e todo o material debidamente etiquetado co seu nome.

LISTAXE DE MATERIAL:

  • 4 libretas de dobre pauta ancha (4mm.) tamaño folio con grampas (non espiral)
  • 1 libreta cuadriculada tamaño folio con espiral
  • 2 lapis staedler Noris nº 2 HB
  • 2 bolígrafos azul tipo bic
  • 1 afilapis con depósito
  • 2 gomas (Milán, nata ou similar)
  • 1 pegamento stick pritt (mediano)
  • 1 tesoira de punta redondeada
  • 1 portafolios de plástico con broche
  • 1 carpeta tamaño folio con gomas
  • 1 regra de plástico duro ancha de 20 m.
  • 1 semicírculo (transportador de ángulos)
  • 1 estoxo non metálico de cremalleira
  • 1 caixa de ceras duras (mínimo 12 cores)
  • 1 caixa de rotuladores (mínimo 12 cores)
  • 1 compás
  • Axenda escolar
  • Dicionarios de lingua galega e lingua castelá

MATERIAL PARA CLASE DE MÚSICA:

  • carpeta tamaño folio
  • libreta de pentagramas anchos

MATERIAL PARA CLASE SE INGLÉS:

  • sobre de plástico tamaño folio con velcro
  • 1 tubo de pegamento
  • block de cartolinas de cores
  • libreta con espiral tamaño folio de dobre pauta

MATERIAL PARA CLASE DE RELIXIÓN:

  • 1 libreta de pauta ancha (4mm.) tamaño folio con grampas (non espiral)

NOTA: o material do curso pasado que esté en bo estado serve para este curso.

3º primaria. Curso 2020-21

Rematamos o curso cun resumen de todo o ano. Feliz verán. Vémonos en setembro!!!

Rap de Xela Arias (3º primaria)

  Os nenos de terceiro estivemos coñecendo a biografía de Xela Arias; autora homenaxeada polas letras galegas, e cos datos máis importantes escribimos este rap. Esperamos que vos guste.

 

 

Chega a primavera á Horta Escolar

No mes pasado os alumnos de terceiro comezamos a traballar na horta sementando guisantes e plantas nas xardineiras dos patios.

Tarta de castañas de Raúl Soage

Riquísima tarta de castañas que Raúl comparteu cos compañeiros.Prestade atención que ben cociña!!!

 

O Samaín en terceiro

Chega a noite máis terrorífica do ano e os nenos de terceiro andan contando historias de medo, non vos perdades o seu conto e o recopilatorio das súas fotos. Feliz Samaín!!!

LISTAXE DE MATERIAL 3º CURSO DE PRIMARIA

Benvidos ao novo curso escolar, son a mestra Menchi a titora de 3º de primaria, vos deixo dous ficheiros adxuntos co material para este curso e o horario de clases. Un saudo.

Despedida 3º primaria

E de repente... chegamos ao final!! Un ano atípico para recordar e do que aprender. Aprender sobre todo a valorar o que temos ao noso arredor e coidalo!! Eu recordareivos a todas e todos! O 2020, levarame á clase de Sequelo de terceiro, a Marín!! Gracias por todo!! Disfrutade moito do verán!! Moitas apertas e mil bicos para todas e todos!! 

 

TRABALLO OPCIONAL (17-06-2020)(3º)

Bos días!

Aí van uns pasatempos con encrucillados, sopas de letras e sudokus!!

Animádesvos? Pois veña!!

A divertirse!

E aproveitade o día!!

Unha aperta!

https://www.liveworksheets.com/mh627226cl

 

https://www.liveworksheets.com/oc702326jh

 

https://www.liveworksheets.com/ks39867rp

TRABALLO OPCIONAL (16-06-2020)(3º)

Bos días!

Para aqueles que vos animades, aquí tendes as tarefas opcionais para o martes!!

Recordade que hoxe non tendes clase de inglés!

Un saudo e bo día!!!

A polo marteeeesssssss!!!!

Vamos? Vamossss!!!

DERRADEIRA TAREFA 3º (ATA O MÉRCORES 17)

Ola outra vez!

Gustríame despedirme de vós con algo especial. Facemos un video de despedida? Que vos parece se cada un de vós graba un pequeno video onde vos despidades das vosas compañeiras e compañeiros e lles desexedes un feliz verán?? Animádesvos?

Enviádesme o video por privado e eu fago a montaxe. Vale? 

Pois veñá!! O derradeiro esforzo para este curso!!

POR TODAS E PARA TODAS!!

POR TODOS E PARA TODOS

PARA TODOS VÓS!!

Bicos!

TRABALLO OPCIONAL (15-06-2020)(3º)

Bos días!

Moito traballastes estes días, semanas e meses! Xa gañastes, con creces, as vacacións e o remate do curso!

De todos modos, déixovos traballo opcional para o hoxe, por se queredes seguir traballando e non perder a rutina! Son interactivos, dos que vos gustan! Así que, moito ánimo!Se queredes facelos, xenial! E se non, tamén xenial!

Lembrade que mañá, martes, non tendes clase de inglés!

E se vos parece ben, o xoves, ás 11 da mañá, facemos unha videoconferencia con todas as profes que vos deron clase para despedirvos, de acordo? Xa volo irei recordando ao longo da semana!

Unha aperta moi, moi grande!!!

 

https://es.liveworksheets.com/as472114qv

 

https://es.liveworksheets.com/li46887bi

 

https://www.liveworksheets.com/up186293dc

 

https://www.liveworksheets.com/gn531687sg

 

https://www.liveworksheets.com/zu465741lq

 

 

 

 

 

 

VENRES... (12-06-20209)(3º)

3!!!!!!  2!!!!!! 1!!!!!!!! ................. VENRES!!!!!!!

E chegou o día!! Non sei que pensar! Teño emocións e sentimentos enfrentados! Por un lado estou esgotado, coma vós, e polo outro, triste, decaído, abatido, melancólico, morriñento... morriñento de vós, de que isto remate e non ter a oportunidade de volver a vervos en condicións normais nin nun espacio tan familiar e lúdico como é o colexio, a aula, onde nos quedaron tantas e tantas cousas por ver, facer e aprender. Primeiro aprender de vós! Fundamental!! E logo aprender todos xuntos, buscando, investigando e trabucándonos! Que necesario é equivocarse!!

Sinto que o universo me roubou un tempo de estar con vós, de traballar xuntos, pero tamén que me regalou un período para coñecervos mellor, a vós e a vosa familia, na vosa intimidade, na miña intimidade! Por iso, a pesar de todo, doulle as gracias a ese "tempo roubado" porque o 2020 vai unido a Marín, ao cole de Sequelo e a vós! E ainda estamos en xuño! Na metade do ano! Quedan 6 meses por diante para que sexa un ano magnífico! As cousas que quedan por suceder!!! Todas boas!! Non pode ser doutra maneira!! Non vos parece???

Pois por ser o último dia de "deberes" vouvos dar a elexir entre as seguintes tarefas: 

1º. - https://www.liveworksheets.com/sp784108xn 

2º. - https://www.liveworksheets.com/qn812020dx

Agora van uns documentos adxuntos (Fíxoos Cris, unha compañeira do ano pasado) A ver se vos gusta!

Recordade que para a semana mando igualmente traballo pero queda nas vosas mans facelo ou non!

Mil apertas e bo fin de semana!!

Distribuir contido

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PLAMBE

Radio na Biblio

Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.