PDI Protexo o meu planeta... protéxome eu
Papiroflexia con Luis Freire: A pinga
Enviado por josean o Lun, 26/06/2023 - 00:07Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."
Certame de relato Curto "Falarei"
Enviado por josean o Dom, 25/06/2023 - 15:59Entre os alumnos de 6º gustou moito a campaña "Falarei" coa icónica vaca das lentes escuras, e decidiron participar no certame de relatos curtos que se promovía, onde había que imaxinar a Galiza do futuro, onde a imaxinaron con 4 equipos de fútbol galegos en primera, nun mundo robotizado, ou nunha Galicia case apocaliptica baleira. E dende Feiraco tiveron a ben agasallalos con estes estoxos.
San Xoán. Infantil 2023
Enviado por inesduran o Ven, 23/06/2023 - 12:52SAN XOÁN
Na clase de Relixión do último día de curso, os alumnos de Infantil colorean un mural cun foleón da festa de San Xoán Bautista.
24 de Xuño
"VIAXE EN TREN". Teatro de 2º EP
Enviado por Anónimo o Mar, 20/06/2023 - 01:22Por fin chegou o día da representación. Hoxe, os de 2º, despois de moitos días de ensaio e preparación de escenografía (máscaras, disfraces, tren,...) puidemos por en escea a peza teatral "Viaxe en tren", de Euloxio R. Ruibal, para todo o colexio. Esperamos que vos gustase; nós pasámolo moi ben. QUE NUNCA SE PERDA A MAXIA DO TEATRO!
Papiroflexia by Luis Freire: Pingas
Enviado por josean o Sáb, 10/06/2023 - 17:56Desta vez Luis Freire non elaborou ningún dos seus habituais titoriais de Origami. En vivo e en directo, dirixiu aos seus compañeiros para, e dentro do proxecto, no que participa todo o centro elaborar pingas de auga, das que estas 3 son bo exemplo.
O titorial non tardara en chegar en video.
Que é que, no muíño do Señor José? (II)
Enviado por josean o Xov, 08/06/2023 - 23:09Ao redor dos muíños naceu unha rica tradición oral en forma de cantigas, adiviñas e ata trabalinguas como este que te invitan a repetir Antón e Abel. Unha rica tradición oral que era quen de manter viva e en funcionamento a transmisión interxeracional da lingua.
A canle do muíño de Xosé é unha obra de enxeñería moi interesante que se abastece do río 200 metros para arriba do muíño en paralelo ao río e aproveita o desnivel propio do río para desviar a auga.
1. Punto de desvío
Tramos de Canle
Durante algún tramo vai encanado baixo da estrada
Ao final incluso se aproveita como lavadoiro
A PREGUNTA É QUE OUTRO NOME SE LLE DÁ Á CANLE DO MUÍÑO, POR ESA UTILIDADE SÚA DE "LEVAR" O AUGA AO MUÍÑO?
Que é que, no muíño do Señor José
Enviado por josean o Mér, 07/06/2023 - 22:12Está semana e dentro do Proxecto no que o centro está traballando, os de 6º non podían menos que coñecer e ben a fondo, o muíño do noso veciño José, que está a rentes do colexio. Os muíños de auga son calqueira cousa menos máquinas simples, máquinas que moitos deles hoxe están en desuso, pero o noso veciño tivo a amabilidade de abrírnolo para amosarnos como moía e abrirnos o INFERNO onde puidemos ver.
QUE COUSA DANDO VOLTAS?
Contestade nos comentarios
Axiña unha exposición máis detallada da nosa interesante visita
Que podemos facer nós polo noso planeta.
Enviado por Anónimo o Mér, 07/06/2023 - 19:25Os alumnos de 2º xuntámonos por equipos. Preguntámonos que podiamos facer para protexer o noso planeta. Tivemos que chegar a acordos para plasmar as ideas máis importantes nun mural,sen repetirnos. Démonos conta de que non é doado poñernos a todos de acordo... pero é necesario aprender a facelo!
Como podemos protexer o noso planeta. de Ramon Pastoriza
M-Bot: sensor de temperatura
Enviado por josean o Lun, 05/06/2023 - 00:08Partindo da saída do proxecto Ríos, por medio do sensor de Temperatura, co adaptador RJ 25 e co Display de 7 segmentos, logo de programar sinxelamente o Mbot, conseguimos medir a temperatura da auga do río.
Proxecto Ríos
Enviado por josean o Lun, 05/06/2023 - 00:00O pasado 31 de Maio, visitounos o persoal do Proxecto Ríos, que nos abriu os ollos sobre a realidade natural, que a rentes do noso centro o configurou dende os seus inicios, o río Lameira, un medio como puidemos comprobar cheo de vida.
Proxecto ríos de Ceip Sequelo
A de auga
Enviado por josean o Sáb, 03/06/2023 - 00:07Baseado nos microclips de Mans Unidas, os alumnos de 6º realizaron este vídeo para concienciarnos no colexio da importancia do aforro dun ben escaso como é o auga.
Tecnicamente é moi mellorable, especialmente no que toca ao racord, pero dos erros tamén se aprende e máis que dos acertos, que tamén os hai, como o plano detalle que utilizan.
O noso Planeta, O Noso Paraíso
Enviado por inesduran o Mar, 23/05/2023 - 22:57Dentro do PDI deste curso " Protexo o meu Planeta, protéxome eu"
deixándonos levar polas emocións e o compromiso,
falamos do encanto da Natureza para poñer en valor
Os compañeiros de 5º cóntannos as súas impresións.
Para poñer en práctica o seu compromiso
visitaron os nosos areais para limpar do lixo as praias .
Fixeron logo un gran mural co que mostrar os residuos que se botan ao mar
e expoñer de forma visual a longa duración de cada un.
Tamén Ana, a mestra en prácticas acompañou ao grupo nesta parte do proxecto.
Por outra banda os compañeiros de 3º tamén fixeron
poñendo en común o aprendido coa documentación sobre
a proteción do Planeta na biblioteca.
Infantil e 1º tamén quérennos animar a protexer o
Os compañeiros de 2º fixeron un vídeo para nos mostraren
o aprendido sobre os contaminantes da Terra e o solo
Os Palleiros
Enviado por Ruth o Xov, 11/05/2023 - 09:06OS PALLEIROS E O CEIP SEQUELO
A Anpa Aidón organiza dúas visitas e paseos cos animais da protectora para os días 21 e 28 de maio.
O alumnado do centro organizará unha colecta en beneficio da protectora, esta colecta rematará o 26 de maio e será entregada pola Anpa na derradeira visita á protectora.
Charla PDI: Protexe o Planeta
Enviado por inesduran o Mér, 26/04/2023 - 22:25A pasada semana despedíamos as nosas profesoras de prácticas,
que estiveron no noso centro dende o mes de novembro.
dou unhas charlas aos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.
Puideron falar dos axentes contaminantes do aire e da terra,
dos lugares do planeta máis contaminados...
...rematando cos compromisos que compre facer para coidar a nosa contorna.
Segue os enlaces para visualizar o vídeo
Debuxando ao aire libre compréndese mellor
a necesidade de manter limpos e saudables as nosas paisaxes.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Enviado por Anónimo o Ven, 17/03/2023 - 00:42Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza
Obradoiro de Ecopercusión 2023
Enviado por Anónimo o Dom, 12/03/2023 - 21:52Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz.
Como podedes comprobar pasárono xenial, ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"; tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo.
Caixas- niño e comedeiros, incendios, coidado dos montes...
Enviado por Belen o Sáb, 04/03/2023 - 11:09Onte tivemos a sorte de que unha mamá técnico-forestal, viñese ao noso colexio para colocar dúas caixas-niño nas árbores que rodean o centro. Ademais tamén nos concienciou do coidado dos montes e dos pasos que debemos seguir se provocamos ou vemos un incendio. Recordounos que hai cámaras nos montes, lixo...
Previamente, os nenos/as de Infantil. fixeron uns comedeiros con laranxas. Esperemos que aniñen os paxariños!
Moitas grazas pola visita, aprendemos moito, seguiremos facendo mais comedeiros e coidaremos o monte.
Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 22/02/2023 - 19:15Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
Obradoiro de filloas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2023 - 23:11Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.