Educación Infantil
Xornada de Convivencia cos nenos e nenas de 6ºEI do Carballal
Enviado por laurarialf o Sáb, 15/06/2024 - 12:52Este xoves, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron unha visita moi especial: os compis de 6ºEI do Carballal! Viñeron ata o noso cole para pasar unha divertida xornada de convivencia: contámoslle o conto de “unha eiruga moi larpeira” e eles a nós unha adaptación de “A mosca chosca”. Ao rematar xa era hora de merendar, polo que lle preparamos unha rica e saudable merenda con moita froita. Unha vez que xa tiñamos a barriga chea, puxémonos todos e todas xuntas a xogar. Oxalá se puidesen quedar máis tempo, pasámolo moi ben!
Grazas por vir e ata a próxima!
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VII)
Enviado por josean o Dom, 02/06/2024 - 13:30Os nosos maiores, sempre, malia a que súa vida careceu das comodidades que ten a nosa, atoparon tempo para a diversión compartida. Neste caso, en 1953, os bisavós de Nicolas Fernández García, de Infantil foran á romaría da Franqueira cuns amigos.
Contacontos "As Chaves de Lu"
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 15:56Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz!
Brincaxogos
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 15:48O pasado día 15 foi o día da familia e un ano máis, os e as peques de infantil convidaron as súas familias para pasar un rato divertido todos e todas xuntiñas e celebrar os Brincaxogos. Fixeron mogollón de cousas: ler contos, xogos de mesa, construcións, un pouquiño de arte... Pero sen dúbida, o que máis fixeron foi desfrutar!
Grazas por vir, familias!
As nosas Letras Galegas
Enviado por laurarialf o Xov, 16/05/2024 - 16:48Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.
Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.
Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Contacontos na EEI O Grupo
Enviado por laurarialf o Dom, 12/05/2024 - 12:37O venres os nenos e nenas de infantil visitaron aos compis da escola O Grupo. Levaban xa unhas semanas preparando o conto “Unha eiruga moi larpeira” co teatro de sombras para contárllelo. Gustoulles tanto que o tiveron que repetir dúas veces!
Ao acabar, as mestras da escola tíñannos preparada unha súper merenda con froita e bocadillos! E, por suposto, comeron todiño!
Para rematar a mañá, xogaron moito no seu patio cos demais nenos e nenas. Que ben o pasaron!
Moitas gracias a escola de O Grupo por todo!
Apadriñamento lector
Enviado por laurarialf o Mér, 24/04/2024 - 16:17Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!
Dádelle o play para coñecer os contos!
Apípolis: Saída de 1º e Infantil
Enviado por inesduran o Mar, 19/03/2024 - 23:10Conferencia dos nenos e nenas de Infantil co Carballal
Enviado por laurarialf o Dom, 10/03/2024 - 17:55
Os nenos e nenas de infantil tiveron unha videoconferencia moi especial no cole: coñecemos aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe do Carballal! Durante un bo rato estivemos falando con eles e elas: contámoslle como fora o noso entroido e como fomos disfrazados e tamén puidemos escoitar como o pasaron eles e de que foron disfrazados e disfrazadas.
Foi moi emocionante!
Patio novo en infantil
Enviado por laurarialf o Ven, 16/02/2024 - 20:15Despois de pasar uns días gozando do entroido, chegamos ao cole e atopámonos cunha sorpresa...temos patio novo de infantil!
Levábamos unhas semanas desexando que estivese acabado para ver o resultado e a espera mereceu a pena!
Hoxe por fin o tempo nos deu unha tregua para poder desfrutar del!
Deixámosvos unhas fotiños para que vexades a sorte que temos deste novo cambio e o chulo que quedou.
Que ben senta o verde!
Concurso de disfraces
Enviado por laurarialf o Ven, 09/02/2024 - 00:18Hoxe trouxemos as nosas mellores galas para participar no concurso de disfraces! De unha en unha pasamos pola alfombra vermella para lucir o noso disfraz ante todo o colexio e algúns ata o acompañaron dunhas moi boas interpretacións!
Aquí vos deixamos o vídeo do desfile e outro con algunhas fotos que realizamos ao longo do concurso. Non puidemos ter mellor presentadora...A teacher María!
O xurado, composto por:
- Dani (compañeiro de 6º)
- Montse (mestra de música)
- María (presidenta da ANPA)
- Laura (mestra de Audición e Linguaxe)
- Sabela (compañeira de 6º)
Non o tiveron nada fácil para elixir aos gañadores e gañadoras
Agora...toca esperar ata mañá para coñecer quen son!
A Paz no CEIP Sequelo
Enviado por laurarialf o Dom, 04/02/2024 - 17:13Esta semana celebramos o día da paz representando o noso río Lameira nun mural que enchemos con barcos, paxaros e peixes con mensaxes de paz. Tamén cantamos varias canción: “It’s time to change” de Juanes e “Help!” dos The Beatles coa Teacher María e “Que canten los niños” de José Luis Perales coa profe Montse.
Aquí tendes as magníficas actuacións e algunhas imaxes do mural!
Visita dos nenos e nenas da EEI O Grupo
Enviado por laurarialf o Dom, 04/02/2024 - 16:44Hai uns días os nenos e nenas de infantil tiveron unha visita moi especial: viñeron os nenos e nenas da escola infantil O Grupo a coñecer a nosa escola! Foi unha xornada de convivencia moi completa: merendola todos xuntos e xuntas e despois unha morea de actividades na aula sensorial, na aula de psicomotricidade e no patio!
Foi un día moi chulo!
O NOSO COLE!
Enviado por laurarialf o Mar, 23/01/2024 - 16:29Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!
Vinde a aprender con nós!
Intercambio de postais
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 16:03Este ano os nenos e nenas de Infantil e Primeiro de Primaria elaboraron unhas postais moi chulas para felicitar o Nadal aos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil O Grupo. A súa vez os alumnos e alumnas de 3º e 4º comezaron un intercambio de postais cos nenos e nenas de 3º do CEIP Plurilingüe do Carballal. Escribíronlle mensaxes tanto en Galego como en Inglés.
Elaboralas foi moi divertido, pero recibir unha postal de parte dos outros nenos e nenas fíxonos moita ilusión!
Nadal no Sequelo
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 15:47Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.
Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!
Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e vexades como movemos o esqueleto.
Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!
Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!
Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!
Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión!
BO NADAL!
Os golfiños- Educación Infantil
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 15:31Os nenos e nenas de Infantil estiveron todo o trimestre investigando sobre os golfiños. Agora, que xa son uns expertos e expertas, amósannos algunhas curiosidades sobre estes animais. Como traballaron!
Contacontos "A trastenda dos contos"
Enviado por laurarialf o Lun, 04/12/2023 - 13:45O pasado 28 de novembro tivemos “A trastenda dos contos”, un contacontos sobre o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller da man do CIM (Centro de Información á Muller) de Marín.
A actividade foi destinada para o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
Que momento máis divertido pasamos!
Un Samaín responsable
Enviado por laurarialf o Sáb, 28/10/2023 - 18:13No cole xa empezamos a notar o Samaín e para ser consciente á hora de escoller o noso disfraz, os máis peques do cole tiveron unha charla sobre o consumo responsable. Nela puideron comprender a importancia de reciclar e reutilizar os disfraces e tamén como saber se son seguros e axeitados para nós atendendo ás etiquetas. Acabaron a charla creando a súa propia máscara para este Samaín!
Listaxe de material Educación Infantil- curso 2023-2024
Enviado por Belen o Lun, 26/06/2023 - 15:22A REUNIÓN COAS FAMILIAS SERÁ A SEMANA ANTES DO COMEZO DAS CLASES (AVISAREMOS TELEFÓNICAMENTE CON 2-3 DÍAS DE ANTELACIÓN)