Os maios

Os Maios da Ascensión

"A Biblioteca Escolar ten a palabra" e recupera unha antiga tradición do mundo dos maios, desaparecida dende o ano 1954, a de saír ademais do día 1 de Maio, o xoves da Ascensión

Maio 2022. Recompilación do traballado para a celebración dos Maios.

Como todos os anos traballamos a nosa tradición dos Maios e Embarcacións da vila de Marín. Este ano máis que nunca fixemos noso o lema proposto polas Bibliotecas: " A Biblioteca Escolar ten a palabra".

O Maio de 4º de primaria

Os nenos/as de cuarto escribimos o noso maio para celebrar esta festa; a continuación, deíxovos unha imaxe interactiva onde se clicades enriba podedes ver a letra do maio, as fotos ou os videos dos nenos/as cantando. Uns artistas!!!

Coplas de Maios 2022

Este ano, o tempo botousenos enriba, e tivemos que botar man de xente tan experta no mundo dos maios como o profe Ramón Pastoriza, que nos escribiu unha fermosa copla para un dos barcos; pero ollo os nenos xa están empezando a  facer a copla do ano que vén, e vanna rematar a primeiros de maio.

Aqui tedes as coplas coas que imos baixar este ano á Marín:

FAI A TÚA COPLA de MAIO

Se ademais de elaborar a túa maqueta de Maio e do traballo que fagamos sobre a festa nas aulas, nos queres mandar a túa copla personal, estaremos encantados de publicala na nosa páxina web e incluíla na exposición que o Ateneo promove no Museo Torres. 

Pídesennos que teñan, como o ano anterior, 5 ou 6 estrofas.

Podedes mandala a cepsequelo@gmail.com e como tódolos anos deixámosvos este manual que nos guía na realización dunha copla de maio coherente e ben estructurada.

 

Maio Larpán

Hai algúns que parece que naceron para isto, papillo de Maio de Rúa do maio Larpán do Sequelo, produto do Taller de Coplas

Taller de Coplas de Maio

Como tódolos anos sacamos adiante o noso Taller de coplas de Maio de onde sacamos adiante en tódolos cursos, unha porrada delas e das que sacamos, as que logo configurarán aquela que cantaremos o primeiro de Maio en Marín.

O fondo do vídeo é moi especial:  son os nosos maiores de hai uns anos xa, cantando o que recordaban de nenos. A súa voz reforza a forza transmisora dunha celebración na que participaron coma nós os nosos devanceiros e a cadea segue intacta

 

Cantamos os maios (I)

Malia todalas complicacións e dificultades que supuxo a pandemia, e que somos conscientes que facelo fóra do día 1, é un mísero remendo do que ten que ser, non podiamos pasar sen cantar e tan ben como o fixeron os nenos de 6º A

Os nosos armazóns

Foi unha mágoa, que non puidesemos cumprir coa tradición, e saír cantar o día Primeiro de Maio a Marín, que ese é e non outra a verdadeira TRADICIÓN dos Maios.  Polo menos co esforzo de todos, alumnos e pais, conseguimos sacar adiante dous espectaculares armazóns e a nosa Xiana que sempre está presente

Coplas de Maio 2021

As coplas de Maio e Embarcación que presentamos ao concurso de Santa Cecilia, non son máis co compendio do potente traballo que realizaron os nenos no Obradoiro de Coplas que levamos avante en tódolos cursos.  Aqui aparecen recollidas estrofas das coplas dos alumnos de 6º

Embarcación Xiana 2021

Moito valor había que ter para sen ensaiar facer viable a copla que presentamos ao concurso de Maios este ano. Fixeron máis coplas de barco e tiñan que amosar que eran cantables, a partir da melodía da Carroza triunfal que saíu en 1954.

Festa dos Maios 2021

Traballando nos Maios.

Flores, Pampullos, Fiuncho, Espadaina...

Clasificamos, Cosemos...

Mantemos as tradicións.

 

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.