Plan Proxecta

No curso 2023-2024 participamos en 3 Proxectos: 1) Nutriescola (Froita e Leite), 2) Vida Activa e Deportiva, e 3) Aprende programando. No curso 2022-2023 participamos nos Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD), concretamente nas modalidades DAFIS, Móvete+ e XOGADE, xa iniciadas no curso anterior.

Facemos un cursor Makey

Unhas simples frechas construídas con cartulina e forradas con papel de aluminio fixeron que por medio das placas Makey Makey coas que nos dotou a nosa participación no Proxecto Digicraft e unha sinxela programación en Scratch, se convertisen nas frechas do cursor.

Froita na escola

 

Medo na Noite (III)

As XACIAS son seres da mitoloxía galega coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, sobre todo, feminina. Segundo as lendas, encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos. Neste caso na zona do río Miño que pasa pola parroquia de Chouzán no concello de Carballedo da Comarca de Chantada en Lugo.

Campionato escolar zonal de campo a través

O pasado xoves 5 de outubro celebrouse este campionato no campo de fútbol de San Pedro. No noso centro obtivemos varias medallas e diplomas. Noraboa a todos e todas!

Baile Fin de curso- Móvet+

E o ben que bailaron todos a Muiñeira!!

Moitas grazas, 

Moi bo verán!

Atletismo en pista

O pasado martes 9 de maio fomos ao campo de San Pedro, para practicar as diversas modalidades do atletismo en pista cos demais centros do concello de Marín. Pasámolo xenial!

Bizarrap Sequelo Music Session 54 "Atún con pan"

O desafío era a partir dunha base rítmica de Reggaeton e dunha certa coñecida sesión de Bizarrap, traballar as antíteses e traballáronas arreo, e polo camiño caeu algunha aliteración. Utilizando certos tópicos do estilo como o uso dun inglés macarrónico que rebautizaron como Galenglish, construíron esta canción. Polo camiño e sen querer tamén se decataron de que fixeran unha aliteración. Figuras literarias no reggaeton e grazas ao profe Marcos, atún con pan A letra foi un traballo de toda a clase e a interpretación de Amir e Gomis.

Campo a través- Portas

O xoves pasado os nenos/as de 3º curso foron a Portas.

Correron con outros nenos/as da súa idade no Campionato Provincial de Campo a través.

Noraboa!

Carreira de Campo a través- Xogade

Onte o tempo permitiu celebrar a carreira de Campo a través, medirnos con compañeiros/as da mesma idade, reencontrarnos con antigos compañeiros/as, coñecer novos/as... Pasámolo xenial e o mellor de todo foi que no noso centro, tivemos varias nenas que quedaron de primeiras. Noraboa!!!

Deixo algunhas fotos da carreira.

Móvete+

Coa coreografía que Iria Alfonso de 6º A elaborou para a canción "Don´t Go Yet" de Camilo Cabello bailaron tódolos alumnos do Colexio e algún que non era alumno. Outro dos múltiples plans que conforman o Plan Proxecta onde estamos baixo a dirección da profe Belén

.

Atletismo en pista

ESTA MAÑÁ OS NENOS/AS DE 5º CURSO, POIDERON PRACTICAR ATLETISMO EN PISTA NO CAMPO DE SAN PEDRO: LANZAMENTO DE VÓRTEX, LANZAMENTO DE PESO, SALTO DE LONXITUDE, RELEVOS, CARREIRA DE 500 M E DE 60 M. 

ESTA SAÍDA FOI POSIBLE GRAZAS Ó PROGRAMA XOGADE DO PLAN PROXECTA.

 

Froita e leite nos recreos

HOXE COMEZAMOS CO REPARTO DA FROITA, ATA O VENRES 28 DESTE MES.

OS LUNS: MANDARINA.

OS MARTES: PERA.

OS MÉRCORES: PLÁTANO.

OS XOVES: MAZÁ.

OS VENRES: LARANXA.

Programa Xogade. Carreira "Campo a través"

Seguindo co empeño de fomentar hábitos saudables entre o noso alumnado, hoxe participamos na competición "Campo a través", dentro do Programa Xogade.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.