Radio escolar

Radio escolar

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)

A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (II)

Adriana Cambeiro de 4º tróuxonos esta estupenda foto de 1954 que tiña na súa casa e este é o podcast que fixo a partir dela.

 

Recollida de Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas

Este ano imos participar dende a Radio Tuxiña co Proxecto Ponte nas Ondas no Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constitúe un exemplo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial ás novas xeracións realizada a través da escola que serve de ponte entre as familias, comunidades portadoras, e o ensino formal.

Importante que as fotos que nos traiades SEXAN ORIXINAIS e de antes dos anos 70. 

Como temos alumnado de distintas orixes, invitámolos tamén a que nos traian fotos do patrimonio cultural do seu país de orixe.

Como exemplo do que se pretende que sexa esta recolleita, deixámosvos o que fixo Darío Pereira Omil de 5º, cunha foto que lle cedeu o seu avó.

Entrevista á profe Laura Rial

Sophie, María, Alba, Ainhara, Diego Soaxe, María e Leire entrevistan á profe Laura e descubren o motivo que a levou a querer ser mestra.

Curiosidades Animais (II)

Un pouco de efecto aparecer, outro pouco de esvaecer, cortar, mover separar e un moito de autoduck foron os trucos necesarios para crear este podcast por medio do Audacity.  Moitos dos nosos alumnos non o conseguiron, outros quedaron a medio camiño con uns pouquiños erros pero xa hai algúns coma este, que conseguiron editar o programa de radio dun xeito moi digno. En pouco todos van facelo asi, dos erros e con sacos de paciencia e como se aprende.

Curiosidades animais

En Ciencias Naturais os alumnos de 5º estivemos traballando o tema dos animais e como estabamos mergullados no Proxecto Documental sobre o río Lameira, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre a anguía, o animal que eliximos, pero ademais aprendimos estoutras cousas sobre outros animais. Curiosidades en Radio Tuxiña

 

Entrevistas na beira: "O enterro da sardiña"

Dende polo menos 1882 vense celebrando en Marín o Enterro da Sardiña. O enterro da Sardiña é unha celebración que marca por toda España o final do Entroido urbán e que ten lugar o Mércores de Cinza, pero o Enterro en Marín ten unhas peculiaridades que o fan diferente. O pobo de Marín, mariñeiro, desde ás súas orixes soubo adaptalo á súa realidade, con ladanía e música de seu; música que aparece no podcast.

Quen máis sabe do Enterro é Celso Méndez Fraguas, por telo vivido dende que recomezou a súa andadura en 1976 e como os nenos de 5º querían saber do seu Enterro da Sardiña, quen mellor.

May be an image of 4 persoas, newsroom e texto

 

Entrevista na beira III: Montse Ogando

Pola nosa radio pasa unha mestra que se incorpora este ano ao noso centro é que dá en quinto música e Plástica.  Se queredes saber máis dela estade atentos  a esta entrevista na beira.

Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"

Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles  cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.

O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.

 

Entrevistas na beira

Neste primeiro "Entrevistas na Beira"... do río Lameira os nenos de 5º entrevistan para a Radio Sequelo á nova presidenta da ANPA Aidón que lles conta cousas moi interesantes.

 

A pantasma que non daba medo.

Os nenos de 2º grabamos na radio escolar un dos contos que fixemos co gallo do Samaín. Esperamos que vos guste. 

 

 

Medo na noite (IV)

En Silleda, hai unha ponte construída polo mesmísemo demo, a petición dos monxes do Mosteiro de Carboeiro.

 

Medo na Noite (III)

As XACIAS son seres da mitoloxía galega coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, sobre todo, feminina. Segundo as lendas, encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos. Neste caso na zona do río Miño que pasa pola parroquia de Chouzán no concello de Carballedo da Comarca de Chantada en Lugo.

Medo na Noite (II)

A lenda dun cabalo branco infernal que axuda aos camiñantes a cruzar un río, aparece espallada por toda Galicia.  Esta que contan os nosos alumnos sucedeu no río Limia hai disque que unha chea de anos, cando aínda os animais falaban...

 

Entrevista á escritora María Xosé Lamas

 Na semana adicada ás Letras Galegas visitounos a escritora Maria Xosé Lamas para presentarnos a súa obra "Debuxos con palabras". A continuación foi entrevistada polo alumnado de 3º na radio da biblioteca. Esperamos que vos resulte interesante esta entrevista.

O Baúl dos Libros: entrevista a Víctor Rivas

A visita de Víctor Rivas serviu como excusa perfecta para crear un novo programa que vai xirar ao redor da nosa biblioteca:  a lectura, escritura creativa, deseño gráfico....En resumo, o mundo dos libros, un mundo do que as ilustracións de Víctor son parte.

 

Entrevista aos de Infantil

Por primeira vez os de 4º de Primaria e os de Infantil, baixo a dirección das súas profes, Alba e Andrea atrevéronse a fedellar coa nosa radio escolar e os resultados foron simpáticos, pero ao mesmo tempo moi profesionais, nunha entrevista onde os máis pequenos entre outras cousas contannos como vén o noso centro. Ben feito rapaces e profes!!

Noticiario Francisco Fernández del Riego

 

Día a día, imos aprendendo de quen leva máis tempo ca nós coa radio escolar. Gustounos moito o estilo de noticiario duns compañeiros de Mijas (Málaga) e os nenos foron quen de adaptar a estructura. Fixeron un bo traballo, que aínda sería mellor sen uns "erros de gravación" que nos obrigou a gravar a última parte dende a casa por teléfono. O resultado malia iso foi estupendo.

    NOTICIARIO:

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.