Chegamos a bo porto

Proxecto transversal do curso 2019-2020 para todos os cursos de primaria, centrado no estudo do Porto de Marín.

Entroido 2021

#Eu son brava

Xunto con outros colexios da contorna colaboramos, como non podía ser outra sendo de Marín, con Opromar neste valioso proxecto que é Eusonbrava.

OPROMAR  é unha organización formada por empresas armadoras que posúen barcos de pesca que capturan  peixes en todos os océanos e que nesta ocasíón pretende poñer en valor o traballo das mulleres dentro do mundo do mar.  Con tal fin, mulleres de toda Galicia, compartiron as súas experiencias nos traballos relacionados co mar, a través de videos e textos. Como remate da actividade os nosos alumnos elaboraron pequenos textos que a organización recolleu na súa páxina.

Clica na imaxe para ir ao blog e logo para acceder aos do noso cole premede en "OLDER ENTRIES"  tres veces.

O mundo do mar: as embarcacións tradicionais e os peixes

Algún alumno houbo que máis aló da súa presentación sobre o mundo do mar levou a cabo tamén un video contándonos de viva voz dende a súa casa, todo o que descubrira dun mundo, ao mesmo tempo tan cercano e tan afastado de nós.

Roberto Armada Aneiros

Martín Barreiro Touza

 

O mundo do mar

"O mundo do mar" foi resultado da investigación que os alumnos de 5º levaron a cabo dentro do Proxecto do Porto, para entender mellor a realidade mariñeira dos nosos portos.

Mulleres de mar e de terra

Como ben sabedes ao longo do curso viñeron moitos avós a contarnos as súas experiencias como mariñeiros, nesta semana os nenos/as convertíronse en xornalistas para entrevistar as súas avoas, tías...A maioría delas mulleres do mar: mariscadoras, mulleres de mariñeiros, vendedoras de peixe na praza ou traballando en conserveiras...tamén atopamos xornaleiras;tratábase de saber como vivían estas mulleres. De tódalas entrevistas quédome co que nos conta Mario que aprendeu coa entrevista a súa avoa: "As mulleres relacionadas co mundo do mar son moi traballadoras, sufridas e que para elas o primeiro é a familia"


Para rematar deíxovos un video que mandoume Rocío para coñecer mellor a vida das mariscadoras, espero que vos guste
 

El Puerto de Marín

A continuación os  presentamos el trabajo recopilatorio sobre la descripción del puerto de Marín que hicieron los alumnos de 4º B. Esperamos que os guste

Entrevista a Xose Iglesias Lamela, patrón da Costa da Morte

Dentro do proxecto que eliximos este ano se engloba esta entrevista que dende a nosa radio fixemos ao patrón, mariñeiro e poeta Xose Iglesias Lamela. Máis aló da triste realidade do Coronavirus, contanos moitas máis cousa dun traballo que ata hai nada era o dos nosos pais e avós, un traballo coa presenza constante das marés e en perpetuo cambio; e como nos conta Xosé máis agora polo cambio climático que se está notando xa nos mares:  especies como as salpas enchen o mar...Teremos como di Xosé que investigar que son....

Poemas dende a casa (8): Xosé Iglesias Lamela

Patrón, armador, poeta, debuxante... pero por riba de todo mariñeiro. No momento en que escribimos estas liñas este moso esta no mar co seu barco o Primeiro Villar que ten a base na Coruña, aínda que Xosé é de Cee. Xa algún lance ten botado para o noso colexio nalgunha outra singadura pedagóxica nosa. Nestes días de loucura como moitos mariñeiros da nosa costa segue saíndo a faenar para que teñamos peixiño tódolos días, aínda que sei que a moitos de vós o peixe...

Xa leva publicado dous libros de poesía: Transfusión oceánica e A relixión do mar co que gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Cando isto se calme queda comprometido a mandarvos a todos un saúdo, para abrir boca mandounos este vídeo del falando do que ama: o MAR e os seus habitantes.

A raia

Outro dos experimentos de VideoEdicion que levaron adiante os rapaces de 5º, dentro do Proxecto "Chegamos a bo porto".  Desta vez os autores foron Maroua, Carla e Carlota.

Concurso de Fotos Pilabot

Dende este momento xa podedes votar aos estupendos traballos que realizaron os nosos nenos.  Temos moito e bo onde elixir. 

FAI CLICK ENRIBA DA IMAXE DO CONCURSO E VOTA POLA QUE MÁIS CHE GUSTE

Visita ao porto de 4º primaria

Os alumnos de 4º de primaria fomos visitar o  Porto de Marin onde nos explicaron o seu funcionamento e fixemos unha visita guiada por un policia portuario que nos explicou as distintas zonas do Porto. Rematamos esta saída na empresa Mares de Galicia onde nos mostraron como elaboran e envasan os moluscos.

De visita polo Porto de Marín

Visitando o Porto de Marín

Onte día 5 de Marzo, as clases de 6º visitamos o Noso Porto.

A visita consistiu nunha charla para coñecer o traballo que se fai no Porto e despois nunha visita guiada en bus polos terreos do Porto.

Grazas pola visita

O lumbrigante

Este vídeo que describe a vida e as características do lumbrigante fixémolo Roberto e máis eu, cun programa de edición de vídeo chamado AVS Editor:

-Primeiro gravamos o diálogo na radio

-Mesturámolo no programa co vídeo

-Metémoslle a música e baixámola un pouco para que se nos escoite ben a nós e por último metimos o título e os créditos

Breixo Sanjorge Boullosa 5º B

O escacho

O escacho é un peixe que aínda que ten moitos parecidos cos peixes da súa familia, os Triglidae, a súa cabeza, os seus ollos e os seus órganos sensoriais fanno moi raro.

O vídeo do escacho fixo que a miña compañeira Alexandra e máis eu aprenderamos moito sobre este peixe.  Aínda que custou bastante editalo, quedou moi ben.

Irene Estévez Pazos 5º B

Especies de ría (videodocumentais)

Comezamos a editar en vídeo.  

Dentro do proxecto do porto no que estamos mergullados este ano, os nenos aproveitaron varios vídeos que circulaban por Youtube para darlle "nova vida": crearon uns pequenos guións que explicaran as distintas especies animais e vexetais que viven na nosa ría, axeitárono aos tempos dos vídeos, buscaron músicas de fondo Creative Commons, grabaron os guións na radio e por último no momento da edición mesturaron todo con AVS Video Editor. O resultado son estas curtas que representan un principio no traballo coa linguaxe cinematográfica.

1. A Canilonga

2. Os Mexillóns

Os vídeos elixidos son de alta definición, 720p ou 1080p. Elixide esa definición na configuración de Vimeo

Chegamos a bó porto con Benito

O día 28 de novembro veu Benito explicarnos que había dous tipos de pesca: de arrastre e de rede. Díxonos que o maior medo que pasara fora unha vez que atoparon unha especie de balea que estaba amarrada na barca e por pouco vira a barca. Dixo que para pescar sardiñas había unha rede onde engánchanse as cabezas e xa non saen.

Unha vez estaban pescando coa liña e pescou un tiburón martelo, liouse coa liña e case lle arrinca unha orella, quedoulle colgando e tiveron que coserlla no barco. E que Benito é todo un lobo de mar.

Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo

Chegamos a bo porto con Umberto

Umberto era un mariñeiro que pasaba o Nadal no barco, case non vira aos seus fillos crecer; no Nadal traballábase tódolos días e só se comía un pouco de turrón. Tamén traballaba no arrastre e díxonos: "imaxinádevos que sodes peixes e fixo como se nos tirara unha rede e como se nos pescara a todos xuntos".  O que máis nos impresionou foi que pescou un tiburón martelo.

Lucia Couso, Pedro, Miguel e Dani.

A maxia da reciclaxe

OS ARTISTAS DA RECICLAXE

Utilizando tapóns de cortiza

ideamos figuriñas para o noso Belén.

Qué artistas!

 

 

¡Animádevos a reciclar!

 

Chegamos a bo porto: Marín

CHEGAMOS A BO PORTO

UN PORTO QUE COIDA O MAR

 

Coida o mar

COIDANDO O MAR

COIDANDO A NOSA RÍA

En relación co proxecto deste ano,

CHEGAMOS A BO PORTO,

os compañeiros da clase de Reli aprendimos que o porto de Marín coida a ría 

mantendo o mar limpo de contaminación:

chatarra, plástico, redes, pilas, vidro...

para ver o vídeo preme na imaxe 

 

 

Na placa da escultura colocada diante do paseo do porto de Marín di así:

O PORTO DE MARÍN LIMPA O FONDO MARIÑO DA RÍA E

MANTÉN LIMPAS AS SÚAS AUGAS

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.