Aprendo Programando

Dende o ano anterior e co obxectivo de facer da programación un medio polo que se leve a cabo o proceso de aprendizaxe, que debe estar caracterizado por ter a maior autonomía posible permitindo o desenvolvemento da capacidade creativa do alumnado, o noso colexio en colaboración co CEIP O Carballal e o IES Mestre Landín, participa neste proxecto. Cada centro participante terá que elaborar e entregar un proxecto centrado na creación de polo menos un produto ideado e programado polo alumnado, mediante a ferramenta Scratch, que presentará, nos prazos establecidos, ao concurso "Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch". Neste ano, os proxectos que se realicen deberán ter unha temática común: O Patrimonio cultural europeo.

O ganso do Nilo

Outra das especies invasoras en Galicia e moi de moda nas noticias neste momento. A cousa foi creación de Xoel Sequeiros e Breixo Vidal.

Cando apareza o gardabosques co seu arco de bolas asustagansos dispáraas premendo a tecla x, para que o ganso se marche de Marín.

 

A raqueta antivelutina

Antes de poñerte a estragar raquetas de badminton sen ton nin son para loitar contra as velutinas, practica un pouquichiño con este simple xogo de Roberto de 5º.  Dalle a bandeira e cando a velutina se mova seguea co rato e cun click dalle coa raqueta.

O Matavelutinas

Estuda e logo xoga a eliminar velutinas. Para que a variña máxica dispare preme a tecla espazo

Evita á machada

Un xogo moi especial, deseñado  para dous xogadores ao mesmo tempo

 

O xogo da bola

Move o cursor para xogar coa bola, outro dos xogos clásicos transformados polos alumnos de 5º B

 

O xogo do globo

Chega aos 15 puntos, premendo enriba do globo.  Irene e Candela de 5º B transformaron este coñecido xogo

 

Escaravello brillante

Preme enriba do escaravello para que poidas ver a súa capacidade de cambiar de cor, tal e como o deseñaron os alumnos de 4º

 

Personaxes animadas

Se premes nas personaxes verás que cousas máis divertidas fan. Animacións que realizaron alumnos de 5º A

 

Postais de Nadal

Algunhas das postais que os alumnos máis pequenos fixeron coa axuda dos seus titores de 5º e 6º, e que logo enviaremos aos centros "irmáns"

 

Bullying, basta xa

Pequena animación realizada polos alumnos de 6º para o Proxecto Aprendo Programando que este ano xira sobre o tema do Bullying

Non ao Bullying

Unha pequena animación con Stykz de Angela Durán Silva e Marta Pazos Castro de 6º B preparatoria da que logo imos levar a cabo co Scratch e que nos serve para enlazar co proxecto das Curtas no Museo na que tamén estamos inmersos

Salta

Enrique García Graña e Adrián Pesqueira Fernández de 6º B recrearon este xogo co que desfrutaron os nenos máis pequenos.  Seguide as instrucións da rapaza...

Boom

Os alumnos de 6º A recrearon este xogo onde o truco consiste en afastar o ovni do misil, guiando o primeiro co rato, de xeito que non che estupe o misil e non cho desfaga

Conquista a Bandeira

Leva a bola verde ata a bandeira coas frechas do cursor neste remake do xogo feito por Enrique García Graña de 6º B.

Estoupaglobos

Dúas versións do estoupaglobos, onde o visor é manexado co rato, e a misión é estoupar tantos globos como poidas. O primeiro máis lento dentro do grupo de rapaces de 4º titorizado por Álvaro Pereira Omil e o segundo moitísimo máis rápido feito por outro grupo de 4º

 

 

O grande come ao pequeno

Evolución do típico acuario realizado polos alumnos de 6ºA. Leva co rato ao peixe grande cara aos pequenos e mira o que sucede

Ping Pong futbol

Traballo de Pedro Grosso mesturando outro xogo clásico cun dos seus intereses, o fútbol.  Premede a bandeira verde para empezar a xogar, ontrolade a barra vermella co "a" e o "z" e a azul coas frechas verticais do cursor

Evita ao can

Un dos primeiros xogos de producción propia baseado nun clásico, desenvolvido por Samuel de la Torre Corbacho de 6º.  Ollo, que non é doado; coa tecla espazo fai saltar ao can por riba do gato.

Efecto multiplicador: spinner/ dragón

Duas realizacións do efecto multiplicador levado a cabo nos talleres de 5º baixo a dirección de Adrián Pesqueira e Damián Otero.

 

Bo Nadal

Adrián Pesqueira coordinou o grupo de 4º que realizou esta postal, traballando coas flechas do cursos e a do espazo

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.