2º Primaria

Apadriñamento lector

Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!

 

 

Dádelle o play para coñecer os contos!

Visita de David Rodríguez, autor de "Superavoa".

Este pasado venres 8 de marzo visitou o colexio David Rodríguez, autor de "Superavoa", que fixo a delicia dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Deixámovos unha pequena mostra do que aconteceu.

 

Kahoot sobre o río Lameira.

O alumnado de 2º elaborou un Kahoot relacionado co PDI do colexio deste ano. Animádevos a facelo e a ver cantas preguntas respostades ben. Moita sorte!

Facede clic na imaxe: 

Ou xogade directamente en formato pequeno poñendo o voso nome

Día de Rosalía de Castro.

O alumnado de 2ºA fixo un pequeno vídeo recitando o poema de Rosalía de Castro "Has de cantar", que xa fixeran por escrito acompañado de debuxos.

 

Concurso de disfraces

Hoxe trouxemos as nosas mellores galas para participar no concurso de disfraces! De unha en unha pasamos pola alfombra vermella para lucir o noso disfraz ante todo o colexio e algúns ata o acompañaron dunhas moi boas interpretacións!

Aquí vos deixamos o vídeo do desfile e outro con algunhas fotos que realizamos ao longo do concurso. Non puidemos ter mellor presentadora...A teacher María!

 

 

 

 

O xurado, composto por:

  • Dani (compañeiro de 6º)
  • Montse (mestra de música)
  • María (presidenta da ANPA)
  • Laura (mestra de Audición e Linguaxe)
  • Sabela (compañeira de 6º)

 

 

Non o tiveron nada fácil para elixir aos gañadores e gañadoras

 

Agora...toca esperar ata mañá para coñecer quen son!

A Paz no CEIP Sequelo

Esta semana celebramos o día da paz representando o noso río Lameira nun mural que enchemos con barcos, paxaros e peixes con mensaxes de paz. Tamén cantamos varias canción: “It’s time to change” de Juanes e “Help!” dos The Beatles coa Teacher María e “Que canten los niños” de José Luis Perales coa profe Montse. 

 

 

 

 

Aquí tendes as magníficas actuacións e algunhas imaxes do mural!

O NOSO COLE!

Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!

 

 

 

 

 

Vinde a aprender con nós!

Nadal no Sequelo

Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.

Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!

 

Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e  vexades como movemos o esqueleto. 

 

 

Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!

 

 

 

Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!

 

 

 

 

Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!

Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión! 

 

BO NADAL!

O sequelo cociña...edición Outono

 

Esta vez os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria traénnos unhas receitas do outono con moi boa pinta. Animádesvos a probalas na casa?

 

Moitas grazas familias!

A Constitución cumpre 45 anos.

Os nenos e nenas de 2º de primaria atrevéronse a cantar unha canción para celebrar o 45 anivesario da Constitución española. Feliz aniversario!

 

Contacontos "A trastenda dos contos"

O pasado 28 de novembro tivemos “A trastenda dos contos”, un contacontos sobre o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller da man do CIM (Centro de Información á Muller) de Marín.

A actividade foi destinada para o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. 

 

 

Que momento máis divertido pasamos!

Menos violencia e máis amor!

Co gallo do 25N, Día Internacional contra a violencia de Xénero, Elsa e Nicolás de 2º de primaria leron esta historia á que acompañan ao final outros compañeiros coa proclama que cantaban no percorrido que fixo todo o colexio con lemas contra a violencia. Parabéns!

O Sequelo cociña: Biscoito de Mia

Seguindo coas receitas de cociña, desta vez Mia Valentina de 2º de primaria e mais a súa nai Gledys Johana elaboraron unha sobremesa que tamén está moi apetitosa, podo dar fe. Moitas grazas. 

 

Magosto

Polo Magosto Vera, Emma, Nicolás e Mia de 2º de primaria fixeron unha pequena historia que grabaron na radio do colexio. Esperamos que vos guste.

O Sequelo cociña: tarta de castañas con chocolate

Coa celebración do Magosto propuxemos facer unha receita con produtos da tempada. Elsa de 2º de primaria e mais a súa tía Rita elaboraron unha sobremesa que de seguro está deliciosa. Moitas grazas. Fai clic enriba da imaxe para ver o vídeo.

 

A pantasma que non daba medo.

Os nenos de 2º grabamos na radio escolar un dos contos que fixemos co gallo do Samaín. Esperamos que vos guste. 

 

 

Benvida ao curso 2023/24.

Ola. O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo para darvos a benvida a este novo curso que comenza. O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.

 

Programación con Lego WeDo

Hoxe o alumnado de 2º de primaria traballou en grupos de tres co kit de robótica de LEGO WeDo, construíndo un muíño de vento e programando o movemento das súas aspas. Para iso axudámonos coas tablets do cole, que tiñan instalada a aplicación WeDo 2.0 coas instrucións para a construción e as suxestións para a programación.

Plantamos e sacamos as herbas malas!

Plantamos dentro do colexio, plantas ornamentais e na horta do colexio: cebolas, brócoli, coliflor e remolacha.  Regamos, sacamos as malas herbas e recollemos a coliflor e o brócoli para comer. Tamén lle puxemos os paus ós guisantes, que xa están florecendo! Temos as patacas tapadas con papel de xornal para que broten e plantarémolas. As semillas das cabazas tamén están desexando que as sementemos. 

Visita ao Lago de Castiñeiras.

O venres 3 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 5º do CEIP Sequelo foi visitar o Lago de Castiñeiras e coa colaboración da Asociación Juan XXIII plantaron árbores. Ademais Gaspar Bernárdez, inxeñeiro de montes faloulles da vexetación e animais que alí podemos atopar. Foi unha mañán moi entretida onde aprendemos moito.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.