Biblioteca

Biblioteca

Recollida de Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas

Este ano imos participar dende a Radio Tuxiña co Proxecto Ponte nas Ondas no Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constitúe un exemplo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial ás novas xeracións realizada a través da escola que serve de ponte entre as familias, comunidades portadoras, e o ensino formal.

Importante que as fotos que nos traiades SEXAN ORIXINAIS e de antes dos anos 70. 

Como temos alumnado de distintas orixes, invitámolos tamén a que nos traian fotos do patrimonio cultural do seu país de orixe.

Como exemplo do que se pretende que sexa esta recolleita, deixámosvos o que fixo Darío Pereira Omil de 5º, cunha foto que lle cedeu o seu avó.

Man non está só (17 de Marzo día do Cómic)

A finais de Febreiro a Asociación marinense "Non estamos sós" co gallo de visibilizar a situación dos nenos e nenas con enfermidades raras, no cartaz que editaron aparecía un boneco que nos gustou moito. Houbo, os menos, que se decantaron por dicir que era un axolote; a maioría falou dun Pokemon emparentado con Charmander.

O boneco como dixen pareceunos atractivo, e como en quinto estabamos traballando co Cómic clásico español, pois a iso se puxeron os alumnos coa personaxe.  De seguida nos decatamos que necesitaba un nome e como a súa cara semellan dúas mans, o nome veu só.

Que día mellor co día Mundial do Cómic, entón para publicar as historias de Man.

 

Visita de David Rodríguez, autor de "Superavoa".

Este pasado venres 8 de marzo visitou o colexio David Rodríguez, autor de "Superavoa", que fixo a delicia dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Deixámovos unha pequena mostra do que aconteceu.

 

Semana da Prensa: Prensa en Feminino

SEMANA DA PRENSA

PRENSA EN FEMININO

Durante esta semana o noso alumnado traballou artigos de prensa relacionados coas mulleres traballadoras, as loitadoras, coa Igualdade.

Segundo os cursos utilizaron a prensa tradicional ou a dixital.

O tema principal foi proposto polo Concello: 

As mulleres farmacéuticas;

pero tamén se escribiu

sobre aquelas mulleres traballadoras da Vila noutros sectores, por exemplo, os oficios relacionados co Río Lameira, deportistas, artistas...

 

Entre as páxinas deste xornal tamén se poden atopar pasatempos;

e en vez das escuras esquelas, unha páxina de aniversarios

SEGUE OS ENLACES PARA PODER VER O XORNAL COMPLETO

Booktube nº 1 : Policán

Incríble cando menos o traballo que inaugura o noso canal de Booktube.  Moi ben interiorizada toda a estrutura que ten que ter un bo youtubers:  mirando sempre á cámara, unha presentación da persoa, do autor, do ilustrador, recomendando porque deberían lelo, resumindo brevemente o texto e as súas personaxes e cunha utilización do fondo moi coidada. E por suposto unha despedida en condicións. Espectacular o comezo

Curiosidades Animais (II)

Un pouco de efecto aparecer, outro pouco de esvaecer, cortar, mover separar e un moito de autoduck foron os trucos necesarios para crear este podcast por medio do Audacity.  Moitos dos nosos alumnos non o conseguiron, outros quedaron a medio camiño con uns pouquiños erros pero xa hai algúns coma este, que conseguiron editar o programa de radio dun xeito moi digno. En pouco todos van facelo asi, dos erros e con sacos de paciencia e como se aprende.

Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez (II)

A Avoíña Paz era un dos tantos personaxes que creou Manuel Vázquez para Editorial Bruguera e que tiña como característica especial que o 80% das súas historias tiñan lugar no bosque, onde ademais vivía un lobo feroz que se enfrontaba á feroz avoíña.

Dentro do noso  proxecto do río, Que é o que tenta facerlle entender ás rás a Avoíña Paz?

Curiosidades animais

En Ciencias Naturais os alumnos de 5º estivemos traballando o tema dos animais e como estabamos mergullados no Proxecto Documental sobre o río Lameira, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre a anguía, o animal que eliximos, pero ademais aprendimos estoutras cousas sobre outros animais. Curiosidades en Radio Tuxiña

 

Traballamos a Banda Deseñada con Conti

Conti, outro dos mestres xurdidos nos anos 40 na barcelonesa editorial Bruguera que durante 40 anos foi o núcleo ao redor do cal xiraba o mundo da potente historieta cómica xuvenil e infantil en España, que surtía semanalmente as estanterías dos nosos kioscos e librerías cunha manchea de revistas.

Así reinterpretou un dos nosos alumnos o seu personaxe "O Tío Magdaleno".

Entrevistas na beira: "O enterro da sardiña"

Dende polo menos 1882 vense celebrando en Marín o Enterro da Sardiña. O enterro da Sardiña é unha celebración que marca por toda España o final do Entroido urbán e que ten lugar o Mércores de Cinza, pero o Enterro en Marín ten unhas peculiaridades que o fan diferente. O pobo de Marín, mariñeiro, desde ás súas orixes soubo adaptalo á súa realidade, con ladanía e música de seu; música que aparece no podcast.

Quen máis sabe do Enterro é Celso Méndez Fraguas, por telo vivido dende que recomezou a súa andadura en 1976 e como os nenos de 5º querían saber do seu Enterro da Sardiña, quen mellor.

May be an image of 4 persoas, newsroom e texto

 

O NOSO COLE!

Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!

 

 

 

 

 

Vinde a aprender con nós!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.