Orientación

Cadernos de atención á diversidade

Os Equipos de Orientación Específicos son axentes de apoio á orientación externos aos centros educativos, centrando as súas funcións, con carácter preferente, no apoio especializado aos departamentos de orientación, na elaboración de programas de intervención, na actualización de datos propios de cada especialidade, así como na elaboración de materiais e recursos que contribúan a unha axeitada resposta educativa nos centros, neste caso en materia de orientación educativa e profesional.

Nesta liña publicaron unha serie de cadernos de atención á diversidade, dispoñibles no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/411/652/654

Normativa básica de orientación educativa en Galicia

Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011

Diploma Colexio do Benquerer

Rematamos as actividades programadas para este curso no proxecto Colexio do Benquerer, de educación afectivo-sexual, organizado pola Fundación Meniños, que nos traslada o certificado de colaboración.

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023-2024

A convocatoria para o curso 2023 - 2024 publicouse o 26 de abril de 2023, e a axuda pódese pedir do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez completado, hai que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo.

Toda a información neste enlace.

Colexio do Benquerer: comunicación asertiva

Estes días traballamos nas aulas de 5º e 6º de primaria o tema da  comunicación asertiva, dentro do programa de educación afectivo-sexual do Colexio do Benquerer.

Vimos que existen tres estilos básicos de comunicación: agresiva, pasiva e asertiva. O alumnado recoñece que o seu estilo máis frecuente é o estilo agresivo, facilitado polas confianzas que teñen cos seus amigos/as.

Na comunicación asertiva, fundamental para ter novos amigos/as, defendemos os nosos propios dereitos respectando os dereitos dos demais, é dicir, sen ofender nin molestar.

Na imaxe seguinte vemos os cinco pasos básicos que podemos seguir para intentar manter unha comunicación asertiva, e saber dicir que NON, sen que o interlocutor se sinta ofendido.

Programa de Educación Afectivo-Sexual Colexio do Benquerer

Nestes días iniciamos o programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" que nos ofrece a Fundación Meniños, cos cursos de 5º e 6º de primaria.

En 5º curso traballamos a actividade "O nome correcto", que nos ensina a utilizar o nome correcto para designar aos órganos sexuais masculinos e femininos e fainos reflexionar sobre o porqué da existencia de moitos nomes inapropiados.

En 6º curso vimos a actividade "A máquina do tempo" centrada nos diversos tipos de cambios que se producen na etapa da puberdade: cambios non só físicos, senón tamén emocionais, cognitivos e sociais.

Día das Persoas con Discapacidade

Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.

Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.

Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas ás explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso 2022-2023

O Ministerio de Educación convoca Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade,  trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

 O prazo para solicitar a bolsa vai desde o día 19 de maio  ao día 30 de setembro (venres).

Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:

 https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

E máis detallado no enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731

Emocióna-T. Reláxa-T. Móve-T coa música

Na clase de música estivemos traballando a relaxación como actividade do proxecto Emocióna-T. 

Emocióna-T coa música de Mercedes González

A botella da calma

Vídeo onde se explica como fixemos as botellas da calma polo "Día da Paz".

(Clica na imaxe para ver o vídeo)

 

 

Experimentamos (pero non só coa ciencia)

As profes Ruth e Belén, dirixen aos nenos cara ao coñecemento "científico" a través da experimentación directa con diversos materiais. Bótalle unha ollada a estes divertidos experimentos de patio.

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2021-22

O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade,  trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

 O prazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro (xoves).

Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:

 https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Recursos para traballar con alumnado TEA

Na web da Asociación Navarra de Autismo, atopamos unha selección extensísima de materiais e enlaces de interese, a maior parte provén de tres fontes: materiais creados por Amaya Ariz, materiais da web de Arasaac e da web www.lasonrisadearturo.com. Con eles podemos traballar:

- vocabulario e linguaxe

- praxias

- condutas

- emocións e habilidades sociais

- secuencias e funcións executivas

- as axendas e as horas

- contos con pictos

- cancións

- anticipar situacións

- grafomotricidade e lectoescritura

- materiais para traballar no primeiro ciclo de primaria, etc.

Na web trespuntocero recompilan ata 15 recursos, na súa maioría aplicacións informáticas e recursos vía web, para traballar con este tipo de alumnado.

Outra fonte de recursos interesantes é o blog: El sonido de la hierba al crecer

Día Mundial das Enfermidades Raras (28 febreiro)

Sabías que só en España hai máis de 3 millóns de persoas que padecen enfermidades raras?

Cada ano, o 28 de febreiro, celébrase o Día Internacional das Enfermidades Raras, co obxectivo de crear conciencia e axudar a todas as personas que padecen esta condición a recibir o debido diagnóstico e tratamento para garantirlles unha vida mellor.

Na web diainternacionalde temos información básica para saber máis.

E tamén na web de FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) podemos descargar materiais da campaña.

 PROPOSTA:

Sumámonos á proposta da ANPA Aidón, do CEP Sequelo, para que nos comentedes nesta entrada se coñecedes alguha enfermidade rara ou algunha persoa que a padeza e cal é a vosa experiencia en relación con ela. Tamén o podedes comentar no Facebook da ANPA Aidón.

Recursos para alumnado de integración tardía

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA ALUMNADO DE INTEGRACIÓN TARDÍA CON DESCOÑECEMENTO DAS LINGUAS VEHICULARES, CASTELÁN E GALEGO

 

1. APPS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES

- DUOLINGO (Aplicación para aprender idiomas, tamén ten servizo web,  precisa rexistrarse)

- MOSALINGUA (Aplicación para aprender idiomas, precisa rexistrarse na web)

 

 2. RECURSOS PARA APRENDER CASTELÁN

- TEJIENDO EL ESPAÑOL, LA RUECA ASOCIACIÓN.  (Manual para profesor e alumno, pdf de 124 páxinas, pódense imprimir páxinas)

 -  https:/aprenderespanol.org Exercicios de vocabulario, gramática, con actividades diversas.

- www.ver-taal.com Exercicios de vocabulario temático, etc. Con debuxos e son.

. https://www.spanishlearninglab.com/, web con leccións de castelán básico e fichas imprimibles en pdf.

 

3. RECURSOS WEB PARA  APRENDIZAXE DE CONTIDOS CURRICULARES (Alumnado que coñece a lingua francesa)

A) ÁREA MATEMÁTICAS:

. KHAN ACADEMY FRANCE

O alumno pode seguir videotitoriais con explicacións, realizar exercicios online ou imprimir probas en pdf.

. TOUPTY.COM  (Fichas imprimibles con exercicios e solucións)

. MATHS-PDF.FR  (Fichas imprimibles con exercicios que se poden seleccionar de unha lista)

. JEUXMATHS  (Explicacións de contidos e exercicios online)

 B) ÁREA LINGUAS:

 

 

 

C) ÁREA DE CIENCIAS:

. PASS-EDUCATION  (Planeta Terra e os seres vivos, textos en francés, precisa rexistro na web)

 

D) PLATAFORMAS ENSINO

. SCHOOLMOV.FR  (Varias materias, precisa rexistro na web)

Día Internacional das persoas con discapacidade (3/12/20)

Conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade  co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das personas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida.

Para ese propósito propoñemos dous vídeos para velos e comentalos co noso alumnado. Son: Cuerdas, curtametraxe de 10 minutos de duración, de Pedro Solís García. Foi o gañador do Goya® 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación española".

O segundo vídeo, de 4 minutos de duración, titúlase "O regalo", e o seu protagonista é un canciño moi xoguetón.

E no caso de coñecer xa estes vídeos, temos máis posibilidades na CARTELEIRA INCLUSIVA que nos propón o blog Averroes da Junta de Andalucía.

Programa ARCO

No curso 2020-2021 participamos no programa ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación), dirixido ao alumnado de 4º, 5º e  6º de primaria, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional, e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Grazas a esta iniciativa temos á nosa disposición unha profesora de apoio, con horario a media xornada, que ofrece atención ao alumnado seleccionado para o programa, ata un total de 15 alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria, en horario lectivo e dentro das aulas ordinarias.

Máis información sobre o programa.

Benestar emocional

Os seres humanos, e en xeral o reino animal, somos esencialmente emocións (alegría, tristeza, medo e rabia son as máis básicas). O ser humano desenvolveu evolutivamente outra capa: a razón, os pensamentos, que obteñen a súa enerxía e se sustentan sobre esas emocións. De aí a importancia de aprender a educalas para conseguir unha mente ordenada que nos conduza ao benestar e a unha vida feliz.

Para traballar a educación emocional é moi coñecido o modelo do GROP (Grup de Recerca en Orientació Psicopedagógica) da Universitat de Barcelona, baseado en cinco dimensións:

1. Conciencia emocional: capacidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos demais.

2. Regulación emocional: capacidade para manexar as emociónss de forma axeitada.

3. Autonomía emocional: capacidade de sentir, pensar e tomar decisións por un mesmo.

4. Competencia social: capacidade para manter relacións axeitadas con outras persoas.

5. Competencias para a vida e o benestar: capacidade de adoptar comportamentos apropiados e responsables para afrontar satisfactoriamente os desafíos diarios.

A seguir engadimos algúns recursos básicos para afrontar a educación emocional no nivel de educación primaria:

Web do goberno de Aragon, http://carei.es/recursos-de-inteligencia-emocional/, que recompila unha lista de recursos audiovisuais (curtametraxes, películas...) así como outros enlaces, como por exemplo a Guía didáctica para la educación socioemocional elaborada pola Junta de Andalucía.

Enlace ao programa completo de intelixencia emocional da Diputación Foral de Gipuzkoa, dirixido á etapa de educación primaria e organizado en tres niveis: 6 a 8 anos, 8 a 10 anos e 10 a 12 anos, con libros de contidos e fichas de actividades. No blog Aula de Elena, tatopamos un resumo moi completo deste programa.

Programa de Educación Emocional de María Dolores Hurtado Montesinos, editado por Región de Murcia, 2015, dirixido a distintos niveis educativos, con moitas actividades, do que temos un resumo no blog Aula de Elena, e que tamén podemos descargar neste enlace.

Programa Escolar de Desarrollo Emocional (PEDE) elaborado pola Consejería de Educación do Principado de Asturias. Inclúe guía, caderno para traballar na aula, caderno para casa e  actividades para pais e nais. Dirixido a alumnado de 8 a 12 anos.

 

Outro programa específico para 1º e 2º cursos de primaria, con amplo repertorio de actividades é o de Barreda Marín, M. (2016). Programa de Educación Emocional para primer ciclo de primaria. Projecte Final del Postgrau en Educació Emocional i Benestar.Barcelona: Universitat de Barcelona. Dipòsit Digital:http://hdl.handle.net/2445/107401

Club Peques Lectores, Selección de 10 libros infantís para a educación emocional.

Hai infinidade de recursos audiovisuais (videocontos, curtas, etc.,) que se poden seleccionar directamente na web (youtube...).

Finalizamos cunha contribución a nivel teórico, Educación emocional y competencias básicas para la vida, artigo de Rafael Bisquerra, en Revista de Investigación Educativa, 2003, Vol. 21, n.º 1, págs. 7-43.

Recursos didácticos sobre o COVID-19

Achegamos dúas presentacións multimedia para axudar a explicar aos nenos todo o relativo ao coronavirus.

Manual de coronavirus para nenos/as, (formato odp) elaborado por Ángeles Ruíz Vázquez, farmacéutica comunitaria, dirixido especialmente aos cursos de infantil e primaria.

Manual de coronavirus para nenos/as (formato pdf)

Coronavirus para familias, (formato odp) presentación con información xeral para todos os públicos.

Coronavirus para familias (formato pdf)

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2020-2021

O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade,  trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

 O prazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro (mércores).

Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

e tamén dun modo máis detallado no novo Portal de Bolsas de Educación:

Que documentación necesitamos? 

Pasos a seguir para solicitar a bolsa

A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

Distribuir contido

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PLAMBE

Radio na Biblio

Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.