EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)

A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (II)

Adriana Cambeiro de 4º tróuxonos esta estupenda foto de 1954 que tiña na súa casa e este é o podcast que fixo a partir dela.

 

Contacontos na EEI O Grupo

O venres  os nenos e nenas de infantil visitaron aos  compis da escola O Grupo. Levaban xa unhas semanas preparando o conto  “Unha eiruga moi larpeira” co teatro de sombras para contárllelo. Gustoulles tanto que o tiveron que repetir dúas veces!

Ao acabar, as mestras da escola tíñannos preparada unha súper merenda con froita e bocadillos! E, por suposto, comeron todiño! 

Para rematar a mañá, xogaron moito no seu patio cos demais nenos e nenas. Que ben o pasaron!

 

 

Moitas gracias a escola de O Grupo por todo!

 

COPLAS DA ASCENSIÓN

Hai tres anos recuperamos unha tradición dos maios de Marín que se perdera e malia a todo, cada ano cumprimos con ela. Deste ano cadrou moi preto do 1º o que dificultou todo, porque o noso barco dese día, o Río Lameira, quedou danado o día 1 e tivemos que levar ao Xiana que no traxecto tivo algún que outro desperfecto.

CONCURSO DE MAIOS

Como cada ano, o 1º de Maio estivemos onde tiñamos que estar, sendo un centro educativo de Marín, na vila cantando o Maio e os ventos foron favorables.

COPLAS DO 1º DE MAIO

Agora, xa pasado, o periodo de venta á vontade, podemos publicar as coplas deste ano. Sen dúbida algunha a máis interesante a do maio, fabricada polos alumnos de 5º no noso Obradoiro de coplas de Maio e que foi recompensada co primeiro premio no Concurso.

 

U-los Mariñeiros

Aquí están os Mariñeiros de Marín, os que sosteñen unha cultura en vías de extinción.  Estas son as familias mariñeiras de Marín.  Un vídeo traballado para presentar no I Certame do Mar do Museo de Marín.

Faro Fisterra

Brais e Enzo levan xa un tempiño investigando sobre o Faro Fisterra e...este é o resultado! Agardamos que vos guste e que aprendades tanto como o fixemos nós!

Cal será o próximo...?

 

Apadriñamento lector

Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!

 

 

Dádelle o play para coñecer os contos!

Videopoema "Somos un"

Poema colectivo, a partir dunha tormenta de ideas sobre o ciclo da vida e a igualdade, plasmado logo en poema por Issam de 5º.

 

Mural Interactivo

Aproveitando o material dos circuitos de papel dos Polos Creativos, as tarxetas Makey Makey dos e os cables de boca de cocodrilo do Digicraft e  traballando co Scratux dentro do Plan Proxecta os alumnos de 5º elaboraron estes murais interactivos dentro da PDI do centro "Río Lameira, un río de Vida", que foron a presentar aos seus compañeiros de cursos inferiores.  Este vídeo é unha mostra deste traballo e débese á inmensa paciencia do mestre Miguel Seoane.

Diego BookTuber

Un Booktube especial:  á cámara Raúl de 6º e diante dela o seu irmán Diego, un experto no mundo dos Booktube

Sequelo Booktubers II

Moitos máis libros imprescindibles, segundo os booktubers máis famosos do noso colexio.

Issam:

Joel:

Leire:

María:

Martín:


Sequelo Booktubers I

Prestade atención ás recomendacións literarias que vos deixan os mellores Booktubers do noso centro:

Ainhara 5º

Alonso 5º

Álvaro:

Ángel:

Darío:

Desireé:

O sequelo cociña...edición pascua

Chegamos coa última entrega deste curso do Sequelo cociña! Esta vez, os nenos e nenas máis maiores do cole aproveitaron o descanso de semana santa para facer unhas receitas moi deliciosas. Dádelle ao play e descubride a variedade de sobremesas que nos traen!

 

 

 

Moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.