Novembro 2018

Gala OPROCHEF no CEP Sequelo

O venres 23 de novembro celebrouse a gala de Oprochef no CEP Sequelo. Esta festa está patrocinada por OPROMAR, a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Marín, e ten por obxectivo promocionar o consumo de peixe fresco entre a poboación.

O noso alumnado foi invitado a participar nun concurso onde presentaron recetas orixinais de peixe fresco. Dez recetas pasaron á gran final, para seren elaboradas e degustadas por un xurado para elixir as mellores. Houbo grandes premios!

A noticia publicouse na prensa galega. Noticia no Faro de Vigo

E tamén en  La Voz de Galicia

Día contra a Violencia de Xénero

Celebramos o Día contra a Violencia de Xénero creando cada clase un lema que xuntamos facendo un gran lazo morado, diante do cal o alumnado de Sexto curso leu un manifesto.

Unha excursión moi chula

( Equipo 3 de redacción: Roi, Breixo S., Roberto e Breixo V. )

O mércores 21 de novembro, os nenos de 3º e 4º cursos de primaria fomos ao Café Moderno a visitar unha exposición de grabados de Francisco de Goya e Salvador Dalí. Antes fixemos un grabado coa técnica da punta seca. Esta técnica consiste en raiar cun punzón unha superficie lisa, pintala con pintura, sacar a pintura agás a que está nos buratos e estampalo contra un cartón, papel... Así queda o debuxo pintado no cartón.

A continuación fomos mirar os grabados de Goya e Dalí. Ensináronnnos dúas caixas, unha de Dalí e outra de Goya. Tamén nos ensinaron unha caixa atrapafantasmas coa que atrapamos tres monstros.

Despois fomos ao Auditorio de Afundación a mirar unha obra musical titulada " O máxico planeta dos instrumentos insólitos". Trataba de dous señores que creaban e tocaban instrumentos. Chamábanse Diego e Jorge e tocaron: o serrucho musical, o brick de leite con cordas, a guitarra caldeiro, o recolledor frauta, a basoira frauta, a silla de camping frauta, o acordeón, o violín, a frauta feita cun óso, a culler coa sartén, as dous culleres, a frauta traveseira, a bandurria, o theremín...

 Breixo Sanjorge tocou o theremín. Pasámolo xenial! 

 

Concerto didáctico "El mágico planeta de los instrumentos insólitos"

O pasado día 21 asistimos no auditorio de Afundación a un concerto didáctico "El mágico planeta de los instrumentos insólitos" a cargo do dúo Fetén Fetén formado por Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais. Neste espéctaculo os nenos e nenas emprenderon unha marabillosa viaxe a través dos ritmos e melodías da música popular española. Trasmitíndolles valores sobre a reciclaxe, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións; usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música como o violín trompeta, a serra musical,as frautas feitas de ósos de animais, o theremín (único instrumento que se toca sen tocar), ou a frauta cadeira de camping.
 

OS CORTICEIROS DO MEL

Os corticeiros antigamente usábanse para facer o mel.  Facíase coa árbore corticeira, e podían ser redondos ou cadrados.  Pousábanse enriba dunha pedra e poñíanselle catro paus, dous en forma de cruz da metade para abaixo e dous da metade para arriba. Facíase tamén un burato nun lateral para que entrasen as abellas.

As abellas poñían a cera de pau a pau e logo o mel enriba da cera.  Cando ían sacar o mel, a xente dáballe fume ao redor da corticeira para parvear ás abellas.

As abellas facían catro paneis e sacábanse só tres para que a cuarta a tivesen de comida para o inverno.

Damián Otero Villanueva 6º B

Os Seres Vivos do río Lameira

O martes 13 de novembro os alumnos de terceiro fixemos unha pequena saída para ver o río Lameira. Estamos estudando os seres vivos e a súa clasificación en plantas, animais, algas, bacterias e fungos. Estivemos de exploradores buscando fungos polas árbores e a herba, porque sabemos que se alimentan dos restos de seres vivos e que algúns son velenosos. Moito coidado!!!

Redacción: Noelia Moreira Gonzalez 3º B

Construímos con Lego

Contamos con 6 kits Lego de construción de máquinas sinxelas, dentro da ampliación do proxecto de robótica que desenvolvemos no centro.

Na web de Robotec atopamos un pdf de 112 páxinas, co paquete de actividades para o set máquinas sinxelas, que inclúe guía do profesor e fichas de actividades para o alumnado.

Na web de Lego Education atopamos dúas unidades didácticas para traballar con estes materiais, como por exemplo, o Tiovivo ou os Trompos, incluídas no anterior pdf.

Aprendemos a programar

Achegamos un recurso onde os nenos/as poden dar os seus primeiros pasos para aprender a programar. Atópase na web code.org.

Nesta web atopamos varias seccións, unha delas dirixidos ao alumnado a partir do 1º curso de primaria, onde poderán realizar uns cursos básicos.

Outra sección está dirixida ao profesorado, onde poderá crear un aula con alumnos/as e seguir a evolución dos cursos que se lles asignen.

Carreira de cross escolar no CEP Sequelo

 Este mércores 14 de novembro celebrouse nos arredores do noso colexio un cross escolar encadrado dentro da actividade de Campo a través do Programa Xogade da Xunta de Galicia.

 O CEP Sequelo participamos con preto de 90 escolares dende a categoría benxamín (2º e 3º de primaria) ata a categoría infantil (6º de primaria). 

Ademais da gran participación temos que destacar os excelentes resultados obtidos nas categorías benxamín e alevín especialmente.

As nenas estiveron moi inspiradas copando o podio en benxamíns e tendo moita presenza nel en alevíns e tamén entre os dez primeiros clasificados.

 Agardamos xa con moitas ganas a seguinte carreira de campo a través!!

Os Monstros do Río Lameira

Os alumnos de 3º B escribimos un poema sobre o samaín e os animais que viven no río Lameira, para facer unha historia de medo onde os animais disfrázanse para disfrutar un samaín terrorífico.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.