Abril 2020

Maio Amaiado de Alexandra Santiago: Os Maios (26)

A Alexandra o seu pai Carlos ensinoulle como cantar os maios.  Enseñoulle en dúas velocidades: unha rápida e esta máis axeitada a un maio, maio. Parabéns polo esforzo e polo ben cantado.

O coronamaio de Xiana Gómez Orge: Os Maios (25)

Xiana Gómez Orge e a súa familia cántanos este Coronamaio dende a súa casa. A Paco, o seu pai, faltalle un pouco de entrenamento pero o importante é intentalo.

 

Levántate Maio...2020 (6)

Día 1 de Maio

Maio florido

Maio feito por Sofía de la Fuente, 6ºB

Xa chegou o maio

 Grazas por animarte Sofía, unha coroa moi orixinal.

Non vos esquezades de entonar algunha copliña

e darlle ben aos paus.

Música dende a casa (31): Coplas de Aixa de 5ºA

Casi no primeiro de maio chégannos as coplas de Aixa de 5ºA, como din as túas coplas este ano o maio é desde internet. Moi ben Aixa! Noraboa! E moitísimas grazas pola túa participación!
 

Clasificación final do IV Torneo de xadrez online CEP Sequelo

Temos a clasificación final do IV torneo de xadrez online aberto para todos os nenos e nenas do CEP Sequelo. Noraboa a todos/as os participantes.

Este torneo gañouno Breixo Vidal, de 5º curso, seguido por Darío, Roi, Xoel e Irene.

Copla do maio do pai de Roi Rodiño: Maios (24)

O pai de Roi Rodiño Fraguas quixo estar connosco celebrando os maios e fixo esta copla do Maio Pequeniño.

Maio Pequeniño by Josean Pazos on Scribd

Copla do Barco "O Chuvias": Os Maios (23)

Ten moito mérito o destes dous rapaces, con moi poucos ensaios bótanse a cantar unha copla de barcos que antes escribiran Breixo Vidal e Xoel Sequeiros. Se xa de por si escribila foi un reto, cantala inda o foi maior. (Se non entendedes ben a letra, activade os subtítulos do vídeo).

Axilidade e coordinación (Ed. Física)

Hoxe vamos traballar con cuadrículas axilidade e coordinación, para iso non é preciso que os debuxedes como aparecen no vídeo poderemos facelo no corredor, ou en calquera outro lado no que teñamos baldosas (como facemos no cole).

 

Podedes practicar todos os desprazamentos que aparecen no vídeo e se inventades algún novo, enviádeme un correo explicándome o voso “reto” e compartirémolo con todos/as os do cole, inventa a túa maneira de desprazarse e compártea con nós (profetamaraef@gmail.com), lembra que non podemos pisar as liñas que unen as baldosas ou teremos que volver a comezar, tamén podes invitar a alguén da túa casa a que te acompañe no exercicio de hoxe.

 

Pero antes de comezar, lembra facer os exercicios de mobilidade articular (nocellos, xeonllos, cadeira, columna vertebral, ombreiros, cóbados, pulsos e pescozo), debemos preparar o noso corpo para a actividade que vamos a realizar.

Repite o exercicio tódalas veces que ti queiras!!

 

 

E para rematar a clase de hoxe, unha volta a calma na que aprenderemos a postura la lúa crecente.

Namasté

#euquedonacasa

CIENCIAS DA NATUREZA (30-04-20) (3º)

Bos días! Hoxe mando un pouco de ciencias da natureza para comprobar o que lembran.

Recordade que si teñen algunha dúbida pódense pór en contacto comigo a través da videoconferencia de 11 a 13 horas. 

Recordade tamén o da segunda parte do vídeo. A ver se queda listo esta fin de semana. 

Vémonos o luns a través desta ventá! Que teñades unha fantástica fin de semana!

Un saúdo!

IV Torneo de xadrez online CEP Sequelo

O xoves, día 30 de abril, de 19:00 a 20:00 horas, celebraremos o cuarto torneo de xadrez online, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.

Para poder xogar, primeiro terás que rexistrarte na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail (Se xa estás rexistrado non necesitas facer este paso).

Cando xa esteas rexistrado ou rexistrada, para iniciar o torneo pincha neste enlace e no botón Iniciar Sesión.

Contrasinal para acceder ao torneo:  sequelo

As partidas serán de 5 minutos por xogador.

Así que ánimo e a participar!

Pdta: Apúntate deixando un comentario co teu nome nesta entrada. Grazas.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.