Abril 2018

Celebración do "Día da Educación Física na rúa"

Martín

O día 25 de abril todo o colexio Sequelo  bailamos a canción "Party Rock Anthen" de LMFAO no parque Eguren. Fixémolo porque era "O día da Educación Física na rúa".

A primeira vez que se celebrou este día foi no 2011 en Asturias. Un dos obxectivos desta celebración é fomentar unha vida sá mediante a práctica do exercicio físico.

Antes de empezar a bailar fixemos un xogo chamado "O túnel do lavado". Despois bailamos. Eu case non practicara. Para min foi moi fácil. O que menos me gustou foi a repetición do baile, ainda que o fixen mellor, porque me caera a chaqueta que era moi boa. Menos mal que ma colleu unha nai! O que máis me gustou foi cando acabamos o baile, puxeron outra canción e todos puxéronse a bailar como tolos. Foi moi divertido!!

 Breixo Vidal

O que máis me gustou foi cando íamos pola rúa e pasamos pola miña casa porque me gusta moito andar.

Mentres bailaba a miña nai estaba a mirarme.

Breixo S.

Pasámolo moi ben. Reunímonos todos os cursos, falamos moito polo camiño e atopei á miña avoa, pero o que máis me gustou foi bailar cos meus compañeiros.

Carla

A min o que  máis  me gustou  foi o xogo que  fixemos antes do baile   e que  se chama  " Túnel de lavado ".

Aínda que non viñeron os meus pais a verme, paseino moi ben. Non ensaiei moito o baile na casa, pero  creo  que o  fixen moi ben.

Alexandra

A miña nai foi verme. O que máis me gustou foi o baile e logo, á volta, Sara que é a miña mellor amiga, ensinoume onde vive.

Rubén 

Gustóume moito o xogo " Túnel de lavado " ,trátase de: 

1º. 5 nenos poñíanse nun lado, outros 5 en fronte e o resto pasaban polo medio.

2º. Os primeiros da fila botábanlles auga aos do medio.

3º. Os segundos da fila botábanlles xabón.

4º. Os terceiros frotábanos.

5º. Os cuartos botábanlles auga.

6º. Os últimos os secaban.  

  

   

 

Día do Libro 2018: "Adopta un libro"

Con motivo do Día do Libro esta semana estivemos realizando a actividade que nos propuxo Birlo "Adopta un libro". Todos os nenos e nenas escolleron un libro dos que xa levaban moito tempo con nós para darlle unha nova oportunidade nas súas casas.
A segunda parte da actividade consiste en cubrir unha ficha na que nos piden uns datos que debemos atopar no libro que levamos.

Visítanos un pai

Veu un pai que se chama Damián a contarnos como facía el para escribir relatos curtos . Trouxo un relato curto que foi o primeiro que fixo, e leuno; logo explicounos de que ía. Trataba un pouco da súa vida, e outro pouco de fantasía, tamén dixo que cada relato curto que facía tardaba un 1 mes. Díxonos que o máximo que lle deran foron 420 euros, despois empezamos coas preguntas e todo o que respondía tiña lóxica. E para rematar todos aplaudimos.  

 

 

 

Feito por Manuel Santiago Villanueva 

"ECOPERCUSSION", obradoiro de percusión para 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º participou os días 19 e 20 nun obradoiro de percusión "Ecopercussion" co profesor Didier Díaz, que como indica o nome do obradoiro trátase de facer percusión ecolóxica con materiais reciclados: bidóns de pintura, cazolas, botes baleiros recheos con sementes ou area, paus...
Rematados os obradoiros todo o alumnado de 5º e 6º demostrounos o aprendido cunha gran batucada que tivo lugar no patio do colexio.
 

Resumo do obradoiro "ECOPERCUSSION"

Video resumo do obradoiro "ECOPERCUSSION", desde como empezaron os primeiros ritmos ata a gran batucada que nos ofreceu todo o alumnado de 5º e 6º no patio. 

Medida da temperatura

Mediante uns poucos bloques lóxicos e cunha placa, o sensor de medida de temperatura, os rapaces de 6º imos medir a temperatura ambente e máis a temperatura do café do mestre

"Birlo", a mascota da biblioteca, volta ao Sequelo

Con motivo do Día do Libro o próximo 23 de abril "Birlo", a mascota da Biblioteca, voltou ao colexio, estes días anda visitando as aulas e corredores presentando a actividade "Adopta un libro" na que nos propón adoptar un libro dos que xa están un pouco velliños para levalo ás nosas casas.
Clicando na imaxe ou no enlace teredes acceso á carta que xa lestes nas clases.
https://drive.google.com/file/d/1a0gCVHunEYH7cF-52twflug8W_kvMe4L/view
 

A frauta traveseira. Candela Argibay, 5ºA

Esta semana na clase de 5ºA tivemos a sorte de asistír a un breve concerto en directo, interpretado pola compañeira Candela Argibay Acebedo , que tivo a ben explicarnos con todo detalle as partes dunha frauta traveseira e ademais interpretar tres pezas. Aínda que os nervios ás veces xogáronlle algunha mala pasada comprobade que airosa supo saír da situación. Moitas grazas e moito ánimo para continuar así de ben.

PLANTANDO NA HORTA

( Equipo 2 de redacción: Carlota, Carla, Elva e Irene)

Hoxe, 16 de abril, os nenos e nenas de 3ºB fomos transplantar na horta escolar unhas acelgas que sementamos hai un mes. Cando chegamos alí xa tiñan plantados: uns allos, chícharos, patacas, amorodos e leitugas. Nós plantamos, botamos o abono, regamos e sachamos.

 

PRIMEIROS AUXILIOS

O venres 6 de abril viñeron uns voluntarios da protección civil que se chamaban Raquel e Alberto a explicarnos os primeiros auxilios básicos. Son as maniobras básicas que deberíamos saber toda a xente. As máis básicas se alguén se desmaia: pegar no peito, se non responde lle peliscas a clavícula, lle miras a respiración e se non responde se fai a RCP; pero antes chamar ao 112 que é o número de emerxencias. Tamén nos ensinaron que facer se algunha persoa se atraganta. As máis básicas son: cinco golpes entre os omoplatos, se non se lle quita o obxecto se fai a maniobra de Grenwich.

COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.