Maio 2020

Relixión Evanxélica (6º)

Actividade para 6º

Relixión Evanxélica (4º)

Actividade de 4º

Relixión Evanxélica (2º)

PARA 2º ACTIVIDADE

Relixión Evanxélica (1º)

para 1º

Un agasallo para Ricardo Carballo Calero

Dende o CEP Sequelo seguimos festexando ó polivalente Ricardo Carballo Calero ó que este ano se lle adica o "Dia das Letras Galegas".

Esta vez a nosa homenaxe aparece en forma de agasallo. A profesora Inés elaborou os recursos educativos que vos presentamos a continuación co obxectivo de que a vida e obra do autor poida chegar ó noso alumnado dun xeito doado, ameno e de calidade. Prestade moita atención ás ilustracións e mesmo podedes tentar reproducilas! 

O primeiro dos agasallos é unha pequena biografía do autor que remata coa poesía "Anxo de Terra" que agocha un interesante segredo...quen será Benito Soto.

 O segundo agasallo "As pitas baixo a choiva" que xa está a traballar o alumnado mais cativo do CEP Sequelo é un relato breve que narra unha anécdota do autor. Foi publicado na revista Lar en 1952.

 O último dos agasallos é un repaso pola nosa simboloxía a través dun interesante titorial sobre a elaboración da bandeira e escudo de Galicia. A quen lle sairá mellor?

 

Pensades que a Ricardo Carballo Calero lle houbesen gustado os nosos agasallos?

Unha aperta!

LINGUA GALEGA (14-05-2020)(3º)

E COMO É A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS... NON DEIXEMOS DE PRACTICAR E CREAR EN GALEGO!

MOITO ÁNIMO!

MATEMÁTICAS (14-05-2020)(3º)

BOS DÍAS!

AÍ VOS VAI UNA DE MATEMÁTICAS PARA QUE ESTEADES BEN ATENTOS!

PENSADE, COMPARADE E SOLUCIONADE, VALE?

A POLO XOVES!

O pincho (Ed. Física)

xogo de hoxe procede da entrevista de Clara, un xogo de lanzamento de precisión, que podemos xogar individualmente ou con número de xogadores que queiramos, tamén podemos modificar o campo, e como moitos outros xogos podemos encontralo con diferentes nomenclaturas, espero que vos guste. 

O cravo

Material: un cravo grande de ferro (que podemos substituír por calquera obxecto que teña punta por un lado).

Onde debemos xogar: nunha zona de terra, para que o pincho se crave, debemos debuxar na terra circunferencias ou cadrados numerados. Os debuxos do chan deben ter uns 40 centímetros de diámetro e deben estar numerados.

Debemos establecer a orde de lanzamento, na primeira quenda debemos lanzar o cravo a casa número 1, se se consegue, lanzarase a casa número 2 e así sucesivamente, en caso de fallar ou que o cravo non se chante, cederáselle a vez ao seguinte, cando nos volva a tocar, debemos volver a lanzar o cravo o número no que quedamos con anterioridade, non é preciso volver a comezar na casa 1.

 

E como sempre para rematar, un pouco de actividade física.

 

#euficonacasa
#euquedonacasa

"O MEU AMOR É MARIÑEIRO" pola FAMILIA ARRIBAS LÓPEZ

Grazas á Alonso(1º) e Laura(5º) e aos seus pais Soraya e Alberto por este agasallo musical que nos ofrecen para celebrar a festa das LETRAS GALEGAS 2020.

Poemas dende a casa (23): Dramatizando a Carballo Calero por Alexandre Villanueva de 6ºB

Alexandre de 6ºB mándanos un pouco de información sobre Carballo Calero, rematando co recitado do poema "O trevo das catro follas".

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.