Novembro 2017

SEMENTAR SEMENTAREMOS!

O noso de proxecto intenta levar adiante a idea de que nun anaco de terra podemos ensinar e experimentar os ciclos biolóxicos máis importantes como poden ser os das plantas, materia, enerxía... coas técnicas de cultivo tradicionais. Este recurso pedagóxico mesmo pode ir máis alá dunhas experiencias prácticas para afondar en contidos teóricos de diversas materias, para realizar unha verdadeira educación ambiental.

Xa están as hortas esperando por nós, consideramos que son un recurso moi valioso para a educación ambiental, así como un contexto axeitado para a adquisición de condutas respectuosas co medio.

Ao longo desta semana comezaremos a traballar nel. Por qué a agricultura tradicional?, porque é o modelo que imos empregar para o desenvolvemento do noso proxecto, non só por cuestións de saúde ou respecto ao medio, senón porque, por riba de todo, trátase de cultura orientada cara a un progreso sostible que respecta a natureza. 

Imos comezar cunha enquisa para ver canto sabedes . Pincha no enlace e adiante!

ÁNIMO, RAPACIÑOS/AS!!

Crónicas de Narnia (II): O león, a bruxa e o roupeiro

Ola amigos, este libro trata sobre catro irmáns que descobren un mundo máxico, Narnia. Acceden a Narnia por un roupeiro máxico. Todos xuntos coa axuda de Aslan, o león, intentan derrotar a Bruxa Branca. O libro é moi emocionante, a bruxa mete moito medo, pero ten un final feliz. Seguro que vos encanta!

Breixo V. 3º B

Billarda, bolos e chave: xogos tradicionais

A billarda é un xogo tradicional que consiste en ter un pau duro na man e outro máis pequeno afiado na punta (lipe) e intentar darlle no aire.  Pasárono moi ben, houbo algúns fallos, pero logo o dominaron. Xogaron Raul, Martina, Manuel, Noelia e Santi.

Os bolos consiste  en poñer uns bolos celtas de madeira e tirallas dende unha distancia axeitada unha bola de madeira e derribalos. Xogaron Guille, Noé, Saioa e Fran.

 

A chave consiste en tirar unha pesa a un pau de ferro con duas aspas e tes que intentar darlles e que se movan. Xogaron Victor, Leo, Jorge, Miguel e Iago.

 

Melani-Priscila

EDUCACIÓN VIAL 2017

O 16-11-17 un ciclista coñecido de Marín veu a explicarnos educación vial. Explicounos as sinais de tráfico, había moitas, tamén nos contou como ir en bicicleta, dixo que cando vamos en bicicleta somos un vehículo mais e temos que respetar as normas, ademais así non contaminamos.

 

 

Dicíanos que pola noite sempre levásemos un chaleco, timbre, luces, que nos puxésemos roupa cómoda e levasemos casco para previr golpes. Cando van en estrada a distancia entre o ciclista e o coche ten que ser de 1,5 m obrigatoriamente se non poderianlles poñer unha multa.

Amosounos que había dous tipos de bicicletas: as normais e as de contrarreloxo: que levan un circulo na roda para que fora máis aerodinámico e correse máis.

No grupo do ciclista hai persoas de varios países e explicounos que ten que aprender un pouco de cada idioma, pero comunícanse case sempre por un idioma só.

Estivo moi ben e aprendimos moitas cousas.

 

 Raúl González - Iago Garrido

CALENDARIO DA FROITA

1ª SEMANA (DO 6 AO 10 DE NOVEMBRO):

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES  VENRES
MANDARINA MAZÁ LARANXA PLÁTANO CASTAÑAS

 

2ª SEMANA (DO 20 AO 26 DE NOVEMBRO):

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES  VENRES
MANDARINA MAZÁ PLÁTANO PERA

MANDARINA

 

3ª e 4ª semanas serán no mes de marzo.

 

Mentras esperamos que os nenos/as traian froita ao recreo, xa que é a merenda mais saudable e necesaria que temos para manternos sans e fortes e así poder rendir no colexio e nas actividades extraescolares.

 

ENCONTROS DEPORTIVOS INTERCENTROS

1º- NO CEIP CARBALLAL: DO 15 AO 20 DE XANEIRO DE 2018. PARTICIPAN OS DE 5º CURSO.

2º-  NO CEP SEQUELO: DO 26 DE FEBREIRO AO 2 DE MARZO DE 2018. PARTICIPAN OS DE 6º CURSO.

3º-  NO CEIP SEIXO: DO 7 AO 11 DE MAIO DE 2018. PARTICIPAN OS DE 4º CURSO.

Postal de Nadal

Unha das postais de Nadal que os nenos de 2º levaron a cabo sempre coa axuda de alumnos de 6º

 

O Magosto 2017

O magosto do colexio é moi divertido!!

 

Ese día adiántouse o recreo ás 11:00h. Durante o recreo, a A.N.P.A repartiu chocolate quente ao alumnado.

 Ás 11:40 baixamos ao patio e empezamos a xogar.

  

Mentres os alumnos, repartidos por grupos, xogaban coas castañas, con axuda dun mestre, os pais e nais da A.N.P.A, asaban as castañas para despois repartir entre aos alumnos.

Despois de comer, a A.N.P.A tamén reparte carbón que as nenas e nenos pídenlles para ensuciarse a cara e pintar o chan.

 

OS XOGOS DO NOSO MAGOSTO

 

O pano; os nosos profesores sacaban unha tarxeta de calquera froito típico do magosto e os dous alumnos de cada grupo corrían cara o centro a coller a castaña.

O segundo xogo: encestar as castañas nunhas caixas de cartón decoradas polos nosos alumnos de 4º e 5º curso, por certo, quedaron moi bonitas.

O terceiro xogo: Pasar unha castaña dun vaso a outro, formamos dous grupos e ao final quen tivera máis castañas gañaba.

O cuarto xogo: tiñamos empuxar as castañas polas liñas que estaban debuxadas nun cartón.

O quinto xogo: nunha diana había que botar as castañas e onde quedase a castaña anotabas 1,2,3,4,5,6,7,8,9 o 10 puntos.

 

 Martina P. I - Noelia V. P-Noelia I. R - Manuel S. V

 

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.