Maio 2017

Fondo de libros e axuda de material para o curso 2017/18.

Pódense presentar as solicitudes ata o 23 de xuño de 2017. Nos apartados de axuda de libros para 1º e 2º e  Fondo Solidario de libros para 3º e 4º. E axuda de material de 1º a 6º de primaria.

Na Orde do 16 de Maio de 2017 están as bases; no seguinte enlace:

DOG do 22 de Maio de 2017.

Visita aos Museos Científicos de A Coruña. Cuarto curso.

O alumnado de cuarto curso realizou o pasado día 23 de maio unha visita cultural aos Museos Científicos de A Coruña, nos que puideron experimentar moitas das cousas que estudaron en Ciencias Naturais, ademais de coñecer a cidade. 

PRIMEIRO BLOG DE SCRATCH

Os alumnos de 5º baixo a coordinación de Martina Pazos Iglesias de 5º B, creadora do blog, andan creando un cento de xogos utilizando a linguaxe de programación Scratch. Visítao e xoga premendo enriba do logo do blog.

 

XXI Certame "Francisco Añón" de poesía.

Este ano, no XXI Certame de poesía "Francisco Añón" de Serra de Outes temos dous gañadores de 5ºB de primaria: Iago Garrido Carballa e Víctor Moreira González. Parabéns aos dous.

XIV Concurso de Poesía Concello de Marín.

Aquí tedes entre os gañadores a Raquel de la Torre e Pedro Ares de 6º A. Pedro Abrokwah, tamén de 6ºA non puido asistir á entrega de diplomas.

Letras Galegas 2017: Carlos Casares

Como xa sabedes, polas diversas actividades que vindes realizando, este ano o Día das Letras Galegas está adicado á figura de Carlos Casares. Seguindo a tradición do noso cole, quixemos rendirlle a nosa homenaxe cunha celebración na que participou o alumnado de sexto curso facendo una pequena representación da vida de Carlos Casares; e a actuación musical de Luis Vallecillo co espectáculo "O mundo de Carliños".
 

Xogo de nen@s.

Continuamos coas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas 2017.

Nesta ocasión presentamos un vídeo argallado de forma común polos Equipos de Dinamización Lingüística do I.E.S. Mestre Landín e do C.E.P. Sequelo coa colaboración do recuncho de Tambo.

Trátase dun pequeno xogo no que debes escoitar ben as pescudas e tentar adiviñar o título dunha obra de Carlos Casares, o homenaxeado na edición deste ano.

Son dez diferentes pero... andade con tino porque dúas repítense...

Cada acerto será un punto e podedes facer competicións.

Moita sorte a todos/as!!!

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.