Xuño 2017

REFRESCATE CON LIBROS NO VERÁN

Como tódolos anos temos unha morea de premiados nun certame que sempre nos é favorable:  1º premio da sua categoria Noa Garrido Dasilva de 2º,coa obra "O verán caluroso", asimesmo 1º premio na segunda categoría  Álvaro Pereira Omil de 4º pola obra "O xeneral Book. A batalla do verán"e tamén 1º premio na outra categoría de primaria para Pedro Abrokwah Solla, con "Os libros de Xoán"

Festival fin de curso

Un pequeno resumo do festival de fin de curso. Noraboa rapaces fixéstelo moi ben.

Aprendemos e xogamos. Primeiro curso.

Aquí queda unha mostra das moitas actividades que realizou o alumnado de primeiro neste curso. Clicando sobre as imaxes podedes ver os videos.

Xornadas de Multideporte

Os días 19 e 20 de xuño participamos nunhas xornadas de actividades de multideporte xunto co CEIP A Laxe. Nesta ocasión fomos nós o cole anfitrión.

XORNADAS DEPORTIVAS 2017

XORNADAS DEPORTIVAS 2017

SEQUELO -A LAXE

 

 

 

 

Inauguración oficial do grafiti e entrega de premios.

Este xoves visitounos a alcaldesa María Ramallo e a concelleira de Medio Ambiente e Benestar Social Marían Sanmartín para inaugurar oficialmente o grafiti ralizado na fachada da primeira vivenda preto da entrada e entregarlles os premios aos tres finalistas do concurso que se realizou para escoller un debuxo que representara ao colexio. 

IX Semana Matemática Mestre Landín. Concurso de Eulerías.

Dentro da IX Semana Matemática do IES Mestre Landín, tivemos varios participantes do noso colexio no concurso de Eulerías. Acaban de coñecerse os premiados e temos que felicitar de novo a un alumno noso de 5ºA de primaria, Carlos de la Torre Aboal, que resultou gañador na categoría de primaria entre todos os centros de Marín. Parabéns e a seguir traballando.

    

Non á desigualdade de xénero

Este estupendo traballo foi feito por Raúl de 5º B, unha máis das posibilidades que o Scratch nos ofrece crear unha animación.

Scratch e robótica.

Despois da visita dos alumnos do Mestre Landín e a súa demostración dentro do proxecto común "Aprendo programando", o alumnado de 5ºB ensináronlle o robot Mbot Ranger aos alumnos de primeiro, probando o manexo do mesmo. Por outra banda, na aula ensináronlles os xogos creados co Scratch, visitando o blog de Martina, onde podemos atopar varios deles deseñados por ela e mais polos seus compañeiros.

"Aprendo programando".

Visitáronos os alumnos de Mestre Landín e o seu profesor de tecnoloxía Heber para ensinarnos o Mbot Ranger programado por eles e máis o seu proxecto de Scratch.

Saímos todos os de 5º no Diario de Pontevedra e o Faro de Vigo.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.